Iacobus agora é, non só o catálogo da Biblioteca Universitaria, senón tamén unha ferramenta de descubrimento que permite buscar dende un mesmo punto:
No catálogo da BUSC
No repositorio Minerva
Nas bibliografías recomendadas
En todos os recursos electrónicos da BUSC
O catálogo Iacobus ofrece tres vistas diferentes:
Principal: É á que se accede por defecto. Permite a busca simple ou avanzada en todos os recursos da BUSC, ou restrinxila ao catálogo, a recursos electrónicos, bibliografías recomendadas, Fondo Galicia, Teses, etc.; tamén é posible aplicar filtros e empregar as funcionalidades propias da conta persoal, como solicitar fondos, comprobar os préstamos, renovalos, crear alertas, etc.
Fondo Patrimonial: Accesible desde o menú superior de navegación, facilita a consulta sobre este tipo de fondo, formado por coleccións de manuscritos, incunables e obras impresas entre os séculos XVI e XIX, así como por outros materiais (mapas, gravados, etc.) que polo seu valor requiren de especial conservación e coidado.
Biblioteca América: Accesible tamén desde o menú superior de navegación, facilita a consulta sobre a colección de libros, folletos, obxectos e mostras culturais do continente americano reunidas, en orixe, por Gumersindo Busto. Esta Biblioteca, localizada no Pazo de Fonseca, xunto á Biblioteca Xeral, é un dos sinais de identidade da Biblioteca Universitaria.
Iacobus ten moitas posibilidades:
Consultar a colección da Biblioteca Universitaria tanto impresa como electrónica, os fondos do repositorio Minerva e as Bibliografías recomendadas.
Acceder aos textos completos dun grande número de documentos.
Coñecer a dispoñibilidade e localización dos documentos.
Localizar, xerar e exportar citas.
Solicitar novas adquisicións.