A convivencia pacífica é un dos retos da sociedade actual para avanzar no progreso social baseado na xustiza e no respecto mutuo que precisa do esforzo compartido de distintas Administracións e axentes educativos. Convértese, así mesmo, nunha das maiores preocupacións sentidas entre as comunidades educativas que escolarizan, sobre todo, alumnado en idades adolescentes.
A falta de disciplina provoca certo grao de frustracións e conflitos que non teñen por que ser negativos, ao contrario, pódense converter en elementos favorecedores da aprendizaxe, sempre que saibamos regulalo creativa e construtivamente, de forma non violenta, xa que temos aí unha boa oportunidade para o cambio.
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, recolle entre os principios e fins do sistema educativo español, a educación para a prevención de conflitos e para a súa resolución pacífica, así como a non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social. A esto temos que engadir o sinalado na LOMCE (2013):
A educación para a prevención de conflitos e a súa resolución pacífica, así como para a non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, e, en especial, no do acoso escolar.
O desenvolvemento, na escola, dos valores que fomenten a igualdade.
Cómpre sinalar tamén que un dos catro piares básicos da educación (UNESCO, 1996) é aprender a convivir ou a vivir xuntos, e que unhas das 8 competencias básicas, concretamente a Competencia Social e Cidadá, supón comprender a realidade social en que se vive, afrontar a convivencia e os conflitos empregando o xuízo ético baseado nos valores e prácticas democráticas e exercer a cidadanía, actuando con criterio propio, contribuíndo á construción da paz e da democracia mantendo unha actitude construtiva, solidaria e responsable ante o cumprimento dos dereitos e obrigacións cívicas.
Todo isto dános unha idea da importancia de promover unha “cultura da paz” e a resolución non violenta de conflitos, que é precisamente a finalidade esencial do P.M.C. (Plan de Mellora da Convivencia); entendido como “a expresión dos propósitos e actuacións educativas referidas ao modo en que se poden mellorar as relacións escolares, afrontar os conflitos e facilitar o desenvolvemento integral dos alumnos/as dende os principios de respecto, xustiza, solidariedade e cooperación propios da convivencia democrática”.
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
A Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
Lei 27/2005, do 30 de novembro, de fomento da educación e da cultura de paz.
Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na LOE (2006).
Lei 4/2011, do 30 de xullo, de convivencia e participación da comunidade educativa.
Protocolo xeral de Prevención, Detección e Tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso editado polo xunta de Galicia en Maio do 2013.
Instrucións da Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa polas que se traslada o Protocolo xeral de Prevención, Detección e Tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso nos centro docentes de niveis non universitarios sostidos con fondo públicos da C.A.G.
Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
As características do centro e do contorno están descritas nos seguintes documentos:
MC42CON. Contorno escolar e necesidades educativas.
MC42IDE. Sinais de identidade da organización.
PR85OFE. Oferta educativa.
Avaliación de diagnóstico 2015-16: >>
Da valoración da convivencia, froito da avaliación levada a cabo dende os diferentes sectores da comunidade educativa, en cursos anteriores, puidéronse extraer as seguintes conclusións: o clima de convivencia existente é considerado, en xeral, bo.
Non se observan serios problemas, aparecendo, de forma esporádica, algún conflito, sobre todo nos dous primeiros cursos da ESO, relacionados con:
Desobediencia ou desafíos á autoridade ante calquera actuación a corrixir.
Faltas de respecto.
Insultos.
Alteración da dinámica das clases,…
Consideramos que son casos illados aqueles nos que precisamos tomar medidas severas.
O centro conta cunha aula de convivencia como espazo de reflexión para actuacións, tanto inmediatas, onde se busca correxir certas condutas, como con carácter preventivo na aplicación de medidas correctoras. Esta aula conta con profesorado de garda e un protocolo de actuación que garantiza que o alumando que acude a mesma prosiga co seu proceso formativo.
Así mesmo préstase especial atención ao alumnado de Formación Profesional Básica, xa que contan con máis dificultades para a adquisición de hábitos de aceptación das normas propias do noso centro. Estes alumnos presentan problemas de adaptación ao contexto escolar, desmotivación e unha historia de fracaso escolar que temos moi presente a hora de organizar o PAT para esta etapa (programas de autoconcepto e autoestima, HHSS e resolución pacífica de conflictos, de Desenvolvemento persoal,…).
