Que significa ANPA?
ANPA é o acrónimo -tipo de sigla que se pronuncia como unha palabra- de Asociación de Nais e Pais de Alumnos.
Para que serve a ANPA?
A ANPA desenvolve diferentes funcións de apoio para o correcto funcionamento dun centro ademais de ser o medio da opinión das familias fronte ao Centro, o Concello e a Consellería de Educación.
Como me podo poñer en contacto coa ANPA?
Podes consultar toda a información sobre o medio de contacto no apartado Contacto, desta web.
Podo facer suxestións, trasmitir as miñas necesidades, inquedanzas e problemáticas á ANPA?
Dende logo. A ANPA esta aberto a todas as familias do centro e non só aos seus socios. De feito animamos a que todas as familias contacten connosco e participen nas actividades que desenvolvemos.
Como me fago socio da ANPA BERBIRIANA?
Facerse socio do ANPA BERBIRIANA é moi doado, so tés que cumprimentar correctamente a ficha de inscripción de familia socia cos vosos datos e autorizacións pertinentes (fotos, excursións e pagos domiciliados). O recibo da cuota familiar do ANPA do curso actual se vos pasará no IBAN facilitado no formulario sen ter que facer ingreso nin transferencia pola vosa parte.
Onde está a ficha de inscripción de familia socia?
A ficha é un formulario que se fai a través de Internet, é este:
https://goo.gl/forms/FlSd4AO76SGAL1wx2
Podedes cubrilo a través do móbil, dunha tablet ou ben dende un ordenador. As familias que non dispoñan de Internet, podedes pasar polo local do ANPA no horario habilitado cos todos os vosos datos (incluído a conta bancaria) e vos inscribiremos dende o ordenador do local.
Quen pode ser socio da ANPA BERBIRIANA?
Según os nosos estatutos: "Poderán ser membros da Asociación todos as nais, pais ou titores maiores de idade, dos alumnos que cursan estudios no CEIP Zalaeta, rúa Curros Enríquez s/n, 15002, A Coruña". Considerase socia á unidade familiar segundo se acordou en Asemblea Extraordinaria de 2014.
Canto costa ser socio na nosa ANPA?
Actualmente a cota é anual e por familia, os importe para o curso 2017-18 é de 25€ ao ano por familia independente do número de nenos matriculados no centro.
Como pago a cota de socio?
Non tedes que facer transferencia nin ingreso ningún. A cota de socio abóase nun único pago anual a través dun recibo domiciliado que emite o propio ANPA e que se pasará na Conta Corrente (IBAN) facilitada no formulario de inscrición, ou renovación, como familia socia días despois da vosa inscrición. Lembrade que cando fagades o formulario de inscrición tedes que autorizar o cobro dos recibos do ANPA.
Hai que pagar algo máis?
En función das Actividades ás que inscribades aos fillos/as teredes que pagar ou non unha serie de Seguros (Actividades, Excursión, Comedor).
Ademais, cando chegue a Excursión de Fin de Curso todos os nenos/as terán que pagar: un seguro, o bus e a propia excursión.. Os socios terán descontos no importe do bus e a excursión.
Cal é o prazo para facerse socio?
O formulario de inscrición no ANPA estará "aberto" do 15 ao 25 de cada mes (provisional).
¿Como lle fago chegar documentación a ANPA BERBIRIANA?
Cando sexa necesario entregar algunha documentación podedes mandala escaneada por email, no buzón da ANPA, ou persoalmente no propio local. Ver horario do local no apartado Contacto.
Información sobre o Comedor Escolar?
Podes consultar toda a información sobre este servizo no apartado Comedor, desta web
Información sobre Madrugadores?
Podes consultar toda a información sobre este servizo no apartado Comedor, desta web