Páxina principal

Alumnado e familias

Concreción curricular

Concreción curricular. Versión 05/2022

Regulamento

Decreto 133/2007, de 5 de julio. 🔗

Decreto 126/2008, de 19 de junio. 🔗

Artigos 89/92/63 dos ROCs

Fixa criterios e fai propostas: CCP

Aprobado en Claustro: xx/xx/20xx (acta)

Concreción anual: Programacións didácticas.

A) Adecuación dos obxectivos ao contexto socioeconómico e cultural do centro e do alumnado

A este IES acuden alumnos dos Concellos de Bóveda e de Pobra de Brollón para cursar os estudos de educación secundaria obrigatoria, ademais de alumnado da propia cidade de Monforte.

O nivel socio-económico-cultural dos alumnos do IES Daviña Rey é medio, sendo a súa procedencia, maioritariamente, do ámbito rural.

A contorna do centro é pouco industrializada, baseándose a súa economía, principalmente, no sector servizos.

Os obxectivos para a ESO indicados na normativa (Decreto 86/2015, do 25 de xuño. Título I. Capítulo I. Artigo 10) considéranse adecuados ao contexto socioeconómico e cultural do centro e do alumnado.

Os obxectivos para Bacharelato indicados na normativa (Decreto 86/2015, do 25 de xuño. Título II. Capítulo II. Artigo 26) considéranse adecuados ao contexto socioeconómico e cultural do centro e do alumnado.

Os obxectivos para os ciclos formativos de grado medio e superior indicados na normativa (C.M. Coidados auxiliares de enfermaría: Decreto 61/1999, do 18 de febreiro. Anexo. 2.1 e 2.2. - C.M. Instalacións de telecomunicación: Decreto 178/2010, do 1 de outubro. Capítulo III. Artigo 9. - C.M. Electromecánica de vehículos automóbiles: Decreto 94/2011, do 28 de abril. Capítulo III. Artigo 9. - C.M. Atención a persoas en situación de dependencia: Decreto 226/2012, do 18 de outubro. Capítulo III. Artigo 9. - C.S. Sistemas de telecomunicación e informáticos: Decreto 210/2012, do 4 de outubro. Capítulo III. Artigo 9. - C.S. Educación infantil: Decreto 226/2008, do 25 de setembro. Capítulo III. Artigo 9) considéranse adecuados ao contexto socioeconómico e cultural do centro e do alumnado.

Os obxectivos para os ciclos de formación profesional básica indicados na normativa (C.B. Electricidade e Electrónica: Decreto 107/2014, do 4 de setembro. Anexo II. 3.1 - C.B. Mantemento de vehículos: Decreto 107/2014, do 4 de setembro. Anexo VI. 3.1) considéranse adecuados ao contexto socioeconómico e cultural do centro e do alumnado.

B) Contribución da etapa á consecución das competencias clave

A ESO baséase na potenciación da aprendizaxe por competencias, integradas nos elementos curriculares.

Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz.

As competencias desenvolveranse a través da práctica utilizando os saberes aportados polo coñecemento. Este coñecemento será adquirido na ESO a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, se poden desenvolver tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos non formais e informais. O coñecemento, en realidade, conceptualízanse como “un saber facer” que se aplica a unha diversidade de contextos educativos, sociais e profesionais.

Por todo o antedito, nesta etapa prestarase unha atención especial á adquisición e desenvolvemento das competencias básicas ou clave, e fomentarase especialmente a correcta expresión oral e escrita, e tamén o uso do pensamento matemático a nivel instrumental.

C) Criterios para incorpar elementos transversais

O centro debe procurar aos alumnos unha formación coas seguintes finalidades:

  • Formación integral, como persoas portadoras dos seus propios valores, que saiban desenvolverse e participar en sociedade.

  • Capacidade de tolerancia e respeto na comunidade escolar e na sociedade.

  • Capacidade de autoformación.

  • Capacidade de tomar as súas propias decisións.

  • Capacidade crítica e creativa.

  • Valoración e respecto da pluralidade (cultural, lingüística, política, relixiosa, ideolóxica, etc.).

  • Inclusión. Favorecerá a integración do alumnado con necesidades educativas especiais.

  • Igualdade e diversidade. Evitaranse as desigualdades derivadas de factores sociais, económicos, culturais, xeográficas, étnicos ou de calquera outra índole.

  • Coeducación. Favorecerase unha educación para a igualdade entre alumnos e alumnas.

  • Participación no centro na xestión e no desenvolvemento académico.

  • Propedéutica, acadando as capacidades que lle permitan:

  • Integrarse no mundo do traballo (sobretodo os de Formación Profesional).

  • Continuar os seus estudos no centro ou na universidade.

Condutas e hábitos a fomentar no alumnado

  • A participación e colaboración do alumnado na vida do centro.

  • O diálogo como forma de lograr un bo clima na vida académica.

  • O traballo en equipo.

  • Coordinados polos departamentos dos ciclos asociados:

    • Realizar pequenas labores de mellora no centro (Electricidade, Electrónica, ...)

    • Realizar pequenas reparacións (que poidan servirlles deprácticas na súa especialidade).

    • A participación nas actividades extraescolares como unha forma de enriquecemento persoal.

    • Unha actitude de investigación.

    • A formación dun espíritu científico e tecnolóxico.

D) Criterios de carácter xeral sobre a metodoloxía

Liña metodolóxica xeral do centro:

É practicamente imposible definir unha liña metodolóxica unitaria, dado que cada profesor, e especialmente cada materia segundo a súa propia natureza, aporta o seu propio estilo docente. Por isto, lonxe de establecer unha liña metodolóxica ríxida que non deixe posibilidades de maniobra, buscarase o equilibrio e a complementariedade de métodos didácticos diversos.

Non obstante, o traballo basearase nunha metodoloxía activa, fomentando no alumnado unha actitude curiosa, crítica e investigadora que, mediante o traballo individual e colectivo, se converterá na base da súa formación e o capacitará para aprenderen a aprender e poderán a seguir a facelo ao longo de toda a súa vida.

Desenvolverase o espírito crítico, a capacidade de discusión e a vontade colectiva de transformación da realidade social.

O labor educativo e disciplinario basearase no respecto mutuo, na responsabilidade, no diálogo, na reflexión, na colaboración e na solidariedade.

Fomentarase a participación en Proxectos e Programas educativos e a aplicación das TIC no proceso formativo.