Compre destacar que do total de alumnos escolarizados unha pequena porcentaxe (en torno ao 10%) procede doutros paises. A maioría destes alumnos proceden de paises sudamericanos (República Dominicana, Venezuela, Colombia e Brasil) e non se incorporan ao sistema educativo español no noso centro, motivo polo que non é preciso aplicar as medidas de atención á diversidade previstas para alumnado de incorporación tardía o sistema educativo español.
Con esta gran diversidade de alumnado precisamos concienciarnos da necesidade de levar a cabo un Plan de Convivencia que analice en profundidade as situacións de conflito, estableza pautas de actuacións concretas para o regulamento das normas de convivencia e permita a resolución dos mesmos, co fin de crear un clima de centro positivo e de colaboración entre todos os membros da comunidade educativa.
Polo xeral, o profesorado intenta solucionar, co alumnado implicado, os pequenos conflitos que se xeran na aula. Só, en casos puntuais, se solicita o apoio do Equipo Directivo que á vez se pon en contacto co Departamento de Orientación para coordinar a resposta educativa máis adecuada para solucionar o conflito.
As estratexias educativas que fundamentalmente aplicamos son: o diálogo, a petición de desculpas e o compromiso aceptado por cada unha das partes implicadas, así como, algunha medida disciplinaria de carácter menor como pode ser: parte de incidencias, pequenos castigos… As situacións particulares que afectan á convivencia e resolución de conflitos, temos por costume comentalas coa familia e implicala na súa resolución.
Entre as medidas máis severas que podemos aplicar nalgún caso están: a expulsión ou a apertura de expediente disciplinario.
Temos que indicar que estes son aspectos contemplados no noso NOFC.
Aínda que os problemas de convivencia son escasos, si é certo que a obrigatoriedade de escolarización ata os 16 anos trouxo consigo a presenza nas nosas aulas dun sector de alumnado que non se habitúa ás actuais esixencias educativas, xerando, ás veces, conflitos e frustracións que nos levaron neste curso a reflexionar sobre a necesidade de deseñar e implementar algún plan de actuación que redunde nunha mellora do clima de convivencia nas aulas e no propio centro.
As relación e a participación na vida do centro considéranse positivas en todo momento. Aínda que hai tempos e espazos fixos para a relación e participación da comunidade educativa, cóntase con outros non fixos que se crean de xeito natural segundo van xurdindo as necesidades. Neste caso, a colaboración é case sempre aceptada e búscanse as formas de organizarse para o seu máximo aproveitamento.
Por parte do profesorado, desde a CCP establécense as liñas de actuación para o deseño, posta en práctica, seguimento e avaliación do Plan de Convivencia. Ao Claustro infórmaselle do Plan de Convivencia e dos medios e recursos precisos para o seu desenvolvemento. Nas reunión de Departamentos vanse concretando as actuacións, sendo o Departamento de Orientación un dos máis implicados neste labor.
O alumnado participa activamente na organización do centro a través dos seus representantes no Consello Escolar e dos seus delegados. Xa que tódolos cursos académicos organízase unha xuntanza con este últimos para solicitar a súa colaboración na mellora da convivencia no centro e destacar a relevancia das súas funcións.
A relación coas familias é, en xeral, satisfactoria. Estas soen amosar interese pola formación dos seus fillos e acudir ao centro educativo con frecuencia. Cóntase coa participación de familias dende o Consello Escolar e a ANPA. Ademais, o centro dispón dun sistema de xestión documental aloxada na Nube, no que se ofrecen diversos servizos de información para alumnado y familias (calendario de actividades complementarias e extraescolares, calendario de exames e deberes,…)
Tamén colaboramos con dous centros de acollida, xa que tenemos escolarizados a alumnos tutelados pola Xunta, así como co Concello de Monforte de Lemos, o Centro de Prevención de Drogodependencias, Cáritas, Asociación Albores, Saúde Mental,…
Consideramos necesario introducir a formación permanente do profesorado, familias e alumnado en temas relacionados coa resolución de conflitos e a prevención de situacións , cada vez máis habituais, como o acoso escolar ou o ciberacoso.
