CURSO 2013-2014

Dende hai tres anos vén desenvolvéndose en horario de recreo unha actividade que combina o aspecto lúdico coa socialización; son os XOGOS POPULARES, todos eles celebrados en case todo o mundo e algúns, de fondo arraigo na Mariña luguesa.

Este curso no colexio de Celeiro xa iniciamos esta actividade que conta cos seguintes xogos: pano, pés quietos, canicas, laberinto, oficios, béisbol, e como non! Pim-pam-pum fue… gol (Fútbol). Seguiremos as crónicas deportivas a través da nosa web.

Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Desenvolverase na localidade de Cabreiros (concello de Xermade, Lugo) e atópase incluído dentro da programación das actividades das “X Xornadas Interxeracionais Rurais” que organizan o Concello de Xermade, a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Veciños de Cabreiros.

Os nenos e nenas do noso colexio van participar neste ENCONTRO do sábado, 31 de maio de 2014.

Para rematar o curso ímonos todos e todas a correr!!!

NESTE ENLACE PODEMOS VER

FINAIS DOS XOGOS POPULARES

2013-2014

O colexio de Celeiro en Brinquedia

Máis de 400 nenos e nenas pertencentes a centros escolares, ANPAS e asociacións culturais de Lugo e A Coruña competiron no campo de fútbol de Cabreiros este sábado no VIII Encontro de xogos tradicionais que organiza Brinquedia, unha actividade itinerante que desenvolve esta Asociación por todo Galicia para recuperar trinta xogos que eran de fondo arraigo no país. Ao remate da xornada todos os participantes recibiron agasallos.

Polo San Martiño, Brinquedia organiza ademais cada 11 de Novembro, e a nivel escolar, o Día do Trompo (peonza), unha actividade de asistencia masiva que chegou a reunir na última edición a doce mil participantes.

Vinte e un nenos e nenas do colexio de Celeiro, acompañados de nove pais e dous profesores do centro celeirés participaron neste Encontro que resultou unha exitosa experiencia a repetir.

Os pais portáronse ben, as nais, de marabilla, e nenos e nenas, SOBRESAINTE!!!