Páxina principal

Alumnado e familias

Concreción curricular

Concreción curricular. Versión 23/05/2018

Regulamento

Decreto 133/2007, de 5 de julio. 🔗

Decreto 126/2008, de 19 de junio. 🔗

Artigos 89/92/63 dos ROCs

Fixa criterios e fai propostas: CCP

Aprobado en Claustro: xx/xx/20xx (acta)

Concreción anual: Programacións didácticas.

1. Adecuación dos obxectivos ao contexto socioeconómico e cultural do centro e do alumnado

A este I.E.S. acuden alumnos dos Concellos de Bóveda e de Pobra de Brollón para cursar os estudos de educación secundaria obrigatoria, ademais do alumnado da propia cidade de Monforte.

O nivel socio-económico-cultural dos alumnos do I.E.S. “Daviña Rey” é medio, sendo a súa procedencia, maioritariamente, do ámbito rural.

A contorna do centro, resulta unha contorna pouco industrializada, baseándose a súa economía principalmente, no sector servizos.

Os obxectivos para a ESO indicados na normativa (Decreto 86/2015, do 25 de xuño. Título I. Capítulo I. Artigo 10) considéranse adecuados ao contexto socioeconómico e cultural do centro e do alumnado.

Os obxectivos para Bacharelato indicados na normativa (Decreto 86/2015, do 25 de xuño. Título II. Capítulo II. Artigo 26) considéranse adecuados ao contexto socioeconómico e cultural do centro e do alumnado.

Os obxectivos para os ciclos formativos de grado medio e superior indicados na normativa (C.M. Coidados auxiliares de enfermaría: Decreto 61/1999, do 18 de febreiro. Anexo. 2.1 e 2.2. - C.M. Instalacións de telecomunicación: Decreto 178/2010, do 1 de outubro. Capítulo III. Artigo 9. - C.M. Electromecánica de vehículos automóbiles: Decreto 94/2011, do 28 de abril. Capítulo III. Artigo 9. - C.M. Atención a persoas en situación de dependencia: Decreto 226/2012, do 18 de outubro. Capítulo III. Artigo 9. - C.S. Sistemas de telecomunicación e informáticos: Decreto 210/2012, do 4 de outubro. Capítulo III. Artigo 9. - C.S. Educación infantil: Decreto 226/2008, do 25 de setembro. Capítulo III. Artigo 9) considéranse adecuados ao contexto socioeconómico e cultural do centro e do alumnado.

Os obxectivos para os ciclos de formación profesional básica indicados na normativa (C.B. Electricidade e Electrónica: Decreto 107/2014, do 4 de setembro. Anexo II. 3.1 - C.B. Mantemento de vehículos: Decreto 107/2014, do 4 de setembro. Anexo VI. 3.1) considéranse adecuados ao contexto socioeconómico e cultural do centro e do alumnado.

2. Decisións xerais sobre a metodoloxía e aportacións á consecución das competencias básicas

Liña metodolóxica xeral do centro

Non é conveniente unha liña metodolóxica estrita. Considérase máis axeitado e enriquecedor unha pluralidade permitindo que o profesor siga o método co que se sinta máis identificado. Impor unha liña determinada ao profesor discrepante traería como consecuencia o sentimento de facer unha cousa allea.

Non obstante, coincídese nos seguintes puntos:

  • Desenvolvemento do espírito crítico

  • Fomentar e valorar o traballo continuado do alumnado: asistencia, participación na clase, no centro, elaboración do traballo persoal.

  • Orde e disciplina na vida académica (sen confundilo con rutina nin autoritarismo).

  • O diálogo co alumno como forma de implicalo no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento da vida académica.

Sobre o proceso de aprendizaxe

  • Facilitar técnicas de estudio axeitadas a cada área e un plan xeral de desenvolvemento desta.

  • Favorecer as actividades lectoras para a consecución dun hábito e actitude favorable cara ao libro:

    • Temas relacionados coa área (lectura).

    • Comentario de textos.

    • Consulta de libros e outras fontes de información.

  • Uso da prensa.

  • Coidar e fomentar a realización de traballos escritos, con atención a unha orde e boa presentación:

    • Plasmación do traballo de área nun caderno.

    • Realización de traballos de área individuais e grupais por escrito.

    • Realización de actividades de expresión escrita.

    • Procurar que o proceso de ensino-aprendizaxe sexa motivador e activo.

    • Debe fomentar un espírito cooperativo.

    • Hase de acadar que a aprendizaxe sexa significativa e personalizada.

O traballo basearase nunha metodoloxía activa, fomentando no alumnado unha actitude curiosa, crítica e investigadora que, mediante o traballo individual e colectivo, se converterá na base da súa formación e o capacitará para aprenderen a aprender e poderen seguir a facelo ao longo de toda a súa vida.

Desenvolverase o espírito crítico, a capacidade de discusión e a vontade colectiva de transformación da realidade social.

O labor educativo e disciplinario basearase no respecto mutuo, na responsabilidade, no diálogo, na reflexión, na colaboración e na solidariedade.

É practicamente imposible definir unha liña metodolóxica unitaria, dado que cada profesor, e especialmente cada materia segundo a súa propia natureza, aporta o seu propio estilo docente. Por isto, lonxe de establecer unha liña metodolóxica ríxida que non deixe posibilidades de maniobra, buscarase o equilibrio e a complementariedade de métodos didácticos diversos.

Buscaranse puntos de encontro entre eles primando:

  • A actividade práctica do alumnado, de tal xeito que:

    • Na ESO lle axude a desenvolver as súas competencias básicas como elemento primordial do currículo.

    • No Bacharelato lle axude a poñer en práctica os contidos dun xeito aplicado aos problemas que se lle plantexen.

    • Na Formación Profesional lle axude a desenvolver as competencias profesionais propias do ciclo formativo.

  • As aprendizaxes significativas, que lle axuden a construír o seu coñecemento.

  • A aprendizaxe por descubrimento do propio alumnado, que afiance con moita máis forza o aprendido e o motive a seguer a aprender.

  • A funcionalidade das aprendizaxes, para que o alumnado poida apreciar unha utilidade práctica neles.

  • A alternancia entre o traballo individual e o traballo en grupo, co fin de fomentar a reflexión individual á vez que as capacidades específicas para desenvolver o traballo en equipo.

Terase en conta en todo momento:

  • A finalidade educativa do propio método, que colabore á adquisición de elementos transversais ao currículo, especialmente os establecidos na normativa educativa

  • O principio de socialización, de xeito que a metodoloxía escollida non favoreza a exclusión de ningún alumno, senón ao contrario, a inclusión de todo o alumnado.

  • O respecto ao ritmo individual de aprendizaxe, para que cada alumno poida desenvolver as súas capacidades dun xeito seguro dentro da súa propia zona de desenvolvemento congnitivo.

Materiais curriculares

Na ESO, a medida que se avanza cara ao Bacharelato, fuxirase progresivamente do libro de texto como única fonte de información e iranse incorporando outras (apuntes, aula virtual do centro, aulas virtuais externas contratadas polo centro, repositorios de contidos, etc.)

Aínda así, en moitas materias, e especialmente nos cursos baixos da ESO, o libro de texto será o material curricular básico, dado que aporta organización clara dos contidos, ubicuidade e seguridade para as familias no seguimento da materia.

Os materiais e recursos necesarios para o desenvolvemento curricular de cada unha das materias será múltiple, incorporando aos de carácter tradicional outros innovadores que integren diferentes soportes instrumentais, con obxecto de fomentar no alumnado a procura crítica de fontes de diversa natureza e procedencia e desenvolva a capacidade de aprender en por si.

No exercicio da súa autonomía pedagóxica, corresponde á Comisión de Coordinación Pedagóxica establecer os criterios pedagóxicos para determinar os libros de texto e demais materiais e recursos de desenvolvemento curricular que haxan de utilizarse no desenvolvemento das diversos ensinos.

As decisións sobre a selección de materiais e recursos de desenvolvemento curricular corresponden aos departamentos de coordinación didáctica correspondentes de acordo cos criterios establecidos.