Obxectivos xerais
No Decreto 8/2015 polo que se desenvolve a Lei 4/2011, de convivencia e participación da comunidade educativa, esteblécense os seguintes:
Facilitar aos órganos de goberno e ao profesorado instrumentos e recurso en relación coa prevención da violencia e a mellora da convivencia no centro.
Concienciar e sensibilizar a comunidade educativa sobre a importancia dunha adecuada convivencia escolar e sobre os procedementos para mellorala e acadar un ambiente educativo que permita o óptimo aprovetiamento dos recursos que a sociedade pon á disposición do alumnado.
Fomentar nos centros educativos os valores, as actitudes e as prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas e avanzar no respecto á diversidade e no fomento da igualdade entre homes e mulleres.
Facilitar a prevención, a detección, o tratamento, o seguimento, a xestión e a resolución dos conflitos que se poidan producir no centro e aprender a utilizalos como fonte de experiencia e aprendizaxe.
Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións de violencia, especialmente do acoso escolar, da violencia de xénero e das actitudes e comportamentos xenófobos e racistas.
Facilitar a conciliación ou a mediación para a resolución pacífica de conflitos.
Contribuír desde o ámbito da convivencia á adquisición das competencias básicas, particularmente das competencias social e cidadá e para a autonomía e iniciativa persoal.
Fomentar e facilitar a participación, a comunicación e a cooperación das familias no mantemento da convivencia nos centros docentes.
Establecer, incrementar e consolidar as relacións con entidades e institucións do contorno que contribúan á construción de comunidades educadoras e a unha convivencia de calidade que potencie os dereitos e as liberdades fundamentais.
A estos debemos engadir aqueles que se derivan dos resultados do diagnóstico de necesidades sobre a convivencia no centro:
Clarificar, difundir e concretar o modelo de convivencia que se quere establecer no centro educativo.
Concienciar ao alumnado da necesidade de erradicar as actitudes violentas de cara a mellorar o clima de convivencia.
Ter protocolos de actuación en función das diversas problemáticas que poidan xurdir en relación coa convivencia.
Implicar a comunidade educativa na posta en práctica, no cumplimento e no seguimento do plan de convivencia.
Recoller as propostas que se poidan facer dende a comunidade educativa cara a mellora da convivencia escolar.
Acadar un clima de convivencia baseado no respecto e na comunicación fluída e aberta entre todos os membros da comunidade educativa.
Rexeitar toda manifestación de violencia e agresividade resolvendo os conflitos interpersoais de forma non violenta mediante a comunicación, o diálogo e a reflexión.
Implicar os diferentes membros da comunidade educativa na mellora da convivencia e na construción dun centro verdadeiramente educativo para todos.
Obxectivos específicos
Alumnado:
Propiciar a aprendizaxe e práctica de valores, actitudes e comportamentos propios dunha cidadanía democrática.
Detectar necesidades de carácter persoal que poidan incidir na conduta.
Favorecer a cohesión e o diálogo para a resolución pacífica de conflitos.
Impulsar a participación do alumnado na confección das normas de aula.
Facilitar a aprendizaxe e a integración escolar de tódolos alumnos/as.
Aprender a convivir en grupo favorecendo o respecto, colaboración e axuda.
Implementar valores e habilidades sociais que ensinen como resolver conflitos de modo non violento.
Impulsar a participación na organización e funcionamento da aula e do centro, potenciando a responsabilidade, autocontrol e cooperatividade.
Familia:
Corresponsabilizarse no mantemento dunha boa convivencia no centro.
Colaborar co centro para axudar ó alumnado con máis necesidades a mellorar e resolver problemas de convivencia.
Reconocer a aceptar as normas de convivencia do noso centro.
Profesorado e outros membros da comunidade educativa:
Fomentar vínculos de cooperación como medio favorecedor da resolución de conflitos.
Fortalecer a competencia en aspectos de convivencia.
