ANPA Berbiriana
CEIP ZALAETA
CEIP ZALAETA
A Asociación de Nais e Pais BERBIRIANA do CEIP ZALAETA de A Coruña nace coa idea de dinamizar o colexio, colaborando nas actividades educativas e extraescolares do centro, estimulando a participacion das nais e pais de alumnos na xestión do noso Centro asistindoos en todo o que se refire a educación dos seus fillos.
Familias, xa está aquí o fin de curso e con él a nosa tradicional FESTA DE FIN DE CURSO!!
Este ano será o VENRES 20 de XUÑO a partir das 17:00h
Como xa sabedes, este ano faremos na festa a exposición dos carteis participantes no concurso "Cole Limpo", entrega dos detalles e premios os participantes e gañadores, ademáis de contar con DJ e como non, acabaremos coa nosa FESTA DA ESPUMA!!!!
Para a festa da espuma é recomendable que os rapaces traian roupa para cambiar, toalla e lentes de piscina.
As lentes son importantes porque se lles pode meter espuma nos ollos aos nenos e pásano mal.
Por outra banda, pedimos que as nenas e nenos non traian confeti ou similares, xa que logo coa espuma resulta una mixtura difícil de limpar... Asimismo insistimos coma sempre no coidado do arenero, non sacar a area fóra e que os xoguetes non queden desperdigados por todo o patio coa emoción da festa.
Como en outras ocasións, dende a ANPA pondremos merenda pero coma sempre pedimos a vosa colaboración traendo algún prato, postre, snack...que queirades compartir con todos nos.
As entradas as repartirán os profes nas clases. Con cada entrada poden vir todos os membros do núcleo familiar, mais aló diso as entradas terán un custo de 3 euros por persoa e poderán adquirirse na porta o día da Festa.
Imos darlle a despedida ó curso coma se merece!!!!!!!
No curso escolar 24/25 a nosa ANPA, en colaboración coa sociedade cooperativa galega REXENERANDO S.C. e a comunidade escolar, levará a cabo o programa “Gozando en igualdade: acompañando as sexualidades na infancia” sensibilizando e formando sobre a importancia da educación sexual, a incorporación dunha mirada coeducativa e de educación na diversidade.
Xéneros e identidades
Sexualidades
Este proxecto é subvencionado parcialmente pola Deputación da Coruña a través da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024.
Situación: xunto a entrada ao ximnasio do noso Colexio, no andar do patio por onde entrán os alumnos.
Situación: xunto á porta do local.