Trátase de dun centro integrado que imparte as seguintes unidades: 6 de Educación Infantil (de 3 a 6 anos); 12 de Educación Primaria; 12 de Educación Secundaria Obrigatoria; 3 de Bacharelato e 1 de Educación Especial. As 31 unidades de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Educación Especial están en réxime de concerto, mentres que as 3 de Bacharelato están en réxime privado. Hai máis de 700 alumnos matriculados. A súa maioría procede da zona centro da cidade, aínda que hai alumnos que se desprazan dende outros municipios da provincia. Actualmente traballan no centro 59 docentes; 8 na etapa de infantil, 21 na de primaria e 30 en ESO e Bachiller.
O número de alumnado matriculado no centro na última década descendeu a unha media de 8 alumnos por ano, dende o curso 1998/1999 con 900 alumnos ata actualidade, no curso 2021/2022 con 717 alumnos; debido en parte ó descenso da natalidade e sobre todo o envellecemento da poboación da área de influencia do centro. Estes motivos orixinaron un descenso importante tamén no alumnado nos centros máis próximos ó Colexio Divina Pastora, como o CEIP Curros Enriquez, CEIP Mestre Vide e IES As Lagoas.
O Centro dispón dun Salón de Actos de (300 m2), Gimnasio (300m2), Sala de Psicomotricidade (150m2), patio de recreo (1900m2), dúas aulas de informática, dúas salas de audiovisuais, laboratorio de ciencias, laboratorio de física, laboratorio de química, unha aula de educación especial e dúas de apoio.
O noso centro é un centro concertado-privado situado nunha zona urbana consolidada do centro da cidade de Ourense, polo que o nivel socioeconómico predominante dos alumnos é medio (32%) e medio alto (32%), ao que seguen os alumnos de nivel socioeconómico mediobaixo (23%) e baixo 9%).
Tras unha análise do traballo previo realizado, así coma da experiencia que se tivo durante o periodo de confinamento do curso 2019/2020, fainos pensar que é posible o emprego das ferramentas dixitais como medio de comunicación e como ferramenta de traballo e aprendizaxe dende o entorno familiar cara o colexio e viceversa, na gran maioría das familias do centro. Ademáis, dende ese periodo, ningunha das familias comunicou a imposibilidade de traballar empregando medios tecnolóxicos por falta de ferramentas (ordenadores, tablets ou dispositivos móviles).
Este Plan Dixital de Centro pretende ser o instrumento que adecúe e facilite o emprego dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido dende o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado.
É fundamental dar un enfoque de centro ao emprego dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se convirta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dé coherencia e guíe o emprego das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Dirección e a Programación Xeral Anual (PXA). De feito as carencias e áreas de mellora extraídas das análises levadas a cabo durante a elaboración do plan dixital serán actuacións prioritarias a desenvolver no Plan de Mellora do vinderio cruso 2022/2023.
O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que está recollido noutros documentos institucionais, coma o Proxecto Educativo de Centro e ambos documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.
O Plan Dixital de Centro busca cumplir cos obxectivos estratéxicos da Fundación recollidos no Plan Estratéxico Institucional 23, co que se alinean tanto co Plan Estratéxico de Centro coma coa Programación Xeral anual.
O presente Plan Dixital da resposta aos obxectivos estratéxicos:
OE 6: que persegue a transformación do Proxecto Educativo a través da integración do uso das TIC ante o novo paradigma ao que se enfronta a educación.
OE 9: que busca mellorar as relacións entre os membros da Comunidade Educativa e propiciar a participación das familias e antigos alumnos no Proxecto Educativo de Centro mediante a xestión da convivencia en espazos de socialización asociados ás TIC.
Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por esa razón, os centros educativos deben dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar ciudadanos do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nun entorno dixitalizado. O emprego da tecnoloxía nas diversas prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, dende as relacionadas coas cuestións organizativas, ata as propias dos procesos de ensino e aprendizaxe é xa ineludible.
A Educación é un recurso clave para asegurar a igualdade social, a promoción das persoas e máis xenéricamente a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas. Así pois, a Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garantice a adquisición de competencias dixitais, que á súa vez permitan aproveitar as oportunidades.
Por outra parte, as organizacións educativas teñen a necesidade de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais. Mediante o presente plan, preténdese:
Avaliar a situación dun centro educativo coa relación ao emprego da innovación e as TIC e nos distintos elementos clave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.
Recoñecer o Plan anual dixital coma un recurso clave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.
Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura nas mesmas.