Guion provisional
Imos facer unha campaña de sensibilización partindo de toda a información recollida:
Cada equipo cooperativo vaise converter nunha empresa de publicidade.
Cada empresa/equipo terá unha misión diferente:
unha infografía
un podcast
un vídeo
un folleto ou díptico
Por último, deseñaremos a promoción da campaña nas redes sociais do centro e no blog da biblioteca.
Imos empregar a estrutura 1, 2, 4 para facer esta proposta:
Primeiro creamos individualmente un cadro de recollida de datos seguindo as indicacións que aparecen a continuación.
Despois, en parellas, poñemos en común o traballo.
Por último, compartimos as propostas os catro integrantes do equipo.
No cadro final deberá aparecer información de todos os integrantes do equipo.
Para poder seleccionar e organizar a información vas seguir os seguintes pasos:
Crea un cadro de recollida de datos coa información relevante sobre o teu tema.
Busca a información nas páxinas seleccionadas no apartado de fontes.
Extrae os contidos.
Anota as referencias: as páxinas webs que consultaches.