Benvidos

Benvidos ao marabilloso mundo dos cogomelos!

 

Espazo aberto

 

Benvidos á exposición de exemplares naturais de diferentes tipos de fungos e cogomelos. Benvidos á exposición de literatura científica sobre estes exemplares.

 

Esta exposición déume unha idea: por que non damos vida a este mundo científico con personaxes de ficción? Por que non entramos neste mundo dos cogomelos a través das nosas lecturas infantís? Véñenme á memoria  uns parentes meus que viven baixo os cogomelos, os gnomos; tamén os pitufos, o país das marabillas de Alicia, algunha aventura de Tintín... Recordade os fungos e cogomelos da vosa infancia e sabede, agora que sodes algo maiores algo que -se cadra- non vos contaron: hai que ter cuidado con eles, non a todos lles sentan ben (mirade o que lle pasa a Radagast en O Hobbit) e mesmo poden matar... Non o credes? Preguntádello ao emperador Claudio e a Buda. E que me dicides do que andan a dicir de Papá Noel e os renos? Iso non vale nin para contar...

                                                                                                           Socas

 

E, xa que estamos, recordamos a importancia de "Ler ciencia na biblioteca escolar": 

 

 .

 

Imaxes sen filtrar por licenza. Uso didáctico.