O noso obxectivo é crear unha campaña de sensibilización sobre a repercusión da pandemia nas persoas maiores.
Cada equipo cooperativo traballará sobre un tema diferente.
Investigaremos en diferentes fontes e empregando distintas estratexias de busca.
A nosa investigación vaise deter en tres puntos:
Sensibilización
A curta de Hermann fíxonos pór a nosa mirada nunha problemática actual que, ás veces, pasa desapercibida: como viven os nosos maiores esta pandemia?
Imos indagar un pouco máis sobre esta situación.
Que está a pasar?
Cales son os efectos da pandemia nas persoas maiores?
Que podemos facer?
Compartimos o que aprendemos?
Sensibilizamosn a nosa contorna do que está a pasar?