Promover o diálogo, a responsabilidade e o compromiso como estratexia de resolución de conflitos.
Deseñar un servizo de mediación escolar que se poida poñer en práctica nos vindeiros anos.
As actitudes a desenvolver e a organización do centro en materia de convivencia basearanse nas normas de convivencia existentes nas NOFC (Normas de Organización e Funcionamento).
Con carácter xeral intentaremos levar a cabo cada curso as seguintes actividades, sen desbotar outras que poidamos incluir. De ser así, quedarán descritas na Programación Xeral Anual do curso que corresponda, e se xurde algunha, unha vez este iniciado, incluirémolas na Memoria Anual.
Actuacións Preventivas
Estratexias organizativas e de prevención no centro
Promover a participación na elaboración e revisión dos documentos do centro, destacando os valores e normas que pretenden desenvolver actitudes prosociais de igualdade, respecto e diálogo, fomentando o consenso na toma de decisións.
Potenciar o funcionamento da Comisión de Convivencia do centro, promovendo a súa eficiencia e eficacia.
Estilo de liderado que favoreza a participación e a comunicación dos problemas que poidan xurdir no centro.
Solicitar o apoio e asesoramento da orientadora ante os indicios ou situacións que poden derivara en posible acoso ou ciberacoso, ou calquera outra situación que poida comprometer a convivencia no centro.
Reunións periódicas dos titores por niveis co obxecto de deseñar accións conxuntas para a mellora da convivencia no centro.
Adoptar estratexias organizativas que posibiliten a implicación de todo o profesorado nos labores titoriais (valorar a posibilidade de dotar aos titores dos cursos máis numerosos ou conflitos dun asistente da titoría).
Implantación do procedemento de mediación (unha vez creado este servizo compre impulsar a actuación das comisións de mediación).
Creación de comisións mixtas de investigación sobre problemáticas relacionadas con situacións de violencia escolar, compostas por alumnado e profesorado.
Difusión á comunidade educativa, a través de diferentes medios, do Plan de Convivencia e das NOFC; así como dos Protocolos de Acoso Escolar e Ciberacoso e o de Absentismo Escolar.
Garantir que tódolos membros da comunidade educativa coñezan os seus dereitos e deberes.
Creación de grupos de traballo acerca das medidas que poden favorecer as relacións persoais.
Impulsar nas concrecións curriculares para os distintos cursos o desenvolvemento de tódalas competencias básicas, en especial a competencia sociel e cidadá.
Rexistro dos conflitos que se producen no centro co fin de ter unha visión global da convivencia no centro. A información obtida a través deste rexistro servirá para revisar este plan ao inicio de cada curso escolar.
Divulgación entre o profesorado, alumnado e familias, de orientacións básicas sobre o acoso/ciberacoso e a súa prevención. Empregaremos a nosa Nube para difundir ditas orientacións.
Difusión dos protocolos de información e actuación ante as diversas situacións disruptivas que se poidan manifestar no centro, mediante a Nube.
Establecer canles para a denuncia de situacións de acoso/ciberacoso con garantía de confidencialidade: caixa de reclamacións, queixas e suxestións, tabolerio de denuncias, correo electrónico de solicitude de axuda,...
Vixilancia en zonas comúns: aseos, corredores, recreos, entradas e saídas, desprazamentos as aulas específicas,...
Mellorar as zonas de ocio, organizar grupos de xogo,...
Abordar nas titorias estratexias específicas de desenvolvemento emocional, HHSS e axuda persoal.
Difusión do protocolo de funcionamento das gardas e da Aula de Convivencia.
Conmemoración de datas de especial relevancia para a promoción da convivencia no centro:
25 de novembro, día contra a violencia de xénero.
30 de xaneiro, día escolar pola paz.
8 de marzo, día da Muller.
Desenvolvemento de programas de mellora da convivencia: programas específicos de conflitos, programas de mediación en conflitos e axuda entre iguais,.. Estes programas deseñaranse para os diferentes membros da comunidade educativa:
Profesorado: materiais e documentos, protocolos de actuación para os casos máis frecuentes,...
