🔔 Atención… silencio, por favor.

Esta noite… algo terrible aconteceu no internado.

Un berro rompeu o silencio dos corredores…

e, cando acudiron… xa era demasiado tarde.

Unha persoa foi asasinada.


A partir de agora, cada mércores, aparecerá unha pista misteriosa na aula.

Non será doado…

As primeiras confundirán…

Outras traerán máis dúbidas…

E só as últimas abrirán a porta da verdade.


O voso reto é investigar, falar, discutir, pero sobre todo… traballar xuntos.

Porque só a clase unida poderá descubrir quen é o culpable.


Estades preparados para convertervos en detectives…

e descubrir quen cometeu o crime no internado?