CURSO 2021-2022

O venres, 1 de outubro, tivemos a visita dun adestrador do CLUB BALONCESTO VIVEIRO para dar a coñecer o traballo do club ao alumnado de 3º e 4º de Primaria.

Cada grupo desfrutou dunha sesión de iniciación ao baloncesto co obxectivo de animar ao alumnado a practicar este divertido deporte.

Dende aquí animamos a todos os nenos/as do colexio a apuntarse xa que é ben sabido que

O DEPORTE É SAÚDE GAÑADA E DIVERSIÓN ASEGURADA

Dende o centro e en colaboración coa ANPA do colexio, estamos a elaborar un proxecto para dinamizar os patios de recreo:

  • A idea é pintar xogos no chan que axuden a que o tempo de lecer das mañás sexa máis divertido para o alumnado.

  • Por iso pedimos a vosa opinión e especialmente a dos vosos fillos/as para elixir as actividades que vos parezan máis entretidas.

NESTE ENLACE PODEMOS VER UNHA PRESENTACIÓN DE XOGOS


CANTOS E BAILES POLO NADAL

Este curso preparamos panxoliñas cantadas e bailadas.


CANCIÓN E BAILE POLO DÍA DA PAZ