En todo caso deberán aterse ao currículo establecido para cada unha das materias e deberán adaptarse ao rigor científico adecuado ás idades do alumnado, deberán reflectir e fomentar o respecto aos principios, valores, liberdades.

Para levar a cabo dita selección, ademais da súa calidade obxectiva, teranse en conta todos os elementos curriculares que inciden nela. O profesorado, ademais do anterior, elaborará os seus propios recursos de desenvolvemento curricular.

Unha vez seleccionados estes materiais de desenvolvemento curricular, os departamentos didácticos encargaranse de dalos a coñecer de forma inequívoca aos alumnos e as súas familias a través dos taboleiros de anuncios e da páxina Web do centro. A tal fin respectaranse os prazos establecidos pola administración educativa para a súa publicación.

Os libros de texto adoptados para un determinado curso non poderán substituírse por outros durante un período mínimo de cinco anos.

Excepcionalmente e por razóns debidamente xustificadas, os libros de texto poderán substituírse antes dos cinco anos, previa autorización da Consellería de educación.

Para iso, a dirección do centro informará o Consello Escolar e remitirá a proposta realizada e o correspondente informe á Consellería.

Liberdade de cátedra

Os Departamentos Didácticos serán os responsables, a través das Programacións Didácticas, de harmonizar as decisións sobre a metodoloxía utilizada (así como o fan coa temporalización dos contidos, os métodos e instrumentos de avaliación, os criterios de cualificación e outros elementos da programación).

Deste xeito, a metodoloxía utilizada polo profesorado do departamento será basicamente a mesma e respectará, en todo caso, as liñas xerais establecidas neste Proxecto Educativo.

Tecnoloxías aplicadas ao coñecemento

Introdución na práctica docente dos medios audiovisuais e informáticos:

  • Recibindo formación nos novos medios audiovisuais e informáticos.

  • Incorporación progresiva destes medios na aula.

  • Planificación didáctica.

  • Elaboración de material didáctico con soporte audiovisual na medida en que haxa medios:

    • Imaxe fixa: diapositivas e retroproxección.

    • Imaxe en movemento: video.

Considérase como liña metodolóxica fundamental a utilización das Tecnoloxías Aplicadas ao Coñecemento (TAC), que é un concepto moito máis ambicioso que as antiguamente denominadas Novas Tecnoloxías ou Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).

Como consecuencia, utilizaranse os amplos recursos tecnolóxicos dispoñibles no centro:

  • Ultraportátiles do alumnado en todas as aulas de 1o e 2o de ESO (Proxecto Abalar).

  • Aulas con ordenadores de sobremesa para o alumnado (tres Aulas de informática).

  • Encerado dixital interactivo (EDI) en todas as aulas de ESO e Bacharelato.

  • Canóns proxectores en todas as aulas, sala de profesores, biblioteca e salón de actos.

  • Servidor de recursos educativos (Proxecto Abalar).

  • Aula virtual do centro.

  • Recursos externas contratados polo centro.

  • Etc.

3. Criterios para a incorporación, a través das distintas áreas e materias, da educación en valores

Obxectivos xerais

O centro debe procurar aos alumnos unha formación coas seguintes finalidades:

  • Formación integral, como persoas portadoras dos seus propios valores, que saiban desenvolverse e participar en sociedade.

  • Capacidade de tolerancia e respecto na comunidade escolar e na sociedade.

  • Capacidade de autoformación.

  • Capacidade de tomar as súas propias decisións.

  • Capacidade crítica e creativa. o Valoración e respecto da pluralidade (cultural, lingüística, política, relixiosa, ideolóxica, etc.).

  • Participación no centro na xestión e no desenvolvemento académico.

  • Propedéutica, acadando as capacidades que lle permitan:

    • Integrarse no mundo do traballo (sobretodo os de Formación Profesional).

    • Continuar os seus estudos no centro ou na universidade.

Condutas e hábitos a fomentar no alumnado

  • A participación e colaboración do alumnado na vida do centro.

  • O diálogo como forma de lograr un bo clima na vida académica.

  • O traballo en equipo.

  • Coordinados polos departamentos e profesores de talleres:

    • Realizar pequenas labores de mellora no centro (Electricidade, Electrónica, ...)

    • Realizar pequenas reparacións (que poidan servirlles deprácticas na súa especialidade).

    • A participación nas actividades extraescolares como unha forma de enriquecemento persoal.

    • Unha actitude de investigación.

    • A formación dun espíritu científico e tecnolóxico.

Coeducación

A decisión sobre a elección de estudos e matrícula é do alumnado, e considérase que a división en ramas masculinas e femininas e produto da sociedade.

Para fomentar a coeducación, propúgnase e tamén se impulsa:

  • A organización de actividades extraescolares en que participen tanto alumnos como alumnas sen discriminar as ramas. o O fomento das actividades interdisciplinares que proporcionen unha coeducación no centro:

  • Traballos en grupo. o Confección de periódicos. o Grupos de teatro. o Actividades deportivas. o Comemoracións e celebracións. o Actividades culturais.

4. Contribución da etapa á consecución das competencias clave

A ESO baséase na potenciación da aprendizaxe por competencias, integradas nos elementos curriculares. Trátase de fomentar unha renovación na práctica docente e no proceso de ensino e aprendizaxe, o cal implica:

  • Novos enfoques na aprendizaxe, que agora debe estar centrado no alumnado como descubridor, tomando o profesorado o papel de facilitador de estratexias de aprendizaxe e de procurador de contidos.

  • Novos enfoques na avaliación, o que supón un importante cambio nas tarefas que teñen que resolver os alumnos e as alumnas.

  • Propostas metodolóxicas innovadoras.

Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz.

As competencias desenvolveranse a través da práctica utilizando os saberes aportados polo coñecemento. Este coñecemento será adquirido na ESO a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, se poden desenvolver tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos non formais e informais. O coñecemento, en realidade, conceptualízanse como “un saber facer” que se aplica a unha diversidade de contextos educativos, sociais e profesionais.

Por todo o antedito, nesta etapa prestarase unha atención especial á adquisición e desenvolvemento das competencias básicas ou clave, e fomentarase especialmente a correcta expresión oral e escrita, e tamén o uso do pensamento matemático a nivel instrumental.

5. Criterios xerais sobre a avaliación do alumnado

A avaliación do alumnado realizarase conforme aos criterios establecidos no procedemento "PR85AVA. Avaliación", onde se atopa recollido o calendario de avaliacións, o informe individualizado do modelo pendente e as actas de control de grupos, así como o modelo de reclamación por parte do alumno.

Concepto de avaliación

  • Enténdese como un proceso.

  • Debe ser coñecido por pais e alumnos.

  • Individualizada.

  • Cunha finalidade formativa, sendo unha parte do proceso de ensino-aprendizaxe.

  • Aberta aos cambios

Contidos da avaliación

Realizarase unha avaliación continua contemplándose tres modalidades:

  • Avaliación inicial: Proporciona datos achega do punto de partida de cada alumno, proporcionando unha primeira fonte de información sobre os coñecementos previos e características persoais, que permiten unha atención ás diferenzas e unha metodoloxía adecuada.

  • Avaliación formativa: Concede importancia á evolución ao longo do proceso, conferindo unha visión das dificultades e progresos de cada caso.

  • Avaliación sumativa: Establece os resultados ao termo do proceso total de aprendizaxe en cada período formativo e a consecución dos obxectivos.

Estas avaliacións terán os seguintes caracteres:

  • Individualizada: Centrándose na evolución de cada alumno e na súa situación inicial e particularidades.

  • Integradora: Para o que contempla a existencia de diferentes grupos e situacións e a flexibilidade na aplicación dos criterios de avaliación que se seleccionan.

  • Cualitativa: Na medida en que se aprecian todos os aspectos que inciden en cada situación particular e avalíanse de forma equilibrada os diversos niveis de desenvolvemento do alumno, non só os de carácter cognitivo.

  • Orientadora: Dado que achega ao alumno ou alumna a información precisa para mellorar a súa aprendizaxe e adquirir estratexias apropiadas.

