1.0 Fontes fiables

INTRODUCIÓN

Evita a

“INFOXICACIÓN”

Internet ofrece moita información, ás veces demasiada: debes seleccionar as webs que vas utilizar con un criterio: a fiabilidade. Debes:

  • Diferenciar as fontes fiables das non fiables.

  • Respectar os dereitos de autor e as normas de uso de Internet.

FONTES FIABLES

CARACTERÍSTICAS DUN SITIO FIABLE

Tipo de web

Institucións académicas: Fiables. RAE / RAG…

Blogs:

a) De referencia: fiables.

b) Persoais: cuestionables.

Enciclopedias en liña:

a) De contido pechado: fiables.

b) Wikipedia: cuestionable.

Wikipedia.- Enciclopedia online de libre uso: calquera pode engadir información. Válida para facer unha primeira busca, e continuar a partir de aí, pero NON como única fonte de información.

Autor

Persoa/Grupo? É crible?

Achega nome e currículum? (Debería achegar un breve currículo académico ou profesional).

Achega enderezo de correo electrónico ou calquera outro sistema que permita o contacto? Debería, para ser fiable.

Actualizada?

Enlaces?

Destinatario

Linguaxe.

Libre acceso

Publicidade

Fontes

primarias

secundarias

Está actualizada? Escolle webs que se actualicen.

Ten enlaces? Os enlaces deben ser vixentes, activos e estar actualizados. Pertinentes: a onde levan (páxinas de institucións ou páxinas persoais)?

O destinatario (nenos, mozos, adultos, expertos...). Tes que poder entender a páxina: descarta aquelas que teñan un vocabulario demasiado técnico para ti.

Como se presenta a información? É clara? Obxectiva? En apartados? Con linguaxe comprensible? Ten gráficos? Ten imaxes explicativas? Ten erros gramaticais, ortográficos…?

Consulta webs de libre acceso, ás que poidas acceder sen problema (respecta os dereitos de uso).

Descarta as webs que teñan como obxectivo publicitar algún produto, as que piden unha cota, as que esixan un navegador determinado…

Publicidade: ver de que tipo é. Debe estar separada dos contidos da páxina.

Autenticidade: a información é orixinal ou procede doutras fontes? Se procede doutras fontes, hai que citalas.

Descarta as webs que non cumpran estes requisitos.