Para poder avaliar o plan, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos que se marcaron. Tamén será necesario comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo.
Para levar a cabo a avaliación do das accións do Plan Dixital, teremos en conta os seguentes instrumentos e ferramentas:
Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.
As enquisas de satisfacción que se realizan dende o departamento de calidade do centro cada ano.
Complementariamente, para coñecer o estado xeral da competencia dixital do centro poderemos realizar unhas avaliacións xerais a través das seguintes ferramentas:
A ferramenta de avaliación SELFIE a través da que poderemos facer unha análise da competencia dixital do Centro. Recoméndase realizar unha autoavaliación SELFIE anualmente a final de curso.
A avaliación da Competencia Dixital Docente a través da aplicación da Xunta Test CDD si esta segue estando dispoñible en vindeiros cursos.
A avaliación da Competencia Dixital do alumnado a través de SELFIE, preferiblemente a final do curso.
Esta avaliación do Plan Dixital levarase a cabo en varias fases temporales:
Unha avaliación procesual, cunha frecuencia de realización de como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Unha avaliación final, cunha frecuencia de realización de como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
O Plan Dixital avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. Dentro deste informe de avaliación do progreso anual recolleranse as distintas propostas de mellora que se obseven durante o desenvolvemento do Plan. Este informe será presentado ao Equipo Directivo nos momentos que se establezan, sendo elemento de entrada para a memoria anual do centro do curso correspondente, ademáis de ser un elemento fundamenta para a elaboración da PXA do curso siguiente. Asimesmo, servirá tamén como elemento de entrada do informe de Revisión pola Dirección nos colexios nos que o seu Sistema de Xestión de Calidade o requira.