Cando nos teus estudos necesitas información científica é habitual que a busques na internet. Utilizando un buscador como Google podes rastrexar moitísimos contidos dispoñibles na web. Pero é importante que elixas páxinas, sitios ou documentos fiables, solventes, relevantes: que sexan realmente portadores de coñecemento científico. Buscar na web serache útil se seleccionas ben a información que atopas. Este é o noso punto de partida.
A World Wide Web, que tanto usamos na vida cotiá, tamén pode servir ás veces para os teus fins: estudar e aprender, facer traballos, etc. Buscar información na web é un recurso básico e xeral, un punto de partida e un complemento. A web e os buscadores xeneralistas como Google seranche útiles para estas tarefas:
Consultar páxinas e sitios web recomendados polo profesorado.
Utilizar sitios e portais de recoñecido valor como fonte de información.
Localizar páxinas, arquivos ou documentos previamente coñecidos e confiables.
Orientarte sobre un tema, achegarte a cuestións pouco coñecidas.
Buscar datos concretos, definicións, estatísticas, direccións, fórmulas, etc.
Informarte sobre a actualidade, novas, empresas, a administración pública, etc.
Agora ben, a web é un escenario aberto á libre comunicación de toda clase de información entre todo tipo de organizacións e persoas. A máis das veces non hai ninguén que controle, filtre ou supervise o que se transmite. A miúdo, quen crea ou produce a información é quen a difunde ou publica, sen filtros. Todo isto outorga grande liberdade, favorece a creación, abre posibilidades.
Para conseguir a información científica que necesitas como “investigador”, es ti quen ten que valorar, xulgar e elixir: usar eficazmente as posibilidades da rede. Os buscadores non che dan o traballo feito. Isto é case unha vantaxe, se sabes sacar partido diso desenvolvendo a túa capacidade de pensamento crítico, como un verdadeiro cidadán da sociedade dixital.
Se fas unha busca para un achegamento inicial a un tema descoñecido, ou mesmo se buscas datos concretos (definicións, biografías, táboas, listaxes, etc.), tes que filtrar a información que atopes na web, e elixir aquela que sexa fiable, relevante e acaída para as túas necesidades como “investigador/a”. Lembra, ti buscas, e buscas información científica.
Exemplos de sitios web recomendables
Consejo Superior de Investigaciones Científicas: http://www.csic.es
OpenCourseWare Universidad de Cantabria: http://ocw.unican.es
Agencia Española del Medicamento y Productos Sanitarios: http://www.aemps.gob.es
Universidade de Santiago de Compostela: http://www.usc.gal
Centro de Estudios Políticos y Constitucionales: http://www.cepc.gob.es
Springer International Publisher: http://www.springer.com
American Psychological Association: http://www.apa.org
European Molecular Biology Organization: http://www.embo.org
Buscadores xerais
https://google.com
https://www.startpage.com
https://www.exalead.com/search
https://www.bing.com
https://duckduckgo.com
Buscadores especializados
https://scholar.google.com
https://www.base-search.net
https://www.wolframalpha.com
WorldWideScience
https://ciencia.science.gov
https://www.refseek.com
https://dialnet.unirioja.es
https://eric.ed.gov
https://scielo.isciii.es/scielo.php
https://core.ac.uk
Bases de datos documentais
https://www.base-search.net
https://digital.csic.es
https://scielo.org/es
https://www.scopus.com
https://ieeexplore.ieee.org
https://dialnet.unirioja.es
http://cchs.csic.es
https://scielo.isciii.es/scielo.php
http://dice.cindoc.csic.es/listado_base_de_datos.php
Estratexias
Analiza o teu problema, planea o traballo de busca..
Pensa e anota que posibles termos de procura usar e vai ampliando a lista.
Considera que ferramentas de busca empregar, usa varias.
Examina como se utilizan as ferramentas de procura, aprende a usalas.
Usa sistemas de procura avanzada (campos, frases, limitacións, combinacións...).
Busca ordenada, sistematicamente, en varios pasos lóxicos, sen precipitación.
Garda resultados provisionais, analízaos despois, conserva os definitivos.
Valora criticamente os resultados, pensa se son relevantes, dun nivel adecuado.
Anota e documenta o proceso de procura.
Google: NOT (-)
Cando non queiras que apareza unha palabra na túa procura terás que poñer o signo - diante da palabra que queiras excluír. Tamén podes usar o operador booleano NOT. É dicir, busca resultados que non inclúan o termo despois do signo - ou do operador NOT. A busca física -mecánica ofrece todos os elementos que conteñan a palabra física pero que non conteñan a palabra mecánica.}
Google: AND
Cando queiras que aparezan todas as palabras na túa busca terás que usar o operador booleano AND. É dicir, busca resultados que inclúan tanto o termo anterior ao operador AND como o posterior. A consulta física AND mecánica ofrece todos os elementos que conteñan as dúas palabras física e mecánica.
