ANPA Berbiriana
CEIP ZALAETA
BENVID@S A VOSA ANPA
A Asociación de Nais e Pais BERBIRIANA do CEIP ZALAETA de A Coruña nace coa idea de dinamizar o colexio, colaborando nas actividades educativas e extraescolares do centro, estimulando a participacion das nais e pais de alumnos na xestión do noso Centro asistindoos en todo o que se refire a educación dos seus fillos.
Proxecto Patio
No curso escolar 20/21 a nosa ANPA en colaboración coa ONG Arquitectura Sin Frontera e a comunidade escolar iniciou un proceso para mellorar o noso patio no marco do Proxecto Faro.
Primeira Actividade
Inspirados nalgún dos elementos chave da ruta dos faros ideáronse uns xogos para formentar a creatividade dos nosos pequenos.
Segunda Actividade
Diseñouse material didáctico para que os mestres nas aulas poidan involucrarse traballando no proxecto cos rapaces.
Terceira Actividade
Observouse que no patio faltaba un espazo de lecer multifuncional. Proxectouse unha bancada que é o inicio da transformación do deseño do patio e que precisa dun investimento de recursos máis cuantioso pola nosa parte.
Podes atoparnos en:
apaberbiriana@gmail.com
981 21 17 47 (do Colexio)
http://anpa.ceipzalaeta.com
Local da asociación
Situación: xunto a entrada ao ximnasio do noso Colexio, no andar do patio por onde entrán os alumnos.
Horario: de 9:05 a 9:15 de Luns a Venres (lectivos)
Buzón do local
Situación: xunto á porta do local.
Horario: ininterumpido (os documentos recóllense diariamente).