Familias: pautas para pervir o acoso e outras formas de violencia dende a familia, comunicación efectiva e afectiva, estilos educativos,... Impulsar a participación dos pais e nais nas charlas e obradoiros que oferte o centro.
Alumnado: técnicas de resolución pacífica de conflitos, comportamento pasivo-agresivo-asertivo.
Ante un posible caso de ciberacoso, debemos promover actuacións preventivas que teñan en conta as súas particularidades:
Profesorado e centro:
Coñecer o funcionamento da web, sobre todo das redes sociais, para dominar o medio e poder aconsellar o alumnado e as familias. Para elo contamos coa formación recibida dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado ao que se acolle tódolos cursos o noso centro.
Aplicar medidas de seguridade nos equipos informáticos escolares (controlar o software instalado, as contas de usuario, o almacenamento de documentos, quen utiliza os equipos a cada hora,...) e supervisión das mesmas por parte do coordinador das TIC no centro.
Difundir as normas de uso dos equipos na aula, xa que están xa foron elaboradas (que pode facer e non facer o alumnado, como debe organizar o seu material, respectar o material doutro alumnado, onde pode ou non pode acceder,...).
Empregar sistemas de control e filtrado (facer revisións periódicas, monitorizar os equipos do alumnado mentres traballan- co seu coñecemento-, filtrar e bloquear páxinas, contidos ou programas non desexados,...)
Realizar un uso didáctico e controlado das redes en sentido positivo, como actividade, incluíndo as boas prácticas, a seguridade e a prevención como contidos.
Detección de problemas: documentación sobre a sintomatoloxía dos problemas e estar atento a calquera indicio de ciberacoso ou malas prácticas.
Nas aulas empregadas por varios grupos de alumnado, resulta imprescindible unha boa coordinación entre o profesorado en canto a normas e medidas.
Alumnado:
Aconsellar que controlen a súa identificación e a circulación dos seus datos persoais. En concreto, algunhas recomendacións habituais repóllense no Protocolo de prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso.
Consellos para non acosar: o profesorado insistirá en conciencialos de que a web no é lugar apropiado para resolver diferenzas con outras persoas, e que a emisión de mensaxes hostís é perxudicial para todos. Promover o respecto e a prudencia.
Consellos para non ser acosado: ser prudentes e respectuoso ao empregar a web para comunicarse cos demais. Moitas veces os conflitos débense a malentendidos ou comentarios inoportunos. Non expoñerse excesivamente aos comentarios dos demais contando cousas persoais. Pedir axuda inmediatamente a familiares e profesorado antes as primeiras evidencias de acoso.
Consellos para non tolerar o acoso: asumir que o acoso é un problema de todos, e non admitir que outros teñan actitudes negativas ou exerzan presión sobre terceiras persoas. Mostrarse conciliador e denunciar sen demora calquera caso de acoso do que se teña coñecemento.
Compre sinalar que o centro solicita a charla sobre Riscos de internet que se oferta dentro do Plan Director para a mellora da convivencia escolar.
Pais e familiares:
Adecuar as medidas de seguridade e control á vulnerabilidade das seus fillos, dándolles máis autonomía a cambio de responsabilidade.
Aceptar internet como un instrumento que pode resultar beneficioso se se utiliza ben.
Tratar de non exercer de policías, senón de conseguir que os seus fillos acepten como natural certo grao de control. O mellor é acordar conxuntamente unha serie de condicións para o uso da web (horario, tipo de contidos,...), tanto cos ordenadores como cos móbiles.
Promover que o alumnado non manexe o ordenador pechado no seu cuarto, senón en presenza doutros familiares. Evitar forzalo a que nos permita ver a pantalla, é moito máis efectivo ter confianza para preguntarlle con quen se comunica e que nos conte de forma natural que é o que fai na rede. O ideal é darlle apoio, implicarse nos seus proxectos, ou mesmo facerse membro das mesmas redes sociais.
Estar atento a calquera síntoma de desacougo, cambios de humor repentinos,..., sobre todo se coinciden con accesos a web.
Sondar periodicamente a rede mediante un buscador para detectar imaxes, datos persoais ou comunicacións dos seus fillos/as.