Integrarase a perspectiva de xénero no Plan de Centro e nos proxectos que o integran,favorecendo a práctica escolar inclusiva e equitativa.

Buscaranse puntos de encontro entre eles primando:

  • A actividade práctica do alumnado, de tal xeito que:

    • Na ESO lle axude a desenvolver as súas competencias básicas como elemento primordial do currículo.

    • No Bacharelato lle axude a poñer en práctica os contidos dun xeito aplicado aos problemas que se lle plantexen.

    • Na Formación Profesional lle axude a desenvolver as competencias profesionais propias do ciclo formativo.

  • As aprendizaxes significativas, que lle axuden a construír o seu coñecemento.

  • A aprendizaxe por descubrimento do propio alumnado, que afiance con moita máis forza o aprendido e o motive a seguer a aprender.

  • A funcionalidade das aprendizaxes, para que o alumnado poida apreciar unha utilidade práctica neles.

  • A alternancia entre o traballo individual e o traballo en grupo, co fin de fomentar a reflexión individual á vez que as capacidades específicas para desenvolver o traballo en equipo.

Terase en conta en todo momento:

  • A finalidade educativa do propio método, que colabore á adquisición de elementos transversais ao currículo, especialmente os establecidos na normativa educativa

  • O principio de socialización, de xeito que a metodoloxía escollida non favoreza a exclusión de ningún alumno, senón ao contrario, a inclusión de todo o alumnado.

  • O respecto ao ritmo individual de aprendizaxe, para que cada alumno poida desenvolver as súas capacidades dun xeito seguro dentro da súa propia zona de desenvolvemento congnitivo.


E) Criterios de carácter xeral sobre os materiais e recursos didácticos

Os centros docentes teñen autonomía para acordar os diversos materiais curriculares que se han de utilizar nos diferentes cursos. Partindo desta consideración, propóñense/establécense os seguintes criterios xerais sobre a elección de ditos materiais

  • Os materiais curriculares de cada materia dos distintos cursos serán elixidos no seno de cada departamento pedagóxico responsable da docencia da materia de forma consensuada.

  • Seleccionaranse os materiais que mellor se adapten ao currículo desta etapa educativa.

  • Procurarase seleccionar aqueles materiais que mellor conxuguen o rigor científico coa capacidade comprensiva do alumnado segundo a súa idade.

  • Procurarase seleccionar os materiais que mellor se adapten ás directrices metodoloxicas establecidas polo centro.

  • Na selección dos materiais prestarase especial atención a que estos reflexen e fomenten o respeto aos principios, valores, libertades, dereitos e deberes constitucionais, así como aos principios e valores recollidos na normativa.

Unha vez seleccionados estes materiais de desenvolvemento curricular, os departamentos didácticos encargaranse de dalos a coñecer de forma inequívoca aos alumnos e as súas familias a través dos taboleiros de anuncios e da páxina Web do centro. A tal fin respectaranse os prazos establecidos pola administración educativa para a súa publicación.

Os libros de texto adoptados para un determinado curso non poderán substituírse por outros durante un período mínimo de cinco anos.

Excepcionalmente e por razóns debidamente xustificadas, os libros de texto poderán substituírse antes dos cinco anos, previa autorización da Consellería de educación.

Para iso, a dirección do centro informará o Consello Escolar e remitirá a proposta realizada e o correspondente informe á Consellería.

Como consecuencia de que o uso das tecnoloxías é unha liña metodolóxica fundamental, utilizaranse os amplos recursos tecnolóxicos dispoñibles no centro:

  • Ultraportátiles do alumnado en todas as aulas de ESO (Edixgal).

  • Aulas con ordenadores de sobremesa para o alumnado (tres Aulas de informática).

  • Encerado dixital interactivo (EDI) en todas as aulas.

  • Canóns proxectores en todas as aulas, sala de profesores, biblioteca e salón de actos.

  • Servidor de recursos educativos.

  • Aula virtual do centro.

  • Recursos externos contratados polo centro…

G) Criterios para o deseño de actividades complementarias.

  • As actividades complementarias consideranse elementos esenciais da actividade educativa. Con elas reforzanes as relacións entre o centro e a súa contorna máis ou menos próxima e supoñen unha motivación para o alumnado. Cada curso inclúense e apróbanse na Programación Xeral Anual, e avalíanse da Memoria correspondente.

  • A organización destas actividades recae baixo a responsabilidade de Vicedirección. As funcións deste departamento céntranse en impulsar todo tipo de actividades que se celebren, tanto fóra como dentro do marco físico do IES recollendo as propostas dos departamentos.Aténderá a coordinación ou distribución das actividades, co fin de que éstas poidan levarse á práctica sen alterar o normal funcionamiento.

  • As actividades que se levan a cabo fóra do centro requiren a autorización dos pais, no caso de alumnado menor de idade.

  • O alumnado non participante ás actividades está obrigado a asistir ás clases, onde será atendido polos seus profesores/as ou o profesorado de garda.

  • Desde o IES préstase atención ás convocatorias de programas e axudas para intercambios escolares, medio ambiente, etc., co fin de facilitar ao alumnado a sua participación nestas actividades, tanto de forma individual como colectiva, sempre que as condicións do centro o permitan.

H) Criterios para o deseño dos plans de reforzo ou de recuperación para o alumnado que promocione con materias, ámbitos ou módulos pendentes de cursos anteriores, de ser o caso.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo I do título preliminar establece que entre os principios que inspiran o sistema educativo destaca a equidade, a inclusión educativa, a non discriminación e a flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado.

DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado establece como medidas de atención á diversidade:

a) Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.

b) Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas.

O art. 8.3 da Orde 25 xaneiro de 2022 establece que "O alumnado que acade a promoción de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación."

A Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, regula o Plan de reforzo para alumnado con materias, ámbitos ou módulos pendentes de cursos anteriores.

Os criterios que ha de rexer o plan de deseño dos devanditos plans son os seguintes:

  1. Elaboración

  • Profesorado que imparta a materia que o alumnado teña pendente de superar

  • Coas directrices do departamento didáctico e o coñecemento do profesorado titor.

  • Os referentes serán os obxectivos da materia e a contribución a adquisición das competencias.

  • Adaptarase as particularidades de cada alumno/a.

  • O departamento didáctico velará pola realización do plan por parte do alumnado.

