Novo curso, novo proxecto.Este ano imos viaxar tod@s xunt@s ao redor do mundo... con Efrén, claro!
Preparade a equipaxe porque imos visitar moitos lugares interesantes , coñecer a súa cultura, a súa historia, as persoas que viven alí... ata poderemos escoitar a súa música e probar os seus pratos típicos...
Todo o que queirades porque vós ides ser @s protagonistas desta viaxe.
Esta vai ser a páxina das nosas viaxes virtuais . Aquí atoparedes ligazóns e recursos de interese e tamén as actividades que vaiamos realizando.
Tod@s a bordo e... feliz viaxe!