Que avaliamos no proceso de aprendizaxe:

  • O proceso de traballo do alumno.

  • Os coñecementos e obxectivos acadados.

  • O progreso individual do alumno.

  • O propio proceso de avaliación, o seu deseño.

Proceso de avaliación

Unha avaliación inicial, ao principio do curso, para determinar os coñecementos previos.

  • Avaliarase:

    • Cualificacións dende primaria.

    • Problemas de aprendizaxe.

    • Ambiente familiar.

    • Ambiente de estudio.

    • Problemas de saúde.

  • Medios para recadar a información:

    • Recollida de documentación no proceso de matrícula pedindo as cualificacións escolares.

    • Petición de informes sobre problemas de aprendizaxe detectados, aos centros anteriores de onde procedan .

    • Recollida de datos polo titor (cualificacións, problemas de aprendizaxe, ambiente familiar).

    • Recollida de datos do Orientador en colaboración co titor.

Tres sesións de avaliación mais unha final, onde se avaliará en base ós seguintes criterios xerais:

Observación directa de:

  • Interese polo traballo.

  • Participación no traballo:

    • Na propia aula.

    • Fora dela.

    • Relación cos compañeiros.

    • Hábitos de traballo: se é ordenado, remata o traballo, ...

  • Caderno de traballo do alumno:

    • Expresión escrita.

    • Hábito de traballo.

    • Adquisición de conceptos.

    • Manexo de fontes de información.

  • Actividades de aprendizaxe:

    • Como traballa.

    • Aplicación dos coñecementos.

    • Contidos procedimentais adquiridos.

    • Probas escritas e orais específicas de cada área.

Sesión de avaliación

O desenvolvemento do proceso da sesión de avaliación e os temas que se abordan son:

  • Resultados globais.

  • Resultados por materia.

  • Problemas de aprendizaxe individuais detectados.

  • Problemas de aprendizaxe do grupo.

  • Problemas conductuais.

  • Individuais.

  • Do grupo.

  • Aspectos da personalidade: integración do alumno no grupo.

  • A metodoloxía empregada no proceso de ensino-aprendizaxe:

    • Metodoloxía empregada.

    • Adaptación ao nivel do grupo.

    • Tipo de proba.

Información do proceso de ensino e aprendizaxe

É un dereito dos pais e alumnos estar informados do proceso de aprendizaxe, da metodoloxía empregada, o desenvovlemento académico e as actividades no centro.

A titoría pon a disposición dos pais e alumnos os horarios (explicitándose as horas de visita) de:

  • Titoría.

  • Xefatura de Estudos.

  • Departamento de Orientación.

  • Remite o horario lectivo do alumno aos pais.

  • acilita aos pais información sobre o progreso do alumno.


  • Facilita información aos pais e alumnos do funcionamento do centro.

Informes de avaliación

Recoñécese o dereito e a importancia de que pais e alumnos estean informados do proceso de avaliación do alumno.

A titoría:

  • Remite os boletíns e informes de avaliación aos pais e alumnos.

  • Na titoría, cos alumnos avalíase o proceso de ensino-aprendizaxe e o de avaliación.

  • Recibe aos pais para facilitarlles información.

O profesor:

  • Facilita a información ao titor. o Informa ao alumno sobre o proceso de avaliación na súa materia.

  • Recibe aos pais para informarlos de proceso de ensino e avaliación na súa materia.

Todos os departamentos didácticos seguerán as seguintes indicacións con respecto á avaliación do alumnado:

  • Con respecto ás programacións didácticas:

    • As concrecións curriculares das materias e módulos profesionais construiranse a partir dos criterios de avaliación, ligándoos cos demais compoñentes de cada materia:

    • Os criterios de avaliación relacionaranse directamente cos estándares de aprendizaxe, que non son máis que concrecións dos propios criterios.

    • Eses estándares de aprendizaxe conectaranse coas competencias clave.

    • Os criterios de avaliación describirán o que se pretende lograr en cada disciplina (neste sentido, os contidos non son máis que os medios para alcanzalos).

    • Nas programacións explicaranse claramente os procedementos e os instrumentos de avaliación, así como os criterios de cualificación que permitan avaliar tanto os resultados da materia como o nivel competencial alcanzado polos alumnos e as alumnas.

    • Nas programacións aparecerán claramente expostos os procedementos e instrumentos de avaliación, así como os criterios de cualificación das materias pendentes.

    • Nas programacións explicarase con claridade o procedemento para recuperar as partes suspensas das materias cursadas nese momento, así como os procedementos, instrumentos de avaliación e criterios de cualificación para levalo a cabo.

  • Con respecto á información ao alumnado e aos seus pais, nais, titores e titoras legais:

    • Os Xefes de Departamento responsabilizaranse de que todo o alumnado e os seus responsables legais coñecen cales serán os procedementos e instrumentos de avaliación, así coma os criterios de cualificación das materias e módulos profesionais impartidos por ese departamento.

    • Aseguraranse tamén de que o alumnado con materias pendentes coñece o procedemento para recuperalas e cal é o profesor responsable da avaliación destas materias (que será o mesmo que lle imparte a materia do curso actual no que está matriculado e, de non cursala, o Xefe do Departamento).

  • Con respecto aos momentos e tipos de avaliación:

    • Farase sempre unha avaliación inicial do alumnado no primeiro mes do curso, seguindo o procedemento establecido en cada programación didáctica.

    • Ao longo do curso a avaliación será contínua e formativa. A súa función principal, lonxe da de cualificar meramente ao alumnado, será a detección das deficiencias na aprendizaxe do propio alumno ou alumna, para que poida solucionalas e subsanalas.

    • Informarase aos pais, nais, titores e titoras legais dos progresos do alumno ou alumna.

    • Esta información será dada como mínimo a través dos tres boletíns de cualificacións ao final de cada trimestre, pero atenderase aos responsables legais sempre que estes o demanden, para facilitarlles información sobre o proceso educativo do seu fillo ou filla en calquera momento do curso.

  • Con respecto aos procedementos e instrumentos de avaliación:

    • Utilizarase, na medida do posible unha variedade suficiente de procedementos e instrumentos de avaliación en cada materia ou módulo, co fin de poder avaliar os diferentes tipos de aprendizaxe e as diferentes competencias clave ou profesionais.

Educación Secundaria Obrigatoria

Na avaliación final de cada curso realizarase unha valoración das competencias clave.

Os resultados reflectiranse no consello orientador, expresándose nos termos de:lnsuficiente (IN), para as cualificacións negativas, e Suficiente (SU), Ben (BE), Notable (NT) ou Sobresaliente (SB), para as cualificacións positivas.

Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento

A avaliación do alumnado nos ámbitos que conforman o programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento terá como referente fundamental as competencias e os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, así como os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables.

Esta avaliación será continua e diferenciada, segundo os ámbitos do programa e as materias.

O alumnado do programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento será avaliado polo profesorado que imparte cada un dos ámbitos e materias, baixo a coordinación do profesorado titor do programa e do profesorado titor do grupo de referencia.

As cualificacións dos ámbitos realizaranse nos mesmos termos que as materias.

Bacharelato

Segundo o DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua e diferenciada segundo as materias, terá un carácter formativo e será un instrumento para a mellora tanto dos procesos de ensino como dos procesos de aprendizaxe.

Estableceranse as medidas máis adecuadas para que as condicións de realización das avaliacións, incluída a avaliación final de etapa, se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo; estas adaptacións non se terán en conta en ningún caso para minorar as cualificacións obtidas.

O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o que establecerá indicadores de logro nas programacións didácticas.

O profesorado de cada materia decidirá, ao termo do curso, se o alumno ou a alumna lograron os obxectivos e alcanzaron o adecuado grao de adquisición das competencias correspondentes.

O equipo docente, constituído en cada caso polos profesores e as profesoras do/da estudante, coa coordinación do/da titor/a, valorará a súa evolución no conxunto das materias.

Ciclos Formativos e Formación Profesional Básica

Con carácter xeral, na avaliación e no desenvolvemento dos procesos de avaliación aplicarase o establecido nos artigos 25, 26, 27, 28, 38 e 39 da Orde do 12 de xullo de 2011.