  1. Estrutura

O plan de reforzo ha de incluír cando menos:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Información relevante sobre a materia ou as materias sen superar.

c) Currículo para desenvolver, con especificación dos criterios de avaliación.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

f) Tarefas para realizar, coa debida temporización.

g) Seguimento e avaliación.

h) Acreditación da información á familia.

  1. Seguimento

  • En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan de reforzo e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan.

  • Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirán sobre a súa avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria.

  • Para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberán obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e, ou, titulación.

I) Criterios para o deseño dos plans específicos de reforzo ou personalizados para o alumnado que deba permanecer un ano máis no mesmo curso, de ser o caso.

  1. Secundaria

O alumnado que non promocione permanecerá un ano máis no mesmo curso.

No art. 8.5 da Orde 25 xaneiro 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación, establécese que: "[...] a permanencia no mesmo curso planificarase de maneira que as condicións curriculares se adapten ás necesidades do alumnado e estean orientadas á superación das dificultades detectadas, así como ao avance e ao afondamento nas aprendizaxes xa adquiridas. Estas condicións recolleranse nun plan específico personalizado con cantas medidas se consideren adecuadas para este alumnado”. Así mesmo, no art.6, aclárase que o equipo docente organizará un plan específico de reforzo para que, durante ese curso, a alumna ou o alumno poida alcanzar o grao de adquisición das competencias correspondentes.

O plan específico personalizado vén regulado no art. 52 da Orde 8 setembro 2021 que desenvolve o decreto 229/2011 de atención á diversidade.

Os criterios que rexerán a confección do plan son os seguintes:

1. Finalidade. Adaptar as condicións curriculares as necesidades da alumna ou do alumno para tratar de superar as dificultades detectadas.

2. Elaboración. O equipo docente será o encargado da elaboración do plan, baixo a coordinación do profesorado titor.

3. Temporalización. Desenvolverase durante todo o curso.

4. Estrutura. O plan deberá incluír:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

f) De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.

g) Acreditación da información á familia.

5. Seguimento.

  • En cada sesión de avaliación farase o seguimento e de ser necesario os axustes que procedan.

  • Na sesión de avaliación final de curso, informarase sobre o seu desenvolvemento e aproveitamento.

  • Para a superación da materia pendente requírese avaliación positiva, que se terá en conta para efectos de promoción e titulación.

  1. Formación profesional

O alumnado que non promocione permanecerá un ano máis no mesmo curso.

O centro organizará para este alumnado un plan específico personalizado, orientado á superación das dificultades detectadas no curso anterior, de acordo co que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


L) Criterios xerais para a avaliación e, de ser o caso, a promoción e a titulación.

  1. A Avaliación

a) Concepto de avaliación

  • Enténdese como un proceso.

  • Debe ser coñecido por pais e alumnos.

  • Individualizada.

  • Cunha finalidade formativa, sendo unha parte do proceso de ensino-aprendizaxe.

  • Aberta aos cambios

b) Contidos da avaliación

Realizarase unha avaliación continua contemplándose tres modalidades:

Avaliación inicial: proporciona datos achega do punto de partida de cada alumno, proporcionando unha primeira fonte de información sobre os coñecementos previos e características persoais, que permiten unha atención ás diferenzas e unha metodoloxía adecuada.

Avaliación formativa: concede importancia á evolución ao longo do proceso, conferindo unha visión das dificultades e progresos de cada caso.

Avaliación sumativa: establece os resultados ao termo do proceso total de aprendizaxe en cada período formativo e a consecución dos obxectivos.

Estas avaliacións terán os seguintes caracteres:

Individualizada: centrándose na evolución de cada alumno e na súa situación inicial e particularidades.

Integradora: para o que contempla a existencia de diferentes grupos e situacións e a flexibilidade na aplicación dos criterios de avaliación que se seleccionan.

Cualitativa: na medida en que se aprecian todos os aspectos que inciden en cada situación particular e avalíanse de forma equilibrada os diversos niveis de desenvolvemento do alumno, non só os de carácter cognitivo.

Orientadora: dado que achega ao alumno ou alumna a información precisa para mellorar a súa aprendizaxe e adquirir estratexias apropiadas.

Que avaliamos no proceso de aprendizaxe:

    • O proceso de traballo do alumno.

    • Os coñecementos e obxectivos acadados.

    • O progreso individual do alumno.

    • O propio proceso de avaliación, o seu deseño.

c) Proceso de avaliación

Unha avaliación inicial, ao principio do curso, para determinar os coñecementos previos.

Avaliarase:

    • Cualificacións dende primaria.

    • Problemas de aprendizaxe.

    • Ambiente familiar.

    • Ambiente de estudio.

    • Problemas de saúde.

Medios para recadar a información:

    • Recollida de documentación no proceso de matrícula pedindo as cualificacións escolares.

    • Petición de informes sobre problemas de aprendizaxe detectados, aos centros anteriores de onde procedan .

    • Recollida de datos polo titor (cualificacións, problemas de aprendizaxe, ambiente familiar).

    • Recollida de datos do Orientador en colaboración co titor.

Tres sesións de avaliación mais unha final, onde se avaliará en base ós seguintes criterios xerais:

Observación directa de:

    • Interese polo traballo.

    • Participación no traballo:

      • Na propia aula.

      • Fora dela.

      • Relación cos compañeiros.

      • Hábitos de traballo: se é ordenado, remata o traballo, ...

    • Caderno de traballo do alumno:

      • Expresión escrita.

      • Hábito de traballo.

      • Adquisición de conceptos.

      • Manexo de fontes de información.

    • Actividades de aprendizaxe:

      • Como traballa.

      • Aplicación dos coñecementos.

      • Contidos procedimentais adquiridos.

      • Probas escritas e orais específicas de cada área.

d) Sesión de avaliación

O desenvolvemento do proceso da sesión de avaliación e os temas que se abordan son:

  • Resultados globais.

  • Resultados por materia.

  • Problemas de aprendizaxe individuais detectados.

  • Problemas de aprendizaxe do grupo.

  • Problemas conductuais.

  • Individuais.

  • Do grupo.

  • Aspectos da personalidade: integración do alumno no grupo.

  • A metodoloxía empregada no proceso de ensino-aprendizaxe:

    • Metodoloxía empregada.

    • Adaptación ao nivel do grupo.

    • Tipo de proba.

e) Información do proceso de ensino e aprendizaxe

É un dereito dos pais e alumnos estar informados do proceso de aprendizaxe, da metodoloxía empregada, o desenvovlemento académico e as actividades no centro.

