Opinións do alumnado sobre a Semana
Cultural

Para este artigo elaboramos unha enquisa e distribuímola a todo o alumnado do centro, recibimos 80 respostas, e os resultados foron os seguintes:

Que che pareceu a semana cultural?

Podemos observar que a un 75% das persoas pareceulle unha semana interesante. Un 17,6% responderon que foi unha actividade normal, a un 4,4% non lle pareceu axeitada para apuntarse e por último a un 2,9% non lle gustou esta semana cultural.


Calificación da semana cultura sobre 10:

Nesta pregunta puxemos unha puntuación de 0 a 10.

Como podemos observar a media dos votos atópase entre 7 e un 8.

En conclusión unha boa calificación para a semana cultural.


Pareceuche boa idea que repartiran froita gratis no recreos?

Nesta pregunta, temos unha porcentaxe moi elevada de "Si" e moi pouca porcentaxe de "Non".

Á xente gustoulle que repartiran froita gratis nos recreos como pasou en anos anteriores, polo que foi un resultado moi predicible.


Crees que se acotaron ben as medidas contra a covid no reparto da froita?

Nesta pergunta podemos ver que o 77,9% do alumnado quedou satisfeito co servizo do reparto da froita, que acatou moi ben as medidas de seguridade contra a Covid-19.


Cal dos 3 grupos de actividades diferentes que houbo che pareceu máis interesante?

Dos 3 grupos de actividades, o que máis lle gustou á xente foi o grupo urbano, que tiña actividades como parkour, graffiti e freestyle.

A segunda opción máis votada polos estudantes foron os obradoiros con actividades como papiroflexia, cine e apuntes perfectos.

E por último a opción menos votada foron os concursos con actividades como vídeos guerrilleiros e certame de debuxo.


Das diferentes actividades dos 3 grupos, en cal disfrutaches máis?

Como se pode observar na gráfica, o grupo que destacou foi o urbano, sendo a actividade de grafitti a que máis lle gustou aos alumnos.


Que outras actividades engadirías á semana cultural?

Por último démoslle aos estudantes a oportunidade de propoñer ideas para a semana cultural do ano que ven, e estas foron as propostas máis repetidas:

  • Algún tipo de actividade deportiva (datchball, brilé, colpbol, skate, scooter, bádminton, baloncesto, deportes de contacto... )

  • Partido de fútbol profesores contra alumnos

  • Calquera cousa relacionada coa música ou outros tipos de arte, como teatro, danza, etc.

  • Obradoiros (debuxo, cociña...)

  • Actividades de deporte marítimo (remo, windsurf, vela, piragüismo...)

  • Charlas falando sobre temas sensibles e importantes como as identidades de xénero, distintas orientacións sexuais, trastornos psicolóxicos comúns, ou abuso das drogas...


Artigo elaborado por: Brais Neo Santamaría e Mireia Pombo Miguélez.