Bases do Concurso

O IES Laxeiro (Lalín) convoca:

IV Concurso Científico Luís Gustavo Rodríguez Taboada

1.- Obxectivo

O obxectivo do concurso é promover  un uso racional da enerxía tanto nos fogares como nos espazos públicos concienciando á xuventude e comunidade educativa sobre os beneficios do aforro enerxético e a importancia de eficiencia enerxética en base á sostibilidade ambiental, económica e social.


ESTE ANO O CONCURSO SERÁ FOTOGRÁFICO E O TEMA:

EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICO

A temática do certame pretende impulsar o uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos, o aforro e a eficiencia enerxética e a transición cara a un novo modelo enerxético sostible.

Búscanse imaxes que exemplifiquen de maneira positiva, emocional e comprometida a capacidade de obter os mellores resultados en calquera contexto ou actividade empregando a menor cantidade posible de recursos enerxéticos. Isto permite optimizar o uso de recursos naturais, reducir o consumo de calquera tipo de enerxía e con isto os impactos ambientais asociados. Isto é aplicable dende a xeración de dita enerxía ata o seu consumo final, incorporando modelos de xestión sostibles, hábitos responsables e inversións en innovación tecnolóxica. Con un uso responsable e melloras na eficiencia do sistema contribuímos a rebaixar as emisións de gases de efecto invernadoiro e a reducir a pegada de carbono. 

2.- Condicións e requisitos de participación.

O concurso está aberto a todo o alumnado de ESO, BACHARELATO e FORMACIÓN PROFESIONAL dos institutos públicos e concertados.

Establécense catro niveis:

A.- Para alumnado de 1º e 2º ESO.

B.- Para alumnado de 3º e 4º ESO.

C.- Para  alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

D.- Para alumnado de Formación Profesional.

A participación poderá ser a título individual ou en equipo.

Todos os participantes deberán estar nun dos cursos do nivel polo que participan.

As fotografías, en alta calidade, enviaranse en formato JPG. As imaxes serán eliminadas do concurso se incumpren algunha lei (propiedade intelectual), reproducen imaxes de terceiros sen permiso, ou se o contido non é axeitado por ser ofensivo ou discriminatorio, ou incumpre algún requisito que o xurado considere oportuno. Non se aceptarán fotomontaxes, collage nin fotografías retocadas con programas informáticos.

O alumnado participante debe enviar:

3.- Presentación de materiais e recursos

Na páxina web atópase a información actualizada do concurso.

A presentación de solicitude, entrega do traballo e documentación requerida realizarase a través do formulario de inscrición ao concurso (ver formulario de inscrición).

Calquera dúbida pódese remitir ao seguinte enderezo electrónico:

concursoluisgustavo@ieslaxeiro.com

4.- Prazo e lugar de presentación

O prazo de presentación será dende o día oficial da convocatoria deste premio (30 de novembro de 2022) ata o 30 de maio de 2023.

5.- Criterios de valoración.

Imaxe:

Título e texto:

6.- Premios

Establécese un único premio por nivel de 200 €.

Os premios serán entregados en metálico. Ademais, remitirase un diploma acreditativo. 

O comité organizador resérvase o dereito de publicación de todos os traballos presentados a este concurso no blogue e na páxina web do centro.

7.- Xurado

O xurado estará formado por profesorado do centro:

As deliberacións son confidenciais e o seu fallo é irrevogable. Se o xurado o considerase oportuno, poderá establecer premios “ex aequo” ou ben declaralos desertos.

A Resolución do xurado será coñecida a última semana de xuño de 2023 e a entrega de premios terá lugar no mes de novembro do seguinte curso escolar.

8.- Dereitos de propiedade intelectual

A inscrición no concurso conlevará a autorización para facer uso do nome e da imaxe dos gañadores en todas as actividades relacionadas coa promoción ou divulgación do concurso, sen que iso xere a favor dos gañadores ou participantes inscritos o dereito a recibir pago ningún.

Os/as participantes comprométense a respectar a propiedade intelectual de terceiros, de modo que de haber unha reclamación debidamente argumentada procederase á descualificación do traballo.

Todos os dereitos de propiedade de explotación que puidesen recaer sobre os materiais presentados a concurso (reprodución, comunicación pública, distribución e transformación) quedarán cedidos en exclusiva á organización do Concurso, que mencionará e respectará en todo momento a autoría.

9.- Aceptación das condicións.

A participación supón a aceptación plena e incondicional destas condicións por parte de cada participante. A organización resérvase a posibilidade de cambiar, modificar ou cancelar o concurso, sen outra obriga para os organizadores que a publicación das novas condicións por métodos similares aos empregados para a súa difusión.

A base de datos creada para este concurso non será utilizada con fins comerciais.