A titoría pon a disposición dos pais e alumnos os horarios (explicitándose as horas de visita) de:

  • Titoría.

  • Xefatura de Estudos.

  • Departamento de Orientación.

  • Remite o horario lectivo do alumno aos pais.

  • Facilita aos pais información sobre o progreso do alumno.

  • Facilita información aos pais e alumnos do funcionamento do centro.

f) Informes de avaliación

Recoñécese o dereito e a importancia de que pais e alumnos estean informados do proceso de avaliación do alumno.

A titoría:

  • Remite os boletíns e informes de avaliación aos pais e alumnos.

  • Na titoría, cos alumnos avalíase o proceso de ensino-aprendizaxe e o de avaliación.

  • Recibe aos pais para facilitarlles información.

O profesor:

  • Facilita a información ao titor.

    • Informa ao alumno sobre o proceso de avaliación na súa materia.

  • Recibe aos pais para informarlos de proceso de ensino e avaliación na súa materia.

Todos os departamentos didácticos seguirán as seguintes indicacións con respecto á avaliación do alumnado:

  • Con respecto ás programacións didácticas:

    • As concrecións curriculares das materias e módulos profesionais construiranse a partir dos criterios de avaliación, ligándoos cos demais compoñentes de cada materia:

      • Os criterios de avaliación relacionaranse directamente cos estándares de aprendizaxe, que non son máis que concrecións dos propios criterios.

      • Eses estándares de aprendizaxe conectaranse coas competencias clave.

      • Os criterios de avaliación describirán o que se pretende lograr en cada disciplina (neste sentido, os contidos non son máis que os medios para alcanzalos).

      • Nas programacións explicaranse claramente os procedementos e os instrumentos de avaliación, así como os criterios de cualificación que permitan avaliar tanto os resultados da materia como o nivel competencial alcanzado polos alumnos e as alumnas.

      • Nas programacións aparecerán claramente expostos os procedementos e instrumentos de avaliación, así como os criterios de cualificación das materias pendentes.

      • Nas programacións explicarase con claridade o procedemento para recuperar as partes suspensas das materias cursadas nese momento, así como os procedementos, instrumentos de avaliación e criterios de cualificación para levalo a cabo.

  • Con respecto á información ao alumnado e aos seus pais, nais, titores e titoras legais:

    • Os Xefes de Departamento responsabilizaranse de que todo o alumnado e os seus responsables legais coñecen cales serán os procedementos e instrumentos de avaliación, así coma os criterios de cualificación das materias e módulos profesionais impartidos por ese departamento.

    • Aseguraranse tamén de que o alumnado con materias pendentes coñece o procedemento para recuperalas e cal é o profesor responsable da avaliación destas materias (que será o mesmo que lle imparte a materia do curso actual no que está matriculado e, de non cursala, o Xefe do Departamento).

  • Con respecto aos momentos e tipos de avaliación:

    • Farase sempre unha avaliación inicial do alumnado no primeiro mes do curso, seguindo o procedemento establecido en cada programación didáctica. Ao longo do curso a avaliación será contínua e formativa. A súa función principal, lonxe da de cualificar meramente ao alumnado, será a detección das deficiencias na aprendizaxe do propio alumno ou alumna, para que poida solucionalas e subsanalas.

    • Informarase aos pais, nais, titores e titoras legais dos progresos do alumno ou alumna. Esta información será dada como mínimo a través dos tres boletíns de cualificacións ao final de cada trimestre, pero atenderase aos responsables legais sempre que estes o demanden, para facilitarlles información sobre o proceso educativo do seu fillo ou filla en calquera momento do curso.

  • Con respecto aos procedementos e instrumentos de avaliación:

    • Utilizarase, na medida do posible unha variedade suficiente de procedementos e instrumentos de avaliación en cada materia ou módulo, co fin de poder avaliar os diferentes tipos de aprendizaxe e as diferentes competencias clave ou profesionais.

g) Educación Secundaria Obrigatoria

Realizaranse:

  • Tres avaliacións parciais.

  • Unha avaliación final ordinaria.

Na avaliación final de cada curso realizarase unha valoración do grao de adquisición das competencias e do logro dos obxectivos da etapa os criterios de avaliación e, de ser o caso, os estándares de aprendizaxe que se recollen no Decreto105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento

A avaliación do alumnado nos ámbitos que conforman o programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento terá como referente fundamental as competencias e os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, así como os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables.

Esta avaliación será continua e diferenciada, segundo os ámbitos do programa e as materias.

O alumnado do programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento será avaliado polo profesorado que imparte cada un dos ámbitos e materias, baixo a coordinación do profesorado titor do programa e do profesorado titor do grupo de referencia.

As cualificacións dos ámbitos realizaranse nos mesmos termos que as materias.

h) Bacharelato

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua e diferenciada segundo as materias, terá un carácter formativo e será un instrumento para a mellora tanto dos procesos de ensino como dos procesos de aprendizaxe.

Estableceranse as medidas máis adecuadas para que as condicións de realización das avaliacións, incluída a avaliación final de etapa, se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo; estas adaptacións non se terán en conta en ningún caso para minorar as cualificacións obtidas.

O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o que establecerá indicadores de logro nas programacións didácticas.

O profesorado de cada materia decidirá, ao termo do curso, se o alumno ou a alumna lograron os obxectivos e alcanzaron o adecuado grao de adquisición das competencias correspondentes.

O equipo docente, constituído en cada caso polos profesores e as profesoras do/da estudante, coa coordinación do/da titor/a, valorará a súa evolución no conxunto das materias.

Realizaranse:

  • Tres avaliacións parciais.

  • Unha avaliación final ordinaria (que coincidirá coa terceira).

  • Unha avaliación extraordinaria.

Criterios para a perda de avaliación continua

Cando o número de faltas inxustificadas dun alumno acade unha determinada cifra, pode producirse á perda do seu dereito á avaliación continua no Bacharelato.

Os criterios para proceder ao apercibimento ou á perda do dereito á avaliación continua/baixa, detállanse a continuación:

  • A perda da avaliación continua compútase en base a un número de horas semanais da materia (N)

  • O número máximo de faltas inxustificadas permitidas, a partires do que hai perda de avaliación continua/baixa, é a cifra (4xN)

Realizarase un apercibimento de que se vai perder a avaliación continua/baixa cando o número de faltas inxustificadas acada o 50% do número máximo de faltas inxustificadas permitidas.

