A finalidade desta actividade é achegar o libro de non ficción ao alumnado para que aprenda a buscar información fiable en soportes físicos, saiba tratalos adecuadamente e poida comunicar coñecemento creado.
O espazo idóneo para implementar esta actividade é a biblioteca escolar.
Esta actividade está pensada para o alumnado de 3º ou 4º ESO.
Distribúese o alumnado en grupos ou equipos cooperativos de tres ou catro.
En primeiro lugar revisouse o fondo de libros de non ficción da biblioteca. Seleccionáronse as temáticas e os libros. En segundo distribuiuse o profesorado en equipos para a elaboración das preguntas e das repostas de cada tema. Posteriormente escolleuse un fío conductor das distintas temáticas en función da cal se elaborou a cartalería. O último paso foi a organización do alumando en grupos e a coordinación coas titoras e cos titores de cada aula.
Recíbese ao alumnado na porta da biblioteca e faise unha pequena introdución para darlles a benvida e explicarlle a actividade. Informámolos de que van traballar en equipos e de que deberán buscar o seu nome na distribución de mesas que atopan no taboleiro da entrada.
En cada mesa atopaban as fontes coas que ían traballar, un guión para facer a investigación e o menú do convite. As fontes eran unha selección de libros relacionadas coa temática nos que se incluía algún que non estaba non era necesario para a investigación. O guión recollía unha serie de retos que os axudaron a seleccionar a información. Seguindo a estrutura dun menú ofreceuse tres pratos que representan as tres fases do proceso de traballo coa información (busca, tratamento e comunicación).
O obxectivo era que transformaran a información seleccionada nun produto final que servise para comunicar o aprendido ao resto do alumando.