A avaliación dos alumnos e as alumnas terá carácter continuo, formativo e integrador, permitirá orientar as súas aprendizaxes e as programacións educativas, e realizarase por módulos profesionais.

A avaliación estará adaptada ás necesidades e á evolución dos alumnos e das alumnas, nomeadamente no caso de persoas en situación de discapacidade, para as cales se incluirán medidas de accesibilidade que garantan unha participación non discriminatoria nas probas de avaliación.

O módulo de Formación en centros de traballo, con independencia do momento en que se realice, avaliarase logo de alcanzada a avaliación positiva nos módulos profesionais asociados ás unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no período de formación en centros de traballo correspondente.

No primeiro curso do ciclo realizarase as seguintes avaliacións:

a) Tres avaliacións parciais.

b) Avaliación final de módulos, que se realizará coincidindo coa finalización das actividades lectivas.

c) Avaliación final extraordinaria para o alumnado con módulos pendentes da avaliación final de módulos, que se realizará nas datas que se establezan na orde pola se aprobe o calendario escolar para cada curso

No segundo curso do ciclo realizaranse as seguintes avaliacións:

a) Dúas avaliacións parciais de módulos.

b) Avaliación final de módulos, que se realizará con anterioridade ao período establecido con carácter xeral para a realización da FCT.

c) Avaliación final de ciclo, que se realizará coincidindo coa finalización das actividades lectivas.

Na sesión de avaliación final de módulos, o equipo docente tomará as decisións sobre a superación de módulos de segundo curso e, de ser o caso, superación dos módulos de primeiro curso pendentes.

No horario previsto para a docencia dos módulos, o alumnado que non realice a FCT no período establecido con carácter xeral poderá recuperar os módulos pendentes de primeiro e/ou segundo curso neste mesmo período.

Para este fin, o equipo docente asignaralle actividades de recuperación para os módulos non superados, con indicación expresa da data en que serán avaliados.

Na avaliación final de ciclo, o equipo docente realizará a proposta de título para o alumnado que obtivese cualificación positiva en todos os módulos do ciclo.

O alumnado que despois da avaliación final de ciclo teña pendente exclusivamente a FCT poderá matricularse en calquera dos períodos establecidos na súa normativa reguladora.

Ao remate de cada un destes períodos realizarase unha avaliación final extraordinaria, en que se avaliará unicamente o módulo de FCT, e, de ser o caso, realizarase a proposta de título correspondente.

Na avaliación final de ciclo da FPB, o equipo docente realizará a proposta de título da ESO para o alumnado que fose proposto para obter o Título da FPB, a decisión sobre a proposta para obter o título da ESO será tomada polo equipo docente.

6. Criterios xerais sobre a promoción e titulación do alumnado

Os alumnos avaliados positivamente en todas as áreas promocionar, xa que isto supón que acadaron os obxectivos previstos para o curso.

No caso de avaliación negativa nalgunha área, atenderase á consecución dos obxectivos xerais para o curso co fin de decidir a súa promoción nos casos seguintes:

  • Insuficiencia nunha área ou dúas

    • Promociona se se acadan os obxectivos que lle permitan continuar os seus estudos no curso seguintes e se tamén:

      • Observa unha asistencia continuada a todas e cada unha das materias,

      • Non se da unha actitude negativa nas áreas do curso, o que implica a elaboración do caderno, actitude positiva.

  • Insuficiencia en tres áreas:

    • Isto presupón que non poderá continuar con aproveitamento o curso seguinte. Tan só promocionan no caso de que ademais da asistencia a clase e dunha actitude positiva se dea:

      • Unha capacidade de esforzo e ánimo de superación.

      • Unha moi boa actitude positiva cara o estudo.

Para o graduado en secundaria hanse de ter as capacidades que permitan seguir os estudos de Bacharelato ou Ciclos Formativos:

  • Cualificación positiva en todas as áreas.

  • Adquisición da capacidade de lectura comprensiva.

  • Capacidade de expresión oral e escrita.

  • Capacidade de síntese.

  • Adquisición dos contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais mínimos fixados como obxectivos na ESO.

Educación Secundaria Obrigatoria

Criterios de promoción en 4º ESO: decídese avaliar os futuribles casos de abandono da materia singularmente e no ámbito da propia avaliación.

Criterios xerais de promoción

As decisións sobre a promoción de curso de un alumno ou alumna serán adoptadas de xeito colexiado polo conxunto de profesores e profesoras do alumno ou alumna respectivo.

O alumnado promocionará de curso cando teña avaliación negativa en dúas materias como máximo, e repetirá curso cando teña avaliación negativa en:

  • Tres ou máis materias.

  • Soamente en dúas materias, cando estas sexan de forma simultánea: Lingua castelá e literatura e Matemáticas / Lingua galega e literatura e Matemáticas

De xeito excepcional, autorizarase a promoción dun alumno ou alumna con avaliación negativa en tres materias, cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:

  • Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente: Lingua castelá e literatura e Matemáticas o Lingua galega e literatura e Matemáticas

  • Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non impide ao alumno ou alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica.

Autorizarase de xeito excepcional a promoción dun alumno ou alumna con avaliación negativa en dúas materias que sexan de forma simultánea Lingua castelá e literatura e Matemáticas, ou Lingua galega e literatura e Matemáticas, cando o equipo docente considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica.

Esta decisión competerá única e exclusivamente ao profesorado que imparte clase a ese alumno ou alumna, e para tomala analizará as circunstancias individuais do alumno ou alumna, sen ter en conta outras consideracións.

A estes efectos, as materias coa mesma denominación en diferentes cursos da Educación Secundaria Obrigatoria consideraranse como materias distintas.

No cómputo das materias para efectos de promoción, consideraranse tanto as materias non superadas do propio curso como as de cursos anteriores.

Coa finalidade de lle facilitar ao alumnado a recuperación das materias con avaliación negativa, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará as condicións e regulará o procedemento para que os centros organicen as oportunas probas extraordinarias en cada un dos cursos. As probas extraordinarias realizaranse no mes de setembro.

O alumnado que promocione sen ter superadas todas as materias seguirá un programa de reforzo educativo destinado a recuperar as aprendizaxes non adquiridas.

O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa.

Excepcionalmente, unha alumna ou alumno poderá repetir unha segunda vez en cuarto curso se non repetiu en cursos anteriores desta etapa.

As decisións do equipo docente adoptaranse por maioría simple dos seus membros.

Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento

Poderán incorporarse aos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento as alumnas e os alumnos que presenten dificultades relevantes de aprendizaxe, e foran obxecto doutras medidas de atención á diversidade, sen que estas resultasen suficientes para a recuperación das dificultades de aprendizaxe detectadas.

Tamén poderán incorporarse aos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento as alumnas e os alumnos que se atopen nalgunha das seguintes situación:

  • Alumnado que teña cursado por primeira vez o primeiro curso da ESO, tendo repetido en Primaria, ou que cursou por segunda vez o primeiro curso da ESO e non está encondicións de promocionar ao segundo curso da ESO; poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo dos cursos segundo e terceiro.

  • Alumnado que teña cursado por primeira vez o segundo curso da ESO e non está en condicións de promocionar ao terceiro curso da ESO, tendo repetido en Primaria e/ou en primeiro curso da ESO; poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.

  • Alumnado que teña cursado por segunda vez o segundo curso da ESO, e non está en condicións de promocionar ao terceiro curso da ESO, poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.

  • Con carácter excepcional, alumnado que teña cursado por primeira vez o terceiro curso da ESO e non está en condicións de promocionar ao cuarto curso da ESO, sen ter repetido ou tendo repetido unha vez na etapa, poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do terceiro curso.

O alumnado que curse o programa de mellora da aprendizaxe e o rendemento promocionará ao cuarto curso se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa.

Non obstante, poderá promocionar o alumnado que, tendo superados os ámbitos lingüístico e social e científico e matemático, teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, e de maneira excepcional en tres, sempre que o equipo docente considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa. Para estes efectos, o ámbito de linguas estranxeiras terá a consideración dunha materia.

