O PROXECTO

CEIP de CELEIRO
Celeiro-Viveiro LUGO

1 .- INTRODUCIÓN

O apadriñamento lector é un proxecto de animación e fomento da lectura. Consiste en que alumnos e alumnas de cursos diferentes se constitúen en padriños ou madriñas para compartir momentos de lectura.
Con esta actividade preténdese principalmente a mellora dos diversos contidos da lectura, pero ademais contribuirá a desenvolver as relacións interpersoais dos alumnos do centro e o achegamento entre nenos de idades diferentes.
2 .- OBXECTIVOS
Realmente trátase dunha actividade cun contido potencial bastante amplo e coa que se poderían expor múltiples e variados obxectivos. Desde o primeiro momento hai que ter moi claro que está pensada para o fomento da lectura e que os obxectivos en que nos imos a centrar fundamentalmente son:
a) En relación aos lectores:
- Desenvolver a capacidade lectora.
- Favorecer a práctica da lectura expresiva coa adecuada vocalización, entoación, ritmo, rexistros fonéticos, inflexións da voz, etc.
- Diferenciar os elementos estruturais dun conto.
- Apreciar os compoñentes físicos dun libro.
- Incentivar a motivación pola lectura, adaptándose ao nivel do oínte.
- Coñecer a organización da biblioteca do centro.
- Potenciar as relacións interpersoais, recoñecendo aos alumnos pequenos como os seus iguais no colexio.
b) En relación aos oíntes:
- Desenvolver a capacidade de escoita activa.
- Mellorar a atención e a comprensión de textos orais.
- Potenciar a observación e a discriminación de signos gráficos.
- Percibir as diferenzas entre diversos libros, manifestando os seus gustos.
- Sentir interese pola narración, identificando personaxes e situacións.
- Familiarizarse co uso da biblioteca.
- Incentivar o respecto cara aos libros.
- Saber adaptarse a persoas de diferente idade.










3 .- RECURSOS
a) Materiais: Os libros
Na biblioteca do centro cóntase cun bo número de libros correspondentes á etapa de infantil e primeiro ciclo de primaria, polo que non haberá dificultade para que poidan elixir. Tamén se poden utilizar os que forman parte das bibliotecas de aula. Naturalmente, tamén se poderá facer uso de libros de información: de animais, o corpo humano, etc, propios deste nivel.
b) Espazos
Para a realización da actividade poderanse utilizar diversos espazos:
-A Biblioteca.
-A propia aula.
-Patios de recreo.
-Zonas verdes...
4 .- TEMPORALIZACIÓN
Esta é unha actividade proposta para todo o curso escolar sempre e cando sexan compatibles coas actividades programadas. Probablemente no 3º trimestre sexa máis complicado levala a cabo dado que no mes de abril e maio (mes do libro e letras galegas) temos moitas outras actividades,  polo que remataríamos no 2º trimestre.
Os encontros de lectura faranse cunha periodicidade mensual.
As sesións preparatorias faranse durante as sesión da HORA DE LER.

5 .- EMPARELLAMENTOS


CURSO 2015-2016             CURSO 2016-2017  

CURSO 2017-2018