Papá Noel, os renos e o rebentabois
A amanita muscaria (rebentabois) aparece nas tarxetas de nadal por todo o mundo como símbolo de boa sorte. Pero, realmente existe algunha relación?
A amanita muscaria e a cor do traxe de Papá Noel. Coincidencia?
Ambos aparecen de repente. A amanita muscaria medra debaixo dos piñeiros, dunha forma “máxica”, da noite á mañá, coma os regalos de nadal que deixa Papá Noel.
A amanita muscaria (fungo alucinóxeno) é o alimento favorito dalgúns renos do norte de Europa (ver vídeo BBC), e Papá Noel desprázase cos seus renos voadores…