O alumnado poderá permanecer un ano máis no segundo curso do programa, sempre que o equipo docente considere esta medida como a máis adecuada para cursar cuarto curso da educación secundaria obrigatoria pola vía ordinaria, e obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Criterios xerais de titulación

O alumnado que supere todas as materias da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

O alumnado cunha, dúas, ou excepcionalmente con tres materias suspensas, poderán titular se acadan as oito competencias básicas e se logran os obxectivos de etapa.

Para establecer un procedemento coordinado nestes casos, na avaliación extraordinaria seguerase o seguinte protocolo:

  • O equipo docente que esté a avalialo consensuará se logra os obxectivos xerais de etapa.

  • O equipo docente deberá decidir se acada as sete competencias clave, para o cal irá analizando individualmente unha a unha do seguinte xeito:

    • O profesorado do equipo docente, nun primeiro momento consensuará, para cada unha das competencias básicas, se o alumno/a a ten adquirida ou non.

No caso de non acadar consenso, considerarase que o alumno/a acada unha determinada competencia cando o profesorado da metade máis unha das materias que estea a cursar considere que ten adquirida esa competencia.

O alumno/a deberá ter adquiridas todas e cada unha das competencias básicas para poderen titular.

Para os efectos de titulación, computaranse como materias con avaliación negativa tanto as suspensas do propio curso como as de cursos anteriores.

As materias coa mesma denominación en diferentes cursos consideraranse como materias distintas.

Criterios para a concesión de matrículas de honra

O alumnado que, despois da avaliación ordinaria do mes de xuño do cuarto curso, obtivese unha nota media da etapa igual ou superior a 9, poderá obter a distinción de matrícula de honra (MH).

Esta distinción concederase a un número non superior ao 5 %, ou fracción resultante superior a quince do conxunto do alumnado matriculado no centro educativo no cuarto curso.

En todo caso, esta distinción adoptarase conforme os criterios previamente acordados e establecidos na Comisión de Coordinación Pedagóxica e consignarase nos documentos de avaliación mediante unha dilixencia específica.

a) En caso de que o número de alumnos que cumpran estes rquisitos sexa superior ó número máximo de matrículas a conceder, fixado pola Consellería de Educación, seleccionaranse por orde descendente a partires da nota media da avaliación final, dende a máxima cualificación ata completar o número máximo de matrículas permitido.

b) En caso de atoparse varios alumnos coa mesma nota media e non dispoñer de cuota de matrículas de honra para todos, procederase ó desempate atendendo ós seguintes criterios aplicados na orde que se indica de seguido:

1. Número de sobresaíntes na avaliación final de 4º de ESO, excluida a Relixión.

2. Nota media de 3º de ESO.

3. Nota media das materias comúns de 4º de ESO.

4. Nota media das materias comúns de 3º de ESO.

5. Sorteo público en caso de persistir o empate, o día hábil seguinte á data de celebración das sesións de avaliación final.

Plan específicos para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso

O alumnado que non promocione permanecerá un ano máis no mesmo curso.

O centro organizará para este alumnado un plan específico personalizado, orientado á superación das dificultades detectadas no curso anterior, de acordo co que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O alumnado que acceda a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento con materias pendentes de cursos anteriores realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalas ao longo do desenvolvemento do programa, e a avaliación será competencia do profesorado que o imparta, coa colaboración dos departamentos implicados.

Bacharelato

Criterios xerais de promoción

Segundo o DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os alumnos e as alumnas terán promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando teñan superadas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias, como máximo.

En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro, só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna deben cursar en cada un dos bloques.

Os alumnos e as alumnas poderán repetir cada un dos cursos de bacharelato unha soa vez como máximo, aínda que excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente.

A consellería con competencias en materia de educación establecerá as condicións nas que un alumno ou unha alumna que cursasen o primeiro curso de bacharelato nunha determinada modalidade poidan pasar ao segundo nunha modalidade distinta.

Os alumnos e as alumnas que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas, ou optar por repetir o curso completo.

Continuidade entre materias de bacharelato

A superación das materias de segundo curso que se indican na seguinte taboa estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso indicadas, por implicar continuidade.

Taboa1

Non obstante o alumnado poderá cursar en segundo curso materias condicionadas á superación de materias non cursadas en 1º curso por algún dos seguintes procedementos:

a) Cursando como pendentes e superando as correspondentes materias de 1º curso.

  • As materias cursadas e superadas por este procedemento computarán en todos os casos como materias esixibles para a obtención do título.

b) Acreditando coñecementos previos suficientes.

  • O departamento correspondente deberá deseñar unha proba que sirva para acreditar a consecución dos criterios de avaliación e dos estándares para superar a materia de 1º curso.

  • O profesor da materia de 2º curso deberá:

    • Aplicar a proba deseñada polo departamento “antes do comezo das actividades lectivas”

    • Deixar constancia mediante dilixencia nos seguintes documentos:

      • Historial Académico

      • Expediente Académico

      • Informe persoal por traslado (se fóra o caso)

As materias acreditadas por este procedemento NON COMPUTARÁN en ningún caso como materias esixibles para reunir as condicións necesarias para obter o título. (Artigo 23º da Resolución do 20/7/2017)

Criterios xerais de titulación

Segundo o DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para obter o título de bacharel será necesaria a superación da avaliación final de bacharelato, así como unha cualificación final de bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación:

a) Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en bacharelato.

b) Cun peso do 40 %, a nota obtida na avaliación final de bacharelato.

Así mesmo, conforme o disposto nos artigos 44.4 e 50.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, respectivamente, os alumnos e as alumnas que estean en posesión dun título de técnico ou de técnico superior, ou de técnico das ensinanzas profesionais de música ou de danza, poderán obter o título de bacharel pola superación da avaliación final de bacharelato en relación coas materias do bloque de materias troncais que como mínimo se deban cursar na modalidade e na opción que escolla o alumno ou a alumna.

Criterios para a concesión de matrículas de honra

A concesión de matrículas de honra ao alumnado que finaliza os estudos de Bacharelato vén regulado dende a Consellería de Educación, fixando cada ano a nota media mínima esixible e o número máximo de matrículas que se poden conceder.

A selección dos alumnos que recibirán a matrícula de honra será determinada pola Xunta Avaliadora de acordo cos seguintes criterios:

  • Os alumnos de 2º de Bacharelato seleccionados para a concesión de matrícula de honra serán os que acaden unha nota media na sesión de avaliación final, que cumpra cos requisitos fixados pola Consellería de Educación.

  • En caso de que o número de alumnos que cumpran estes requisitos sexa superior ó número máximo de matrículas a conceder, fixado pola Consellería de Educación, seleccionaranse por orde descendente a partires da nota media da avaliación final, dende a máxima cualificación ata completar o número máximo de matrículas permitido.

  • En caso de atoparse varios alumnos coa mesma nota media e non dispoñer de cuota de matrículas de honra para todos, procederase ó desempate atendendo ós seguintes criterios aplicados na orde que se indica de seguido:

    1. Número de sobresaíntes na avaliación final de 2º de Bacharelato, excluida a Relixión.

    2. Nota media de 1º de Bacharelato.

    3. Nota media das materias comúns de 2º de Bacharelato.

    4. Nota media das materias comúns de 1º de Bacharelato.

    5. Sorteo público en caso de persistir o empate, o día hábil seguinte á data de celebración das sesións de avaliación final.

As matrículas de honra concederanse seguindo a normativa establecida, tanto en cuanto aos requisitos que debe cumprir o alumnado como en cuanto ao número de distincións que se poden outorgar en cada curso ou nivel.

En caso de empate entre dous alumnos/as, concederase ao que teña maior media no curso actual. En caso de empate nesta media, ao que teña maior media no curso anterior. Se continúa a haber empate, ao que teña maior media en 4º de ESO e así sucesivamente nos cursos inferiores ata desfacer o empate.

Plan específicos para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso

O alumnado que non promocione permanecerá un ano máis no mesmo curso.

