Dende hai anos, o Colexio Marista Santa María aposta polo fomento da

creatividade, das habelencias lectoras e as propostas de animación á

lectura dende Infantil ata Bacharelato. A creación das bibliotecas (Isla

Fantasía e Torre de Babel) constitúe o piar dende o que soñamos e

ensinamos a soñar aos nenos e ás nenas.

Cremos firmemente que a lectura axuda a crear espazos persoais e de

intimidade imprescindibles para coñecer e recoñecerse. Ler é pensar con

outras miradas. Ler xera vida, mentes curiosas e creativas, capaces de

ofrecer alternativas.

Quen le aprende a respectar as diferenzas, as opcións alleas e a identidade

de cada ser humano por dintinto que sexa. Quen le decide, elixe,

posiciónase e arríscase a vivir en rebeldía e a multicolor.

Ler fainos decididamente persoas libres.

Por todo isto, para nós a biblioteca é un templo de experiencias vivas e

cheas de vida. Esperamos ser -dende as redes- ese lugar tamén para vós,

queridas familias.