O centro dispón dunha rede sólida de conectividade con 3 redes distintas: profesorado (dispositivos de profesores e PAS, alumnado (equipos a disposición do alumnado) e convidados (para dispositivos de visitantes). Tanto as redes como os equipos teñen un mantemento por parte dos docentes que forman o equipo TAC; nos casos nos que non sexa posible realizar o mantemento requerido existen dúas empresas profesionais adicadas a estas tarefas, unha para o soporte de hardware e software, e outra para as redes. Todas as redes dispoñen dun cortalumes, pero os dispositivos carecen dun antivirus
O centro dispón en cada aula dun ordenador portátil, un proxector e unha pantalla de proyección. Tamén hai nas aulas de infantil e en 1º de Primaria unas pantallas dixitais táctiles que funcionan sen necesidade de conexión con ordenadores. Ademáis o centro tamén dispón de 2 aulas de informática con 50 ordenadores de sobremesa. Nas aulas de infantil dispoñen de 8 tabletas Ipad e nas etapas de Primaria, Secundaria e Bacharelato dispoñense de 87 dispositivos Chromebooks a disposición do alumnado e o profesorado en carros de carga, estes están xestionados directamente polo centro. O centro dispón tamén dunha impresora 3D de fío, e de 3 estacións de carga para os dipositivos Chromebook con capacidade para 20 dispositvos cada un.
Para a xestión e administración do centro disponse de ordenadores de sobremesa nos despachos de Dirección, Xefatura de estudos, Orientación e Coordinación de etapas. Ademáis diponse de ordenadores portátiles no departamento de Calidade, no de Pastoral e dous equipos máis para eventos e outras necesidades que poidan surxir durante o curso.
Tanto os docentes coma os alumnos teñen unha conta propia de Google Workspaces dende a que desenvolven o seus traballos. Para a comunicación con familias sobre ausencias, incidencias e avaliacións disponse dunha plataforma privada Alexia que non supón ningún gasto para as familias.