O centro organizará para este alumnado un plan específico personalizado, orientado á superación das dificultades detectadas no curso anterior, de acordo co que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Criterios para a perda de avaliación continua

Cando o número de faltas inxustificadas dun alumno acade unha determinada cifra, pode producirse á perda do seu dereito á avaliación continua no Bacharelato.

Os criterios para proceder ao apercibimento ou á perda do dereito á avaliación continua/baixa, detállanse a continuación:

  • A perda da avaliación continua compútase en base a un número de horas semanais da materia (N)

  • O número máximo de faltas inxustificadas permitidas, a partires do que hai perda de avaliación continua/baixa, é a cifra (4xN)

Realizarase un apercibimento de que se vai perder a avaliación continua/baixa cando o número de faltas inxustificadas acada o 50% do número máximo de faltas inxustificadas permitidas.

Cando un alumno acade a cifra de faltas de apercibimento, o profesor informará ó titor de tal situación para que envíe apercibimento ós pais/titores.

O titor enviará apercibimento de tal situación ós pais/titores, por correo certificado e acuse de recibo, quedando constancia no rexistro da secretaría.

Cando un alumno acade a cifra de faltas de perda de avaliación continua/baixa, o profesor informará ó titor de tal situación.

O titor valorará xunto co profesor e o Xefe de estudos a aplicación de tal medida para, se procede, enviar comunicación ós pais/titores, quedando constancia no rexistro da secretaría.

Ciclos Formativos

Criterios xerais de promoción

O alumnado poderá formalizar a matrícula no segundo curso cando teña superados todos os módulos do primeiro curso ou se a suma da duración do módulo ou dos módulos pendentes non supera as 300 horas.

Cando un alumno ou unha alumna non logren a promoción deberán repetir os módulos profesionais non superados.

Poderase formalizar unha terceira ou unha cuarta matrícula do mesmo curso no mesmo centro, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera.

Criterios xerais de titulación

Na avaliación final de ciclo, o equipo docente realizará a proposta de título para o alumnado que obtivese cualificación positiva en todos os módulos do ciclo.

O alumnado que despois da avaliación final de ciclo teña pendente exclusivamente a FCT poderá matricularse en calquera dos períodos establecidos na súa normativa reguladora.

Ao remate de cada un destes períodos realizarase unha avaliación final extraordinaria, en que se avaliará unicamente o módulo de FCT, e, de ser o caso, realizarase a proposta de título correspondente.

Criterios para a concesión de matrículas de honra

As matrículas de honra concederanse seguindo a normativa establecida, tanto en cuanto aos requisitos que debe cumprir o alumnado como en cuanto ao número de distincións que se poden outorgar en cada curso ou nivel.

O número de matrículas de honra que se poderán conceder nun ciclo formativo nun curso académico será como máximo de dúas.

No caso de que o número de alumnos e alumnas matriculados con opción a titular nun curso académico sexa inferior a vinte, só se poderá conceder unha matrícula de honra.

En caso de empate entre dous alumnos/as, concederase ao que teña maior media no curso actual. En caso de empate nesta media, ao que teña maior media no curso anterior. Se continúa a haber empate, ao que teña maior media en 2o de Bacharelato e así sucesivamente nos cursos inferiores ata desfacer o empate.

Criterios para a perda de avaliación continua

Conforme se determina no artigo 25 da Orde do 12 de xullo de 2011, o número de faltas que implica a perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo será do 10 % respecto da súa duración total.

Para os efectos de determinación da perda do dereito á avaliación continua, o profesorado valorará as circunstancias persoais e laborais do alumno ou da alumna na xustificación desas faltas, cuxa aceptación será acorde co establecido no correspondente regulamento de réxime interior do centro.

Para tales efectos e con carácter previo, o centro enviará un apercibimento ao alumno ou á alumna cando as faltas de asistencia inxustificadas, nun determinado módulo superen o 6 % respecto da súa duración total.

Cando as faltas de asistencia alcancen a citada porcentaxe comunicarase a perda do dereito á avaliación continua.

En caso de que se produza a perda do dereito á avaliación continua, na secretaría do centro deberá quedar constancia do apercibimento e da comunicación da perda do dereito á avaliación continua.

Para o alumnado matriculado logo de iniciadas as actividades lectivas, non se terán en consideración as sesións previas á formalización da matrícula.

O alumnado que perdese o dereito á avaliación continua nun determinado módulo terá dereito a unha proba final extraordinaria previa á avaliación final de módulos correspondente.

Os modelos de apercibimento e a concreción do número de faltas ás que se emitirá o apercibimento, calculado en función do número de horas lectivas semanais da materia ou módulo, atópanse no documento de Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro.

Criterios para a exclusión do convenio para a realización da FCT

Será excluído do convenio para a realización da FCT na correspondente convocatoria un alumno ou alumna cun número de faltas de asistencia, xustificadas ou non, do 10 % das horas da duración do módulo.

Plan específicos para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso

O alumnado que non promocione permanecerá un ano máis no mesmo curso.

O centro organizará para este alumnado un plan específico personalizado, orientado á superación das dificultades detectadas no curso anterior, de acordo co que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Formación Profesional Básica

Criterios xerais de promoción

Ao remate do primeiro dos cursos do ciclo formativo e como resultado do proceso de avaliación, o equipo docente de cada grupo de alumnado, na sesión final extraordinaria, decidirá sobre a promoción a segundo curso.

O alumnado de primeiro curso terá promoción cando:

  • Superase todos os módulos nalgunha das convocatorias establecidas.

  • Os módulos profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20 % do horario semanal e superase o módulo de Comunicación e sociedade I ou o módulo de Ciencias aplicadas I.

Con todo, deberá matricularse destes módulos profesionais pendentes de primeiro curso.

Os centros docentes deberán organizar as consecuentes actividades de recuperación e avaliación dos módulos profesionais pendentes.

Criterios xerais de titulación

Na avaliación final de ciclo, o equipo docente realizará a proposta de título para o alumnado que obtivese cualificación positiva en todos os módulos do ciclo. Na convocatoria ordinaria de xuño, cando un alumno obteña avaliación positiva en todas as materias, será proposto para obter o Título da FPB. Na convocatoria extraordinaria de setembro, cando obteña avaliación positiva en todas as materias, será proposto para obter o Título da FPB.

O alumnado que despois da avaliación final de ciclo teña pendente exclusivamente a FCT poderá matricularse en calquera dos períodos establecidos na súa normativa reguladora.

Ao remate de cada un destes períodos realizarase unha avaliación final extraordinaria, en que se avaliará unicamente o módulo de FCT, e, de ser o caso, realizarase a proposta de título correspondente.

Criterios para que o alumnado que obtén o título de FPB obteña tamén o título da ESO.

A decisión sobre a proposta para obter o título da ESO será tomada polo equipo docente preferiblemente por consenso. Si non fose posible, a decisión sobre a titulación dun alumno deberá ser adoptada por maioría absoluta do equipo docente ou maioría simple si por forza de causa maior, non todos os integrantes do equipo docente atopásense na sesión de avaliación. Neste caso a abstención non está permitida.

A cualificación final do título de ESO será a cualificación media obtida nos módulos asociados aos bloques comúns, Ciencias Aplicadas II e Comunicación e Sociedade II

CRITERIOS para a obtención do título da ESO:

  1. Que o equipo docente considere que ten acadados os obxectivos e as competencias dá ESO

  2. Que demostre madurez académica, tendo en conta os seguintes criterios:

    • Que sexa capaz de expresarse de forma oral, gráfica e por escrito.

    • Que teña habilidade para utilizar números e operacións básicas que lle permitan resolver problemas relacionados coa vida cotiá e o mundo laboral.

    • Que sexa capaz de aprender de forma autónoma.

    • Que sexa capaz de vivir en sociedade, o que implica respectar as normas de convivencia do centro e asumir as súas responsabilidades como alumno.

Criterios para a perda de avaliación continua

As faltas de asistencia sen xustificar suporán a perda da avaliación continua se representan un 10% das horas lectivas dun curso académico.

