E-LBE 2.0
Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade achégannos unha plataforma dixital gratuíta que complementa perfectamente todas as nosas intervencións para o fomento da lectura.
Trátase da plataforma dixital E-LBE, que funciona a modo de biblioteca. É un novo servizo que poderán ofrecer as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos integrados no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) ó cal pertencemos.
Así, confórmase como unha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquecerá as coleccións das bibliotecas escolares cun volume inicial de máis de 3000 títulos que estarán dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador e dispositivos móbiles) -en calquera momento e lugar- para todos os usuarios e usuarias (profesorado, alumnado e familias) que conten con carnet de usuarios das bibliotecas escolares.