Guía ALFIN5

Este sitio comezou a encherse de contido durante o curso 2013-14, no marco do Proxecto Interdisciplinar de 1º ESO D "Sofía no Sofía". Os alumnos -ao tempo que traballaban no devandito proxecto e co obxecto de melloralo- investigaron e puxeron en práctica a forma de buscar e utilizar a información dun xeito adecuado (ALFIN). Os resultados foron recolléndose neste site que, a día de hoxe, continúa en elaboración: seguimos traballando para mellorar a forma e o contido desta Guía ALFIN5 Sofía, que unicamente pretende achegar un itinerario para a correcta busca da información por parte dos .

A Guía ALFIN5 Sofía foi apadriñada por Xavier Alcalá e Carlos L. Ardao, enxeñeiros de telecomunicacións, o ano 2015 (17 M, Día das Letras Galegas e da Sociedade da Información e das Telecomunicacións).

ALFIN = ALFabetización INFormacional: Capacidade de saber:

  • Cando e por que necesitas información.

  • Onde encontrala.

  • Como avaliala, utilizala e comunicala de xeito ético.

  • Requisito para participar eficazmente na Sociedade da Información.

Glogster ALFIN5 Sofía