Google: OR
Á hora de incluír palabras na procura podemos considerar o operador booleano OR. Dita procura ofrece resultados que inclúan o termo anterior ao operador, o posterior ou os dous. A consulta Historia OR Moderna ofrece todos os elementos que conteñan a palabra Historia ou a palabra Moderna (ou ambas).}
Google: ""
Cando queiras atopar exactamente unha frase dentro dunha páxina, utiliza as comiñas (""). Poñer entre
comiñas unha frase permite buscar as palabras exactas na mesma orde. A consulta "A mecánica cuántica
de bucles'' ofrece todos os elementos que conteñan a frase buscada, respectando a orde das palabras.
Google: AROUND
Cando queiras buscar temas relacionados podes utilizar o comando AROUND(X). A X é o número de palabras de distancia que poderá haber entre o primeiro e o segundo termo como máximo. A consulta análise AROUND 5 funcional ofrece todos os elementos que conteñan as palabras análise funcional cunha distancia máxima de 5 palabras entre ambas.
Google: ∼
Cando queiras obter resultados relacionados na busca, aínda que non inclúan exactamente as túas palabras,
coloca o carácter virgulilla ∼ antes da palabra. Con isto obterás resultados sinónimos para a devandita palabra.
A consulta matemática ∼programa ofrece todos os elementos que conteñan a palabra matemática xunto coa
palabra programa e os seus sinónimos, por exemplo aplicación ou software.
Google: plalabras chave
Cando queiras obter resultados nos cales as palabras chave seleccionadas aparezan nos títulos das páxinas
deberás usar o comando intitle: , se queres que conteñan a palabra chave especificada no título, ou o
comando allintitle: , se queres que conteña unha frase completa no título. A busca intitle:biomedicina ofrece todos
os elementos que conteñan a palabra biomedicina no título.
A consulta allintitle:a medicina rexenerativa ofrece todos os elementos que conteñan a frase ``a medicina rexenerativa'' no título.
Google: plalabras chave
Cando queiras obter resultados nos cales as palabras chave seleccionadas aparezan nos textos das páxinas deberás usar o comando intext: , se queres que conteñan a palabra chave especificada no texto, ou o comando allintext: , se queres que conteña unha frase completa no texto. A consulta intext: multiverso ofrece todos os elementos que conteñan a palabra multiverso no texto. A consulta allintext:os universos paralelos ofrece todos os elementos que conteñan a frase ``os universos paralelos'' no texto.
Google: plalabras chave
Cando queiras obter resultados nos cales as palabras chave seleccionadas aparezan nos textos de ancoraxe (anchor text) das páxinas deberás usar o comando inanchor: , se queres que conteñan a palabra chave especificada no texto de ancoraxe, ou o comando allinanchor: , se queres que conteña unha frase completa no texto de ancoraxe. A consulta inanchor:xenes ofrece todos os elementos que conteñan a palabra xenes no texto de ancoraxe. A consulta allinanchor: os xenes dos mamíferos ofrece todos os elementos que conteñan a frase ``os xenes dos mamíferos'' no texto de ancoraxe.
Google: URLS
Cando queiras obter resultados nos cales as palabras chave seleccionadas aparezan na URL das páxinas deberás usar o comando inurl: , se queres que conteñan a palabra chave especificada na URL, ou o comando allinurl: , se queres que conteña unha frase completa na URL. A consulta inurl: cronobioloxía ofrece todos os elementos que conteñan a palabra cronobioloxía na URL. A consulta allinurl: os ritmos circadianos ofrece todos os elementos que conteñan a frase ``os ritmos circadianos'' na URL.
Google: Intervalo de números
Cando queiras buscar entre un rango de cifras específicas utiliza dous puntos (..) entre as devanditas cifras. Mostraranse resultados que estean entre o rango de números especificados. A procura libros 2020 .. 2021 mostrará resultados dos libros publicados entre 2020 e 2021.
Google: Ligazóns dirixidas a unha páxina determinada
Para atopar páxinas web que teñen ligazóns dirixidas a unha páxina web determinada, utiliza o comando
link :
A busca link : home.web.cern.ch mostra todas as ligazóns dirixidas á páxina web da organización CERN.
Google: Buscar nun sitio web concreto
Se queremos saber cantas páxinas ten Google indexadas sobre un sitio web utilizaremos o comando de procura site: . Ao devandito comando pódenselle incluír palabras chave ou frases para recuperar resultados sobre un tema concreto en determinada páxina. A consulta site:www.bne.es mostra todas as páxinas da Biblioteca Nacional de España indexadas por Google. E a consulta site:www.bne.es lectura mostra todas as páxinas da Biblioteca Nacional de España indexadas por Google e que falan de lectura.
Google: Obter información sobre un sitio web
Para obter información sobre un sitio web concreto basta con usar o comando info: . Co devandito comando poderás informarte sobre que é un sitio web a través da descrición que se achega no sitio. A consulta info:www.bne.es mostra a descrición da Biblioteca Nacional de España. }
Google: Definir palabras
Para obter definicións de palabras de maneira rápida utiliza o comando define: A consulta
define:cronobioloxía mostra a definición de cronobioloxía.
Google: Buscar por tipo de arquivos
Na procura de arquivos específicos, como PDF, PPT ou XLS, agrega o comando filetype: seguido da abreviatura de tres letras do tipo de arquivo. A consulta filetype:pdf Julián Marías busca todos os documentos en pdf de Julián Marías indexados en Google.