Actividade interactiva.
Os visitantes á exposición deben adiviñar sons dos trebellos.
Elaboración dixital por de liñas do tempo dun trebello dende a súa invención ata a actualidade, marcando o ano 1998.
Os visitantes á exposición escriben unha mensaxe a alguén do curso 2050 coa máquina de escribir.
Gárdanse nun sobre enmarcado e exposto no instituto que se abrirá o 17 de maio do 2050.
O alumnado de 4ºESO desmonta trebellos e indica o nome en galego dos elementos que o compoñen. Exposición do traballo.
Debuxos TIC feitos polo alumnado de 1ºESO con cada letra do abecedario.
Galego, portugués e braille.
Elaboración dun cartel cunha selección dos debuxos.
Tiras en braille feitas coa impresora 3D.
Visita do alumnado de 1ºESO á ONCE de Pontevedra.
Obradoiros. Exposición inclusiva.
Campaña reciclaxe de teléfonos do Instituto Jane Goodall.
Elaboración da caixa de recollida.
“A Caverna” de José Saramago (Premio Nobel de Literatura no 1998).
Guión da conversa en galego e tradución ao portugués.
Lectura teatralizada. Interpretación.
Gravación da escena co guión elaborado.
Montaxe audiovisual / croma.
Investigación sobre o emprego do galego nos programas no EVA.
(galego<>inglés<>español<>portugués)
Tras a visita á exposición dos usuarios dos Centros de día do Concello, o alumnado visita os Centros de día Contigo e Pescadoira.
Listaxe de preguntas elaboradas polo alumnado: anécdotas trebellos, cambio analóxico-dixital, etc. Reflexión conxunta.
Participación no proxecto “Bueu en Imaxes”. Iniciativa do Concello de Bueu coa colaboración do FIC que busca recoller fotografías antigas do noso concello co obxectivo de crear un arquivo fotográfico que preserve e poña en valor a nosa memoria colectiva.
Nesta primeira edición, o proxecto céntrase na dixitalización de fotografías orixinais que amosen tradicións, costumes e celebracións anteriores ao ano 2000.
O alumnado saca o seu lado máis creativo: fotos artísticas dos trebellos da exposición e emprego da IA, todo está ben ;)
Deseño dun videoxogo sinxelo en galego:
As bólas máxicas en Scratch
Son Goku atrapará as sete bólas máxicas e esquivará raios de enerxía.
Debe cumprir os seguintes requisitos:
- contar con una pantalla de inicio coa música de abertura da serie
- incluír pantalla coas instrucións do xogo
- contará con tres vidas
- pantalla fin de xogo: gañar / perder
O galego nos videoxogos: percorrido por case 40 anos de videoxogos desenvolvidos en Galicia, abordando o uso do galego nos videoxogos e a importancia da localización de contidos.
Interacción adicional cunha escolma de diversos títulos da nosa Terra ou que gardan unha estreita relación con Galicia.
O MUVi conta cunha importante cantidade de fondos, a inmensa maioría en perfecto estado de conservación e funcionamento, de gran valor histórico e económico. Este catálogo está formado por videoconsolas, computadores, máquinas arcade, videoxogos e periféricos de todas as rexións e todas as épocas, que conforman un conxunto de máis de dous mil pezas orixinais, perfectamente conservadas e catalogadas.
O alumnado de 4ºESO desenvolve unha aplicación en android para adiviñar o nome dun trebello.
Cando prema unha letra que pertence ao trebello, aparecerá no lugar correspondente e o botón permanecerá na pantalla, en cambio, se preme nunha letra que non forma parte da palabra o botón desaparecerá.
Programación por bloques.
Comprobación: emulador de teléfono.
Investigación de animais e plantas autóctonos da comunidade autónoma galega, tomando como inspiración traballos artísticos como Fauna e Herbarium, de Joan Fontcuberta e Pere Formiguera.
A partir da combinación do rigor científico e creación artística, o alumnado elabora imaxes de seres híbridos que mesturen elementos do mundo vexetal e animal, dando lugar a un universo imaxinario vinculado ao patrimonio natural galego e recreando a estética das diapositivas antigas.
O proxecto culminará nunha produción visual e expositiva que poderá integrarse cos aparellos expostos en Trebellos con voz, empregando diapositivas e transparencias das imaxes creadas. Emprégase o equipamento de Polos Creativos.
Xogo de dados con temática trebellos para crear historias.
Dados feitos coa Impresora 3D e caixa co plóter de corte.
O alumnado adentrarase no mundo do deseño, creará chaveiros en diferentes materiais empregando os recursos de Polos Creativos.
Dobraxe de fragmentos da teleserie Mareas vivas.
O alumnado de 3ºESO na materia de Lingua Galega ponse na pel do guionista e escribe un diálogo no que a temática xire entorno a un trebello. Emprégase a variedade dialectal que se fala no Morrazo.
Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado de 4ºESO en Tecnoloxía: Intro animada co nome da serie e do clip, silenciar o so orixinal e sincronización do audio coa imaxe. Edición do vídeo.
A proposta consiste en tomar como referencia algúns exemplos de publicidade sexista da década dos 90 e subverter completamente os seus códigos narrativos e visuais, adaptándoos a unha mirada actual baseada na igualdade e na ruptura de estereotipos.
- Teoría e análise de exemplos
- Guión “Dándolle a volta ao anuncio”
- Storyboard + planificación
- Gravación e montaxe
- Visionado e avaliación
PINGAS MUSICAIS
Playlist na web do Instituto.
OBRADOIRO MONDRA
Achega ao baile tradicional con músicas de onte e hoxe
OBRADOIRO DIANA TARÍN
Voces afro-galegas
VIDEOCLIP MÚSICA GALEGA