Cando un alumno acade a cifra de faltas de apercibimento, o profesor informará ó titor de tal situación para que envíe apercibimento ós pais/titores.

O titor enviará apercibimento de tal situación ós pais/titores, por correo certificado e acuse de recibo, quedando constancia no rexistro da secretaría.

Cando un alumno acade a cifra de faltas de perda de avaliación continua/baixa, o profesor/a informará ó titor de tal situación.

O titor valorará xunto co profes/a e o Xefa de estudos a aplicación de tal medida para, se procede, enviar comunicación ós pais/titores, quedando constancia no rexistro da secretaría.

i) Ciclos Formativos e Formación Profesional Básica

Con carácter xeral, na avaliación e no desenvolvemento dos procesos de avaliación aplicarase o establecido nos artigos 25, 26, 27, 28, 38 e 39 da Orde do 12 de xullo de 2011.

A avaliación dos alumnos e as alumnas terá carácter continuo, formativo e integrador, permitirá orientar as súas aprendizaxes e as programacións educativas, e realizarase por módulos profesionais.

A avaliación estará adaptada ás necesidades e á evolución dos alumnos e das alumnas, nomeadamente no caso de persoas en situación de discapacidade, para as cales se incluirán medidas de accesibilidade que garantan unha participación non discriminatoria nas probas de avaliación.

O módulo de Formación en centros de traballo, con independencia do momento en que se realice, avaliarase logo de alcanzada a avaliación positiva nos módulos profesionais asociados ás unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no período de formación en centros de traballo correspondente.

No primeiro curso do ciclo realizarase as seguintes avaliacións:

a) Tres avaliacións parciais.

b) Avaliación final (final de módulos na FPBásica), que se realizará coincidindo coa finalización das actividades lectivas.

c) Avaliación final extraordinaria para a FPBásica para o alumnado con módulos pendentes da avaliación final de módulos, que se realizará nas datas que se establezan na orde pola se aprobe o calendario escolar para cada curso.

No segundo curso do ciclo realizaranse as seguintes avaliacións:

a) Dúas avaliacións parciais de módulos. No caso da FPB unha avaliación Final de módulo que coincidirá coa 2ª avaliación.

b) Avaliación final (final de ciclo na FPBásica), que se realizará con posterioridade ao período establecido con carácter xeral para a realización da FCT.

Na sesión de avaliación final de módulos, o equipo docente tomará as decisións sobre a superación de módulos de segundo curso e, de ser o caso, superación dos módulos de primeiro curso pendentes.

No horario previsto para a docencia dos módulos, o alumnado que non realice a FCT no período establecido con carácter xeral poderá recuperar os módulos pendentes de primeiro e/ou segundo curso neste mesmo período.

Para este fin, o equipo docente asignaralle actividades de recuperación para os módulos non superados, con indicación expresa da data en que serán avaliados.

Na avaliación final de ciclo, o equipo docente realizará a proposta de título para o alumnado que obtivese cualificación positiva en todos os módulos do ciclo.

O alumnado que despois da avaliación final de ciclo teña pendente exclusivamente a FCT poderá matricularse en calquera dos períodos establecidos na súa normativa reguladora.

Na avaliación final de ciclo da FPB, o equipo docente realizará a proposta de título da ESO para o alumnado que fose proposto para obter o Título da FPB, a decisión sobre a proposta para obter o título da ESO será tomada polo equipo docente.

Criterios para a perda de avaliación continua

Conforme se determina no artigo 25 da Orde do 12 de xullo de 2011, o número de faltas que implica a perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo será do 10 % respecto da súa duración total.

Para os efectos de determinación da perda do dereito á avaliación continua, o profesorado valorará as circunstancias persoais e laborais do alumno ou da alumna na xustificación desas faltas, cuxa aceptación será acorde co establecido no correspondente regulamento de réxime interior do centro.

Para tales efectos e con carácter previo, o centro enviará un apercibimento ao alumno ou á alumna cando as faltas de asistencia inxustificadas, nun determinado módulo superen o 6 % respecto da súa duración total.

Cando as faltas de asistencia alcancen a citada porcentaxe comunicarase a perda do dereito á avaliación continua.

En caso de que se produza a perda do dereito á avaliación continua, na secretaría do centro deberá quedar constancia do apercibimento e da comunicación da perda do dereito á avaliación continua.

Para o alumnado matriculado logo de iniciadas as actividades lectivas, non se terán en consideración as sesións previas á formalización da matrícula.

O alumnado que perdese o dereito á avaliación continua nun determinado módulo terá dereito a unha proba final extraordinaria previa á avaliación final de módulos correspondente.

Os modelos de apercibimento e a concreción do número de faltas ás que se emitirá o apercibimento, calculado en función do número de horas lectivas semanais da materia ou módulo, atópanse no documento de Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro.

A perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo, regulado no artigo 25 da Orde do 12 de xullo de 2011, non será de aplicación ao alumnado de ciclos de formación profesional básica en idade de escolarización obrigatoria.

Os modelos de apercibimento e a concreción do número de faltas ás que se emitirá o apercibimento, calculado en función do número de horas lectivas semanais da materia ou módulo, atópanse no documento de Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro.

2. Promoción e titulación

ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

A) Criterios xerais promoción ESO

Segundo o artigo 8.2: Acadará a promoción dun curso a outro o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores. Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a 5.

b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle permite seguir con éxito o curso seguinte.

c) Que ten expectativas favorables de recuperación.

d) Que a promoción beneficiará a súa evolución académica.

Co obxecto de fomentar a coherencia na toma de decisións, os distintos equipos docentes observarán, con respecto á promoción excepcional, os seguintes criterios particulares que facilitan a realización dunha análise da situación de cada alumno/a dando un trato individualizado en función das circunstancias persoais:

  • Non ter incorrido ou continuado co abandono dalgunha materia:

    • Non traer o material necesario para o desenvolvemento das actividades de clase

    • Negarse a facer as tarefas de clase e non participar habitualmente nas actividades propostas

    • Presentación de exames en branco ou cun contido tan escaso que faga supoñer a non preparación da proba.

    • No caso de aboandono de materia, o profesorado deberá comunicar ás familias ao longo do curso (empregando o modelo dispoñible na xefatura de estudos) as circunstancias que están levando ao alumno/a a incorrer na consideración de abandono, co obxecto de corrixir esa actitude.

  • Para estimar a madurez do alumnado e as súas posibilidades de recuperación e de evolución académica nos cursos posteriores, o equipo docente terá en conta os seguintes aspectos: esforzo, interese e atención demostrados.

