DESTINO...BRASIL!
Ola a tod@s!
Este ano imos de viaxe polo mundo con Efrén e todo o colexio está implicado no proxecto...e dixo a profe que nós tiñamos que elexir un pais para viaxar e percorrer o mundo, para coñecer outras culturas afastadas de nós pero cada vez máis próximas, pois o mundo é unha pequena aldea global onde hai un mosaico de razas, crenzas e costumes diferentes...pero tamén parecidas a nós.
Coñecer para aprender e respectar os que son diferentes!
Despois de moito deliberar decidimos que o noso destino sería BRASIL.
Puxémonos a INVESTIGAR e xa coñecemos moitas cousas:Xa sabemos que practican un arte marcial que se chama Capoeira que combina baile, música e acrobacias.
Xa coloreamos a bandeira de Brasil
Tamén coñecemos a mascota do Mundial de Brasil 2014 chamarase "Fuleco", nome que resultou gañador nunha votación popular, na que participaron máis de 1,7 millóns de persoas e recibiu o 48 por cento dos votos.
E un armadillo, bautizado por votación popular polo termo que combina fútbol e ecoloxía.
E a música (Aquarela de Toquinho) ...NÓS TAMÉN QUEREMOS DESEÑAR UN GRAN SOL AMARELO!
SEGUIREMOS COA NOSA INVESTIGACIÓN!!!
...pero polo momento ahí van os nosos comenzos con este proxecto!
Pintamos a FULECO
O FULECO
É A MASCOTA DO MUNDIA DE FUTBOL E TEN UN SIGNIGNIFICADO MOI ESPECIAL , XA QUE É UNHA MEZCLA ENTRE FUTBOL E ECOLOXÍA.
A samba é un xénero musical de raíces africanas xurdido no Brasil.
A Samba probabelmente xurdiu en Bahia, onde a día de hoxe se mantén con ritmos propios, tras a chegada de grande cantidade de escravos para as plantacións de café no Estado de Río, quen toruxeron este tipo de música. Unha vez alí gañou en calidade, instrumentos e fíxose cun oco de seu, principiando unha historia propia que se supón no século XX, aparecida por vez primeira na cidade do Río de Xaneiro.
A capoeira é unha expresión cultural e é un arte marcial ou loita, aínda que cunha vertente musical, de expresión corporal e de a faceta oral e lingüística. A capoeira é unha forma de expresarse.