Repatide a información entre os membros do equipo.
Busca información no libro sobre cada unha das cousas que che tocaron, a información servirache para crear os problemas do siguinte apartado.
Crea 2 problemas que usen as fraccións para resolvelos, e crea 1 problema que use os números enteiros.
a) Tes que escribir un enunciado que utilice información do libro, podes engadir información.
b) Tes que resolver o problema escribindo os datos, operacións e solución.
Dálle os teus problemas ao siguinte integrante do teu equipo, ti debes recibir os problemas doutro dos membros do equipo. Corrixe os problemas que che tocaron, debes valorar:
a) Claridade e coherencia do enunciado
b) A resolución ten todas as partes? Datos, operacións e solución.
c) Operacións ben realizadas.
d) Solución correcta.
Entre todos os membros do equipo debedes valorar que problemas aparecerán no libro, debe haber un problema de cada un dos membros do equipo, os problemas deben ter enunciados coherentes, estar ben resoltos e comprobada a solución.