  • Evolución e superación ao longo do curso. En concreto:

    • Constancia e dedicación ao estudo.

    • Asistencia regular a clase e aproveitamento desta.

    • Capacidade de traballo en grupo.

    • Puntualidade na entrega dos traballos e correcta presentación dos mesmos.

    • Presentación e utilización axeitada do material de traballo.

    • Esforzo para superar as dificultades.

    • Actitude solidaria, tolerante e de respecto cara ós demais.

Segundo o Artigo 8.7. En todo caso, a alumna/o poderá permanecer no mesmo curso unha sóa vez, e dúas veces como máximo ao longo do ensino obrigatorio. De xeito excepcional poderase permanecer un ano máis no cuarto curso, aínda que se esgotase o máximo de permanencia, sempre que o equipo docente considere que esta medida favorece a adquisición de competencias establecidas para a etapa. Neste caso poderase prolongar un ano o límite de ideade a que se refire o artigo 4.2 da Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio de educación.

Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento

O alumnado que curse no 2021-2022 o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria nun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento acadará a promoción ao cuarto curso se cumpre as condicións de promoción que se establecen no artigo 8 da orde do 25 de xaneiro de 2022 para a educación secundaria obrigatoria (véxase apdo. criterios xerais para a promoción na ESO).

O alumnado que no 2021-2022 cursase o segundo curso de educación secundaria obrigatoria nun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento poderá incorporarse de xeito automático ao primeiro curso dun programa de diversificación curricular no curso 2022-2023. Así mesmo, poderao facer quen finalizase o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria nun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento e non estea en condicións de acadar a promoción a cuarto curso, sempre que a incorporación ao programa lle permita obter o título dentro dos límites de idade establecidos no artigo 4.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta así mesmo a prolongación excepcional da permanencia na etapa que prevé a propia lei no artigo 28.5.

O equipo docente poderá propor que, para o curso 2022-2023, se incorporen ao primeiro curso dun programa de mellora de aprendizaxe e do rendemento as alumnas e os alumnos que finalicen o primeiro curso de educación secundaria obrigatoria no curso 2021‑2022 e que, repetindo algunha vez con anterioridade, non estean en condicións de acadar a promoción a segundo, se se estima que esta medida pode resultar conveniente para o seu progreso educativo. No curso 2023-2024 este alumnado poderá incorporarse de xeito automático ao primeiro curso dun programa de diversificación curricular.

B. Criterios xerais titulación ESO

Segundo o artigo 10.2 obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados. Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a 5.

b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou alumno adquirise as competencias establecidas.

c) Que a xuizo do equipo docente a alumna ou alumno alcanzase os obxectivos da etapa.

Co obxecto de fomentar a coherencia na toma de decisións, os distintos equipos docentes observarán, con respecto á titulación excepcional con materias suspensas, os seguintes criterios particulares que faciliten a realización dunha análise da situación de cada alumna/o ao respecto da adquisición das competencias da etapa e do logro dos obxectivos da mesma:

  • Non ter incorrido ou continuado co abandono dalgunha materia:

    • Non traer o material necesario para o desenvolvemento das actividades de clase

    • Negarse a facer as tarefas de clase e non participar habitualmente nas actividades propostas

    • Presentación de exames en branco ou cun contido tan escaso que faga supoñer a non preparación da proba.

    • No caso de abandono de materia, o profesorado deberá comunicar ás familias ao longo do curso (empregando o modelo dispoñible na xefatura de estudos) as circunstancias que están levando ao alumno/a a incorrer na consideración de abandono, co obxecto de corrixir esa actitude.

Para estimar a madurez do alumnado e os logros no que respecta ás competencias e obxectivos da etapa sencundaria, o equipo docente terá en conta os seguintes aspectos demostrados:

  • Esforzo.

  • Interese.

  • Atención.

  • Evolución e superación ao longo do curso. En concreto:

    • Constancia e dedicación ao estudo.

    • Asistencia regular a clase e aproveitamento desta.

    • Capacidade de traballo en grupo.

    • Puntualidade na entrega dos traballos e correcta presentación dos mesmos.

    • Presentación e utilización axeitada do material de traballo.

    • Esforzo para superar as dificultades.

    • Actitude solidaria, tolerante e de respecto cara ós demais.

A decisión de titulación nos casos de carácter excepcional corresponde ao equipo educativo do alumno/a por consenso. Se non o houbese, procederíase a votar, precisándose a maioría simple dos seus membros. Os membros do equipo docente do alumno/a non poderán absterse na votación. Aqueles profesores/as que participen na xunta de avaliación pero non impartan docencia na súa materia ao alumno/a obxecto da decisión, non participarán na votación.

C. Criterios xerais de promoción Bacharelato

Segundo o artigo 14: As alumnas e os alumnos acadarán a promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando superen as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo.

Para os efectos deste punto, só se computarán as materias que como mínimo a alumna ou o alumno deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que as alumnas e os alumnos poidan cursar máis materias do devandito bloque.

D. Criterios xerais titulación Bacharelato

Segundo o artigo 15:

  • Para obter o título de bacharel cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato.

  • Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título de bacharel por unha alumna ou un alumno que superase todas as materias agás unha, sempre que se cumpran ademais todas as condicións seguintes:

    • Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias e os obxectivos vinculados a ese título.

    • Que non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da alumna ou do alumno na materia.

    • Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.

    • Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata sexa igual ou superior a cinco. Neste caso, para os efectos do cálculo considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

  • O título de bacharel será único e expedirase con expresión da modalidade cursada e da nota media obtida, que se obterá calculando a media aritmética das cualificacións de todas as materias cursadas, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima.

  • Para os efectos do cálculo da nota media para o alumnado que cambia de modalidadeou de materia en segundo curso, só se terán en conta as cualificacións das materias cursadas que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata.

Continuidade entre materias de bacharelato

A superación das materias de segundo curso que se indican na seguinte taboa estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso indicadas, por implicar continuidade.

Continuidade materias

Non obstante o alumnado poderá cursar en segundo curso materias condicionadas á superación de materias non cursadas en 1º curso por algún dos seguintes procedementos:

a) Cursando como pendentes e superando as correspondentes materias de 1º curso.

  • As materias cursadas e superadas por este procedemento computarán en todos os casos como materias esixibles para a obtención do título.

b) Acreditando coñecementos previos suficientes.

