Finalidade
A finalidade desta actividade é achegar ao alumnado diferentes manifestacións artísticas e literarias pertencentes a unha constelación.
Espazo
O espazo idóneo para implementar esta actividade é a Biblioteca Escolar.
Nivel
Esta actividade está pensada para alumnado de 3º e 4º da ESO.
Agrupamento
Distribúese o alumnado en grupos ou equipos de catro persoas.
Proceso de elaboración
En primeiro lugar, revisouse o fondo de libros tanto de non-ficción como de ficción da biblioteca. Seleccionáronse posibles constelacións e engadíronse outras manifestacións artísticas pertencentes á musica e ao cine. En segundo lugar, decidiuse a constelación que se presenta nesta proposta didáctica como idónea para traballarmos contidos transversais e educación en valores.
Distribuíuse o profesorado en equipos para a elaboración das preguntas e das repostas de cada parada do itinerario. Posteriormente, escolleuse como fío condutor das distintas paradas o motivo dunha viaxe para descubrir un mundo a través de manifestacións artísticas en diferentes soportes. O derradeiro paso foi a organización do alumnado en grupos e a coordinación coas titoras e cos titores de cada aula.
Implementación
Prepárase na biblioteca as diferentes paradas cos libros e material necesario para levar a cabo os retos.
Recíbese ao alumnado na Biblioteca. Nese momento temos preparada unha mesa con sete sobres: un para cada equipo.
Cada sobre inclúe: a tarxeta de embarque e a carta de benvida coa pista para descubrir a súa primeira porta de embarque.
Empregamos a pantalla para proxectar as portas.
A partir deste momento teñen que acadar os retos presentes nas diferentes portas tendo en conta as que son obrigatorias. Nestas imáxenes observamos como o alumnado ía traballando os diferentes retos.
A proba final foi un concurso de cancións vinculadas aos diferentes libros e manifestación artísticas.