APADRIÑAMENTOS LECTORES

curso 2017-2018

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

4º DE PRIMARIA: POEMAS DO LIBRO CHAFARÍS de Xoán Neira

Durante a semana da celebración dos Dereitos da Infancia, os alumnos de 6º curso, Diana, Luis, Álvaro e Antón, fixeron lecturas da colección de Contos do Dereito e do Revés.

NO DÍA MUNDIAL DA POESÍA

RECITADO DE POEMAS

(Semana do 19 ao 23 de marzo)

LIBRO: FARRAPOS DE NUBE

AUTOR: XOÁN NEIRA

Este Apadriñamento Lector estivo a cargo do alumnado de 1º curso de Primaria, xunto coa súa titora Angélica Novo.

Con motivo da chegada da primavera e das conmemoracións do Día Mundial da Poesía, Día da Árbore e Día da Auga, escolleron poemas que nos falan da natureza, do vento, da chuvia, da auga, das andoriñas...

UN BEN... CON OUTRO BEN

(Semana do 26 de febreiro ao 1 de marzo)

Autora: Anisia MirandaIlustrador: Manuel FragosoOurizo axuda a cóbrega a saír dunha trampa e esta pretende comelo, así que debaten con outros animais se un ben se paga cun mal.

Esta foi a lectura do Apadriñamento Lector do alumnado de 3º curso que fixeron en 2º, 4º, 5º e 6º de primaria, na Hora de Ler.

Primeiramente a lectura foi traballada na aula. Fixeron 4 grupos, pois a obra ten 5 persoaxes: CÓBREGA, OURIZO CACHO, CABALO, BOI E MERLO.

E así cada grupo levou o seu Apadriñamento a un curso de primaria. Fixéronno moi ben! e os ouvintes aplaudiron con entusiasmo as súas lecturas.

Pero para presentala aos compañeiros de Infantil e 1º curso fixeron unha dramatización no teatro do colexio, na mañá do xoves 3 de maio.

Ademais da dramatización prepararon na aula de música un Romance baseado na obra e que cantaron ao final da representación.

Fixéronno moi ben! e recibiron moitos aplausos.