Ao alcanzar o 6% de faltas inxustificadas, o profesor avisará desta circunstancia ao alumnado e aos seus pais, nais ou titores/as legais.

A perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo, regulado no artigo 25 da Orde do 12 de xullo de 2011, non será de aplicación ao alumnado de ciclos de formación profesional básica en idade de escolarización obrigatoria.

Os modelos de apercibimento e a concreción do número de faltas ás que se emitirá o apercibimento, calculado en función do número de horas lectivas semanais da materia ou módulo, atópanse no documento de Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro.

Criterios para o acceso á FCT con módulos pendentes

O módulo de Formación en centros de traballo, con independencia do momento en que se realice, avaliarase logo de alcanzada a avaliación positiva nos módulos profesionais asociados ás unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no período de formación en centros de traballo correspondente.

Logo da avaliación final de módulos de segundo curso, o equipo docente poderá propor a realización da FCT ao alumnado con módulos non superados que non estean asociados a unidades de competencia: Comunicación e sociedade I ou II, ou Ciencias aplicadas I ou II.

O equipo docente asignaralle actividades de recuperación e seguimento para os módulos non superados, con indicación expresa da data en que serán avaliados, previa á avaliación final de ciclo.

Criterios para a exclusión do convenio para a realización da FCT

Será excluído do convenio para a realización da FCT na correspondente convocatoria un alumno ou alumna cun número de faltas de asistencia, xustificadas ou non, do 10 % das horas da duración do módulo.

Plan específicos para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso

Os alumnos e as alumnas, sen superar o prazo máximo establecido de permanencia, poderán repetir cada curso unha soa vez como máximo, aínda que excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo do informe favorable do equipo docente.

O alumnado que non cumpra os requisitos de promoción ao segundo curso deberá repetir o primeiro curso na súa totalidade.

O alumnado repetidor do segundo curso do ciclo matricularase dos módulos pendentes de segundo curso e, de ser o caso, dos módulos pendentes de primeiro curso.

O centro organizará para este alumnado un plan específico personalizado, orientado á superación das dificultades detectadas no curso anterior, de acordo co que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

7. Liñas xerais de atención á diversidade

O posicionamento teórico do centro considera a atención á diversidade como uno dos eixes claves para conseguir as finalidades educativas . A atención á diversidade plantexase como un obxectivo para todo o centro e donde se implica todo o profesorado.

Requiere de unha serie de medidas tales como concienciación, dotación de medios materiais e recursos humanos, formación do profesorado e participación social.

No primeiro punto, da concienciación, conseguíuse co concepto de necesidades educativas especiais sexa considerado desde unha óptica aberta na que non so se fai referencia aos déficits dos alumnos con minusvalías, senón que abarca todas as diferencias curriculares en relación co grupo de idade independientemente da orixe individual, social ou de fracaso escolar na que se atope o alumno.

Os medios materiais e recursos humanos cos que conta o centro son escasos. Dende a óptica dos recursos humanos, o centro dispón dunha profesora de pedagoxía terapéutica, unha psicopedagoga e as horas que o EDE lle asigna aos profesores para adicarse a dar apoios ou ACIs.

Estes recursos resultan escasos si se quere profundizar e axudar ás necesidades dos alumnos, ademáis hai que ter en conta que estes últimos anos están matriculándose no colexio emigrantes, na que na maioría dos casos teñen un gran desfase curricular amén de outros aspectos persoais que deben de formar parte do apoio que reciben.

A pesar de esta escasez de recursos específicos, o Plan de Acción Titorial desenvolve e reforza a atención á diversidade, así como as planificacións dos distintos Ciclos e Departamentos didácticos.

Por último, a participación social, entendida como un compromiso da comunidade coa atención á diversidade require que as familias e os alumnos tomen posturas de apoio e colaboración.

A intervención educativa nestas etapas atende á diversidade do alumnado, é dicir, centrámonos nas actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe.

Ademais, pomos énfase na detección temperá do alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas da aprendizaxe, polas súas altas capacidades intelectuais, por incorporarse tardiamente ao sistema educativo, ou por condicións persoais ou de historia familiar.

A detección será efectuada no equipo educativo de cada grupo, asesorada polo departamento de orientación, nas reunións dos equipos docentes previstas no calendario escolar, nas sesións de avaliación, ou en cualquera momento no que se observe o problema.

Terase en conta a información recollida polos profesores na avaliación inicial, na marcha do curso, nos informes finais da avaliación dos anos anteriores (informe final da memoria), a avaliación psicopedagóxica e calquera dato relevante.

En canto se detecten dificultades de aprendizaxe nalgún alumno ou alumna, poñerase en funcionamento as medidas de reforzo educativo que se consideren máis convenientes e que poderán ser tanto organizativas como curriculares e serán valoradas entre o Departamento de Orientación, os profesores implicados, o equipo directivo e o equipo de orientación específica se é o caso.

Entre estas medidas encóntranse:

  • Apoio dentro do grupo ordinario.

  • Apoio ocasional fóra do grupo ordinario.

  • Os agrupamentos flexibles.

  • As adaptacións do currículo (ACI).

  • Os desdobramentos de grupo.

  • A oferta de materias optativas.

  • Outros programas de tratamento personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Cando un alumno se incorpora tardíamente ao sistema educativo por proceder doutros países ou por calquera outro motivo, para escolarizalo aténdese as súas circunstancias, coñecementos, idade e historial académico.

Para facer este estudio traballan e colaboración os profesores do alumno xunto coa orientadora, facendo unha avaliación inicial, entrevistas coa familia e co neno e unha avaliación psicopedagógica.

Cando presente graves carencias na lingua realizamos un programa de inmersión lingüística que é, simultáneo á escolarización nos grupos ordinarios, cos cales compartirá o maior tempo posible de horario semanal, nos termos que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os alumnos e alumnas que presenten un desfase no seu nivel de competencia curricular de máis dun ciclo son escolarizados nun curso inferior ao que lles correspondería por idade. Neste caso, adoptamos as medidas de reforzo educativo máis adecuadas para facilitar a súa integración escolar e a recuperación do desfase curricular. No suposto de superar o dito desfase, incorporaranse ao curso que lles corresponde pola súa idade.

A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais flexibilizarase de tal forma que se poida anticipar un curso o inicio da escolarización nesta etapa educativa ou reducir a súa duración cando se prevexa que estas son as medidas máis adecuadas para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa socialización, ou poderá enriquecerse o currículo, nos termos que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Alumnado con necesidades educativas especiais

Enténdese por alumnado que presenta necesidades educativas especiais aquel que requira, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves da conduta.

Para que este alumnado poida alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais e os obxectivos da etapa, establecense as medidas curriculares e organizativas oportunas que aseguren o seu adecuado progreso, dentro dos principios de inclusión e normalidade. Realizanse Adaptacións curriculares que se aparten significativamente dos contidos e criterios de avaliación do currículo, dirixidas a este alumnado con necesidades educativas especiais.

Medidas organizativas

Procedemento xeral de reparto do alumnado nos grupos

As medidas de atención á diversidade débense aplicar cun criterio de prioridade que vaia da máis xeral á máis particular, da que menos modifique a estrutura organizativa e curricular á que máis o faga.

Seguindo esta premisa, a primeira medida organizativa de atención á diversidade será o propio reparto do alumnado nos diferentes grupos. Co fin de ofrecer a maior transparencia con respecto a xeito no que se fai este proceso, especialmente de cara aos pais, nais, titores e titoras legais, explícase de seguido o protocolo levado a cabo:

1º e 2º de ESO

Características:

  • Ata 2 grupos de referencia (A, B).

  • 2 agrupamentos flexibles.

  • Ata 2 grupos de reforzo lingüístico.

Procedemento de reparto:

  • Asignar o alumnado con Transtornos Xeralizados do Desenvolvemento ao grupo no que teñan maior compatibilidade horaria, para facilitar a súa inclusión nel.

  • En 2º, asignar o Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR) a un grupo.

  • Asignar o alumnado de Historia e cultura das relixións a un mesmo grupo.