  • O departamento correspondente deberá deseñar unha proba que sirva para acreditar a consecución dos criterios de avaliación e dos estándares para superar a materia de 1º curso. O profesor da materia de 2º curso deberá:

    • Aplicar a proba deseñada polo departamento “antes do comezo das actividades lectivas”

    • Deixar constancia mediante dilixencia nos seguintes documentos:

      • Historial Académico.

      • Expediente Académico.

      • Informe persoal por traslado (se fóra o caso).

As materias acreditadas por este procedemento NON COMPUTARÁN en ningún caso como materias esixibles para reunir as condicións necesarias para obter o título. (Artigo 23º da Resolución do 20/7/2017)

E. Criterios xerais de promoción na Formación Profesional de Grao Medio ou Superior

  • O alumnado poderá formalizar a matrícula no segundo curso cando teña superados todos os módulos do primeiro curso ou se a suma da duración do módulo ou dos módulos pendentes non supera as 300 horas.

  • Cando un alumno ou unha alumna non logren a promoción deberán repetir os módulos profesionais non superados.

  • Poderase formalizar unha terceira ou unha cuarta matrícula do mesmo curso no mesmo centro, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera.

Repetición

Os alumnos e as alumnas, sen superar o prazo máximo establecido de permanencia, poderán repetir cada curso unha soa vez como máximo, aínda que excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo do informe favorable do equipo docente.

  • O alumnado que non cumpra os requisitos de promoción ao segundo curso deberá repetir o primeiro curso na súa totalidade.

  • O alumnado repetidor do segundo curso do ciclo matricularase dos módulos pendentes de segundo curso e, de ser o caso, dos módulos pendentes de primeiro curso.

  • O centro organizará para este alumnado un plan específico personalizado, orientado á superación das dificultades detectadas no curso anterior, de acordo co que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

F. Criterios xerais de titulación na Formación Profesional de Grao Medio ou Superior

  • Na avaliación final de ciclo, o equipo docente realizará a proposta de título para o alumnado que obtivese cualificación positiva en todos os módulos do ciclo.

  • O alumnado que despois da avaliación final de ciclo teña pendente exclusivamente a FCT poderá matricularse en calquera dos períodos establecidos na súa normativa reguladora.

  • Ao remate de cada un destes períodos realizarase unha avaliación final extraordinaria, en que se avaliará unicamente o módulo de FCT, e, de ser o caso, realizarase a proposta de título correspondente.

Criterios para a exclusión do convenio para a realización da FCT

Será excluído do convenio para a realización da FCT na correspondente convocatoria un alumno ou alumna cun número de faltas de asistencia, xustificadas ou non, do 10 % das horas da duración do módulo.

G. Criterios xerais de promoción Formación Profesional Básica

Ao remate do primeiro dos cursos do ciclo formativo e como resultado do proceso de avaliación, o equipo docente de cada grupo de alumnado, na sesión final extraordinaria, decidirá sobre a promoción a segundo curso.

O alumnado de primeiro curso terá promoción cando:

  • Superase todos os módulos nalgunha das convocatorias establecidas.

  • Os módulos profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20 % do horario semanal e superase o módulo de Comunicación e sociedade I ou o módulo de Ciencias aplicadas I.

Con todo, deberá matricularse destes módulos profesionais pendentes de primeiro curso.

Os centros docentes deberán organizar as consecuentes actividades de recuperación e avaliación dos módulos profesionais pendentes.

H. Criterios xerais de titulación Formación Profesional Básica

Na avaliación final de ciclo, o equipo docente realizará a proposta de título para o alumnado que obtivese cualificación positiva en todos os módulos do ciclo. Na convocatoria ordinaria de xuño, cando un alumno obteña avaliación positiva en todas as materias, será proposto para obter o Título da FPB.

O alumnado que despois da avaliación final de ciclo teña pendente exclusivamente a FCT poderá matricularse en calquera dos períodos establecidos na súa normativa reguladora.

Criterios para que o alumnado que obtén o título de FPB obteña tamén o título da ESO.

A decisión sobre a proposta para obter o título da ESO será tomada polo equipo docente preferiblemente por consenso. Si non fose posible, a decisión sobre a titulación dun alumno deberá ser adoptada por maioría absoluta do equipo docente ou maioría simple si por forza de causa maior, non todos os integrantes do equipo docente atopásense na sesión de avaliación. Neste caso a abstención non está permitida.

A cualificación final do título de ESO será a cualificación media obtida nos módulos asociados aos bloques comúns, Ciencias Aplicadas II e Comunicación e Sociedade II

Criterios para o acceso á FCT con módulos pendentes

O módulo de Formación en centros de traballo, con independencia do momento en que se realice, avaliarase logo de alcanzada a avaliación positiva nos módulos profesionais asociados ás unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no período de formación en centros de traballo correspondente.

Logo da avaliación final de módulos de segundo curso, o equipo docente poderá propor a realización da FCT ao alumnado con módulos non superados que non estean asociados a unidades de competencia: Comunicación e sociedade I ou II, ou Ciencias aplicadas I ou II.

O equipo docente asignaralle actividades de recuperación e seguimento para os módulos non superados, con indicación expresa da data en que serán avaliados, previa á avaliación final de ciclo.

Criterios para a exclusión do convenio para a realización da FCT

Será excluído do convenio para a realización da FCT na correspondente convocatoria un alumno ou alumna cun número de faltas de asistencia, xustificadas ou non, do 10 % das horas da duración do módulo.

M) Criterios xerais de outorgamento de matrículas de honra, de ser o caso

I. ESO

O alumnado que, despois da avaliación ordinaria do mes de xuño do cuarto curso, obtivese unha nota media da etapa igual ou superior a 9, poderá obter a distinción de matrícula de honra (MH).

Esta distinción concederase a un número non superior ao 5 %, ou fracción resultante superior a quince do conxunto do alumnado matriculado no centro educativo no cuarto curso.

En todo caso, esta distinción adoptarase conforme aos criterios previamente acordados e establecidos na Comisión de Coordinación Pedagóxica e consignarase nos documentos de avaliación mediante unha dilixencia específica.

  • No caso de que o número de alumnos que cumpran estes requisitos sexa superior ao número máximo de matrículas a conceder, fixado pola Consellería de Educación, seleccionaranse por orde descendente a partires da nota media da avaliación final, dende a máxima cualificación ata completar o número máximo de matrículas permitido.

