Motores de busca Creative Commons
Onde podemos encontrar recursos sen copyright? Nestas páxinas ofrecémosche moitas alternativas aos repositorios de pago.
Aquí poderás atopar unha recompilación de páxinas web que poden axudarte nas túas buscas de información ou recursos en rede.
Acharás buscadores propios da nosa comunidade autónoma na lapela “Galicia”. En “Xestores” localizarás ferramentas para a xestión de referencias bibliográficas e para a busca, recompilación e lectura de artigos de investigación. En canto aos “Repositorios” encontrarás sitios web como a rede de bibliotecas universitarias, presentacións curtas que abordan unha grande variedade de temas ou podes recuperar páxinas web tal como eran nunha data pasada. Tamén terás aceso a “Recursos Educativos Abertos” ou REAS, en numerosos formatos que se caracterizan por seren materiais de aprendizaxe, ensinanza e investigación de dominio público ou publicados baixo unha licenza aberta. Na lapela “Académicos” terás numerosos buscadores do campo científico e educativo, mentres que no apartado “Multimedia” localizarás sitios web onde buscar imaxes ou vídeos con licenzas Creative Commons. Xa por último, na lapela “Busca avanzada” aprenderás a sacar o máximo rendemento ás túas buscas pois, entre outras cousas, conta con información sobre como empregar operadores de busca que farán que as túas buscas sexan máis eficientes.