  • Ordenar o resto do alumnado por orde alfabética e repartilo nos grupos comezando polo A e seguindo polo resto ordeadamente ata o final.

  • Repartir o alumnado de Relixión católica proporcionadamente entre todos os grupos.

  • Repartir o alumnado de Atención educativa proporcionadamente entre todos os grupos.

  • Facer permutas entre o alumnado de todos os grupos para equilibrar o número dos alumnos e alumnas exentos de Segunda lingua estranxeira (que recibe reforzo lingüístico) e dos que van a un Agrupamento Flexible en catro materias.

  • Facer permutas entre o alumnado de todos os grupos para equilibrar o número de repetidores.

  • Facer permutas entre o alumnado en función de aspectos relacionados coa convivencia (rexistro de informes do curso anterior, círculos de protección, separación das vítimas dos agresores, etc.)

3º de ESO

Características:

  • Ata 2 grupos de referencia (A, B). o 1 grupo de Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR) con ata 10 alumnos.

  • Opción de Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas e de Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas. o 1 sección bilingüe de Xeografía e Historia en inglés.

Procedemento de reparto:

  • Asignar o alumnado con Transtornos Xeralizados do Desenvolvemento ao grupo no que teñan maior compatibilidade horaria, para facilitar a súa inclusión nel.

  • Asignar o alumnado do Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR) a un grupo.

  • Asignar o alumnado que participa nas seccións bilingües a un mesmo grupo.

  • Asignar o alumnado con Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas a un mesmo grupo.

  • Ordenar o resto do alumnado por orde alfabética e repartilo nos grupos comezando polo A e seguindo polo resto ordeadamente ata o final.

  • Repartir o alumnado de Relixión católica proporcionadamente entre todos os grupos.

  • Repartir o alumnado de Atención educativa proporcionadamente entre todos os grupos.

  • Facer permutas entre o alumnado de todos os grupos para equilibrar o número de repetidores.

  • Facer permutas entre o alumnado en función de aspectos relacionados coa convivencia (rexistro de informes do curso anterior, círculos de protección, separación das vítimas dos agresores, etc.)

4º de ESO

Características:

  • Ata 2 grupos de referencia (A, B). o 1 grupo de Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR) con ata 10 alumnos.

  • Opción de Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas e de Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas.

  • 1 sección bilingüe de Xeografía e Historia en inglés.

Procedemento de reparto:

  • Asignar o alumnado con Transtornos Xeralizados do Desenvolvemento ao grupo no que teñan maior compatibilidade horaria, para facilitar a sún inclusión nel.

  • Asignar o alumnado do Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR) a un grupo.

  • Asignar o alumnado que participa nas seccións bilingües a un mesmo grupo.

  • Asignar o alumnado con Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas a un mesmo grupo.

  • Ordenar o resto do alumnado por orde alfabética e repartilo nos grupos comezando polo A e seguindo polo resto ordeadamente ata o final.

  • Repartir o alumnado de Relixión católica proporcionadamente entre todos os grupos.

  • Repartir o alumnado de Atención educativa proporcionadamente entre todos os grupos.

1º de BACHARELATO

Características:

  • Ata 2 grupos de referencia: (A, B, C). o Modalidade de Ciencias e Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

  • Un dos grupos podería ser mixto con ambas as dúas modalidades.

Procedemento de reparto:

  • Ordenar o alumnado por orde alfabética.

  • Asignar todo o alumnado da modalidade de Ciencias no grupo 1ºB.

  • Asignar todo o alumnado da modalidade de Humanidades de Ciencias Sociais no o grupo 1ºA.

  • Se cómpre facer un grupo mixto, formarlo en 1ºC. Para iso, colocar nel aos últimos (alfabeticamente) que teñen Atención educativa.

2º de BACHARELATO

Características:

  • Ata 3 grupos de referencia: (A, B, C). o Modalidade de Ciencias e Modalidade de umanidades e Ciencias Sociais.

  • Un dos grupos podería ser mixto con ambas as dúas modalidades.

Procedemento de reparto:

  • Ordenar o alumnado por orde alfabética.

  • Asignar todo o alumnado da modalidade de Ciencias no grupo 2ºB.

  • Asignar todo o alumnado da modalidade de Humanidades de Ciencias Sociais no grupo 2ºA.

  • Se cómpre facer un grupo mixto, formarlo en 2ºC. Para iso, colocar nel aos últimos (alfabeticamente) que teñen atención educativa, ou ben ao alumnado que estea repetindo curso só con algunhas materias.

Medidas organizativas

ESO

Na ESO, as medidas organizativas adoptadas polo centro son as seguintes:

  • Agrupamentos flexibles en 1º e 2º de ESO, nas seguintes materias:

    • Lingua galega e literatura ou Lingua castelá e literatura. o Matemáticas. o Xeografía e Historia.

    • Bioloxía e xeoloxía.

    • Desdobres nas materias de idioma e nas que desenvolven prácticas de laboratorio, sempre que as dispoñibilidades horarias do profesorado o permitan

    • Primeira lingua estranxeira (Inglés).

    • Bioloxía e xeoloxía.

    • Física e Química.

    • Reforzos en materias instrumentais:

    • Matemáticas (en 3o de ESO cando é posible e recomendable).

    • Lingua galega e literatura ou Lingua castelá e literatura (para o alumnado exento de Segunda lingua estranxeira en 1o e 2o de ESO).

  • Programa de adquisición de linguas: Cando se detecta no alumnado recén chegado ao centro o non coñecemento das dúas linguas cooficiais (galego e castelán), a Xefatura de Estudos e a Xefatura do Departamento de Orientación organizarán un horario especial, respectando o establecido na normativa, no que ese alumnado reciba ensinanzas dunha das linguas cooficiais.Para iso se reorganizará o horario do profesorado de apoio ou de profesorado con dispoñibilidade horaria.

BACHARELATO

Desdobres nas materias que desenvolven prácticas de laboratorio, sempre que as dispoñibilidades horarias do profesorado o permitan:

  • Bioloxía e xeoloxía

  • Física e química

  • Bioloxía

  • Xeoloxía

  • Física o Química

Programa de adquisición de linguas: Cando se detecta no alumnado recén chegado ao centro o non coñecemento das dúas linguas cooficiais (galego e castelán), a Xefatura de Estudos e a Xefatura do Departamento de Orientación organizarán un horario especial, respectando o establecido na normativa, no que ese alumnado reciba ensinanzas dunha das linguas cooficiais. Para iso se reorganizará o horario do profesorado de apoio ou de profesorado con dispoñibilidade horaria.

Medidas curriculares

Agrupación de materias en ámbitos dentro de programas específicos:

  • Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento o Apoios fóra do grupo nas materias instrumentais: para o alumnado con Adaptacións Curriculares Individualizadas. Lévanse a cabo por parte deprofesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e/ou Audición e Linguaxe.

  • Unidade de educación especial de alumnado con transtornos xeralizados do desenvolvemento (transtornos do espectro autista). Este alumnado está integrado no seu grupo de referencia en determinadas materias, dependendo das súas características persoais. Hai dúas profesoras especialistas neste tipo de alumnado, que están adscritas a esta unidade por concurso de méritos para prazas con alumnado de escolarización preferente.

8. Criterios xerais do centro para a elaboración das programacións docentes

As programacións docentes das materias e módulos realizaranse conforme aos criterios establecidos no procedemento "PR81PRG. Programacións".

ESO e Bacharelato

Os Departamentos Didácticos que impartan materias na ESO e no Bacharelato seguerán un modelo unificado de Programación Didáctica, que será aportado pola Xefatura de Estudos.

Este modelo contará con elementos formais unificadores, como a portada, o membrete e logotipo oficial, a fonte, o espaciado, etc.

As programacións didácticas procurarán utilizar o modelo aportado pola Inspección Educativa e asumido polo centro.

Todas as programacións didácticas conterán os elementos establecidos na normativa educativa.

Formación Profesional

Os departamentos que impartan materias de ciclos formativos e de FPB elaborarán as programacións didácticas dos módulos formativos a través da aplicación web ubicada na URL https://www.edu.xunta.es/programacions.