A nosa carta
Na nosa carta temos sete menús diferentes que degustaredes acompañados de diferentes libros de non ficción.
Poderedes:
facer unha viaxe polas "Augas galegas en movemento",
coñecer as "Árboles científicas e literarias" de Galicia,
percorrer os ceos coas nosas "Aves",
descrubrir as "Cores do Universo",
facer unha expedición histórica con "Marco Polo",
reflexionar sobre a invasión dos "Plásticos" nas nosas vidas,
iniciar unha ruta polas constelacións da man de "Perseo e as estrelas".