1º Paso
Localizar información na rede
Localizar información na rede
Desta vez a fonte que imos utilizar para a nosa investigación será a rede. Na internet existen moitas páxinas webs con moita información que podemos atopar en diferentes formatos: vídeos, audios, textos... Para obter información relevante e útil imos seguir os seguintes pasos:
Pensa as palabras clave relacionadas co tema sobre o que tes que investigar.
Escolle tres buscadores diferentes (google, yahoo, bing, ask...).
Fai unha busca das palabras clave nos tres buscadores.
Recolle na táboa a seguinte información: número de resultados e utilidade.
Pon as palabras clave nun buscador empregando operadores booleanos diferentes.
Operadores de presencia: AND, + ou espazo.
Escribe o número de resultados.
As comillas permiten facer buscas de títulos ou de citas.
Buca quen dixo estas palabras: "La epidemia nos ha enseñado que la atención a las personas mayores estaba en una situación límite".
Escribe no buscador esta cita entre comillas.
A propia natureza da rede entraña un perigo, podemos atopar informacións falsas ou pouco fiables. Ademais, como acabamos de ver, os criterios con que os buscadores organizan os resultados son diferentes duns a outros. Polo tanto é necesaria a avaliación dos resultados obtidos:
Autoría
Quen é a persoa responsable desa información?
Trátase dunha organización ou unha entidade de prestixio?
A análise da propia URL do sitio web achega información precisa sobre a autoría.
Actualización
Cando se fixo a última actualización da información?
Intencionalidade
Para que se fixo esa páxina?
Contidos
A información que se ofrece, é rigorosa?
O xeito de expoñela é claro?
Endendes esa información?