  • No caso de atoparse varios alumnos coa mesma nota media e non dispoñer de cota de matrículas de honra para todos, procederase ao desempate atendendo aos seguintes criterios aplicados na orde que se indica de seguido:

  1. Número de sobresaíntes na avaliación final de 4º de ESO, excluida a Relixión.

  2. Nota media de 3º de ESO.

  3. Nota media das materias comúns de 4º de ESO.

  4. Nota media das materias comúns de 3º de ESO.

  5. Sorteo público en caso de persistir o empate, o día hábil seguinte á data de celebración das sesións de avaliación fina

II. Bacharelato

A concesión de matrículas de honra ao alumnado que finaliza os estudos de Bacharelato vén regulado dende a Consellería de Educación, fixando cada ano a nota media mínima esixible e o número máximo de matrículas que se poden conceder.

A selección dos alumnos que recibirán a matrícula de honra será determinada pola Xunta Avaliadora de acordo cos seguintes criterios:

  • Os alumnos de 2º de Bacharelato seleccionados para a concesión de matrícula de honra serán os que acaden unha nota media na sesión de avaliación final, que cumpra cos requisitos fixados pola Consellería de Educación.

  • No caso de que o número de alumnos/as que cumpran estes requisitos sexa superior ao número máximo de matrículas a conceder, fixado pola Consellería de Educación, seleccionaranse por orde descendente a partires da nota media da avaliación final, dende a máxima cualificación ata completar o número máximo de matrículas permitido.

  • No caso de atoparse varios alumnos/as coa mesma nota media e non dispoñer de cuota de matrículas de honra para todos, procederase ao desempate atendendo aos seguintes criterios aplicados na orde que se indica de seguido:

      1. Número de sobresalientes na avaliación final de 2º de Bacharelato, excluida a Relixión.

      2. Nota media de 1º de Bacharelato.

      3. Nota media das materias comúns de 2º de Bacharelato.

      4. Nota media das materias comúns de 1º de Bacharelato.

      5. Sorteo público en caso de persistir o empate, o día hábil seguinte á data de celebración das sesións de avaliación final.

III. Ciclos

As matrículas de honra concederanse seguindo a normativa establecida, tanto en cuanto aos requisitos que debe cumprir o alumnado como en cuanto ao número de distincións que se poden outorgar en cada curso ou nivel.

O número de matrículas de honra que se poderán conceder nun ciclo formativo nun curso académico será como máximo de dúas.

No caso de que o número de alumnos e alumnas matriculados con opción a titular nun curso académico sexa inferior a vinte, só se poderá conceder unha matrícula de honra.

En caso de empate entre dous alumnos/as, concederase ao que teña maior media no curso actual. En caso de empate nesta media, ao que teña maior media no curso anterior. Se continúa a haber empate, ao que teña maior media en 2º de Bacharelato e así sucesivamente nos cursos inferiores ata desfacer o empate.

N) As decisións e criterios xerais para a elaboración e avaliación das programacións

ESO e Bacharelato

Os Departamentos Didácticos que impartan materias na ESO e no Bacharelato seguirán un modelo unificado de Programación Didáctica, que será aportado pola Xefatura de Estudos.

Este modelo contará con elementos formais unificadores, como a portada, o membrete e logotipo oficial, a fonte, o espaciado, etc.

As programacións didácticas procurarán utilizar o modelo aportado pola Inspección Educativa e asumido polo centro.

Todas as programacións didácticas conterán como mínimo os elementos establecidos na normativa educativa que son os seguintes:

1. Marco Legal.

    • Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro (LOMCE) para a mellora da calidade educativa, que modifica en distintos aspectos a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

    • Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 29.06.15).

    • Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas da educación infantil, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.

    • Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de galicia para o curso 2021-2022.

2. Membros do departamento.

3. Introdución e contextualización.

4. Contribución da materia ás competencias básicas.

5. Obxectivos (etapa, materia).

6. Relación dos estándares avaliables que forman parte dos perfís competenciais (cadro relación obxectivos, contidos, estándares, criterios de avaliación, competencias clave).

7º. Temporalización dos estándares avaliables.

8º. Grao mínimo de consecución dos estándares avaliables para superar a materia.

9º concrecións metodolóxicas que require a materia

A) ensino presencial

B) ensino semipresencial (non procede no noso caso).

C) ensino non presencial

10º. Procedementos e instrumentos de avaliación. (instrucións do 30 de xullo:

A) ensino presencial

B) ensino semipresencial (non procede no noso caso).

C) ensino non presencial

11º materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar.

12º criterios sobre a avaliación e cualificación.

A) ensino presencial

B) ensino semipresencial (non procede no noso caso).

C) ensino non presencial

13º organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes.

14º organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato.

15º deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados.

16. Medidas de atención á diversidade.

A) Organización dos reforzos educativos prevendo a posibilidade de ensino non presencial.

B) Medidas de atención ao alumnado con dificultades dixitais.

17. Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente.

18. Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda.

19. Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada departamento didáctico.

20. Mecanismos de revisión, de avaliación e de modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.

Formación Profesional

Os departamentos que impartan materias de ciclos formativos e de FPB elaborarán as programacións didácticas dos módulos formativos a través da aplicación web ubicada na URL https://www.edu.xunta.es/programacions.

Os departamentos didácticos deseñarán os mecanismos necesarios para revisar e avaliar as súas programacións.

O) Criterios para a participación do cento en proxectos, plans e programas

Un centro educativo debe ser un lugar de intercambio, de traspaso de coñecemento, de sensacións, de experiencias, de vivencias… O profesorado forma pero tamén se forma e enriquece a través da práctica docente. Evolucionamos tanto no coñecemento da propia materia como nas metodoloxías e manexo de recursos que empregamos na aula ,así como tamén na maneira na que nos relacionamos e xestionamos o traballo en equipo. Boa parte destas actividades de innovación e calidade educativa introducímolas a través dos plans de formación en centro que nos permiten implementar nas aulas novas metodoloxías e participar en programas de mellora.

P) Procedemento para a revisión, avaliación e modificación da concreción curricular

O procedemento de revisión e modificación será continuo en función das novidades en materia de lexislación que se vaian publicando. Ademais, intentarase mantela sempre presente como instrumento eficaz, para a coordinación, xestión, programación curricular e favorecer un bo clima.

A súa publicitación e difusión, así como os resultados das revisión periódicas da mesma faranse a través da páxina web do centro.