Ti es como min, un arquetipo ou ser mitolóxico?
Son o espello dos teus actos. Vaste enfrontar a unha serie de dilemas, pero coas respostas dadas. Están respondidas por seres mitolóxicos e arquetipo da literatura e ti vaste enfrontar a eles. As historias que nos contaron axúdannos a navegar pola sociedade, pero tamén nos enfrontan a problemas éticos que temos que resolver. Neste xogo vas ter a oportunidade de probas “novas máscaras sociais” na procura da túa propia identidade. Ten coidado porque este xogo é como un espello que che devolve a túa imaxe: serás normi ou rarx?
O xogo dos 10 dilemas?
1. Cartas de dilema (cada unha cunha situación e 4 respostas posibles).
2. Un taboleiro para pór os teus post-it coa resposta
3. Post-it para escribir as respostas
4. Códigos QR para saber a que ser mítico ou arquetipo nos parecemos
1. Un voluntario do grupo escolle unha tarxeta dos dilemas.
2. Le a proposta do dilema e as 4 respostas.
3. Cada membro do grupo ten que escoller a resposta coa que estea máis de acordo.
4. Cada participante colle un post-it e responde as seguintes cuestións:
a. Cal resposta escolliches?
b. Cal é a razón desta elección?
c. Existe algún matiz entre o que pon na resposta e o que farías?
5. Coloca o teu post-it no taboleiro.
6. Comproba na folla dos códigos QR a que ser mitolóxico ou arquetipo da Commedia dell’Arte te pareces.
As cartas dos dilemas
Es un arlequín
Es unha colombina
Es unha moura
Es unha lavandeira