Resulta moi beneficioso manter un contacto profesorado-familia, a través do titor, para comunicar calquera síntoma de acoso que se detecte no alumando e tomar medidas canto antes.
Estratexias de prevención na aula
Inclusión no PAT (Plan de Acción Titorial) da elaboración das novas de convivencia na aula que incluen de xeito explícito normas contra o acoso entre compañeiros, nas que se sensibilice sobre o dano que produce o maltrato e se faga explícito a tódolos tipos de violencia, así como propostas de recuperación en caso de incumprimento das normas.
Entre as actividades de titoría programadas para cada grupo abordar aspectos como:
Relacións no grupo.
Fomento da amizade.
Tarefas colaborativas.
Sensibilización fronte ao maltrato (aceptar a diferenza, empatía emocional, ofrecer e pedir axuda, rachar con mitos como o do "chivato", diferenciar entre amigos e compañeiros,...).
Conciencia da importancia do coidado das relacións afectivas e emocionais.
Análise das relacións interpersoais, dos sentimentos e dos conflitos.
Promover HHSS asertivas e de autocoñecemento que capaciten o alumnado para dar respostas axeitadas en diferentes contextos.
Educar para as relacións interpersoais igualitarias baseadas na valoración mutua e no respecto.
Adestramento en técnicas de autocontrol, empatía e resistencia á frustración.
Desenvolver a través de métodos cooperativos habilidades prosociais e destrezas para a xestión das emocións.
Actividades que posibiliten o rexeitamento e a denuncia explícita de condutas violentas na convivencia entre iguais: analizar a diferenza entre a conduta solidaria de denunciar e a inxustiza e o ser acusón.
Desenvolver estratexias de axuda entre iguais e traballos cooperativos.
Analizar as consecuencias dos comportamentos.
Realizar actividades de adestramento para actuar ante diferentes situacións de maltrato.
Formar comisións de alumnos para a mellora da convivencia en xeral: equipos de mediación, axudantes de recreo,...
Facilitarlle ao alumnado canles para que poida comunicarse co profesorado.
Medidas Organizativas
Neste apartado falaremos das normas de organización e funcionamento do centro, sobre todo daquelas que garantan o cumprimento deste Plan de Convivencia e as que recollan respostas educativas que o centro proporciona aos diferentes intreses e motivacións do alumnado.
O Decreto 8/2015 no artigo 18 sobre as “normas de organización e funcionamento” establece que:
As NOFC (Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia) de cada centro docente incluirán as normas de convivencia que garantan o cumprimento do Plan de Convivencia. Estas normas serán públicas e os centros docentes facilitarán o seu coñecemento por parte de todoso os membros da comunidade educativa.
Recollerán, ademais, a organización dos espazos e dos tempos, así como a distribución dos recursos, para favorecer unha convivencia positiva no centro educativo.
Establecerán os procedementos de comunicación ás familias das faltas de asistencia do alumnado ás clases e as correspondentes autorizacións ou xustificacións para os casos de ausencia cando estes ou estas sexan menores de idade non emancipados.
Todas estas medidas están contempladas nas NOFC do centro.
Medidas curriculares
Estas medidas teñen que ver coa programación docente e o desenvolvemento do currículo, as estratexias metodolóxicas, a avalación do progreso do alumnado e da práctica docente, e as actividades complementarias e extraescolares.
Neste caso, farase fincapé na pontenciación da aprendizase por competencias integradas nos elementos curriculares. Tendo presente que unha competencia contribúe á adquisición de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes de tipo social e de comportamento.
A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola transversalización de contidos favorecendo unha visión interdisciplinar dos mesmos. E das Competencias claves do currículo centrarémonos sobre todo nas Competencias sociais e cívicas e a de aprender a aprender.
Dentro da Educación en valores, a traballar desde as distintas matérias, destacamos pola súa relación coa convivencia:
O desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres.
A prevención da violencia de xénero ou contra persoas diferentes por raza, convicciones relixiosas ou políticas, discapacidade,...
Os valores inherentes ao principio de igualdade e non discriminación de calquera condición ou circunstancia persoal ou social.
A aprendizaxe da prevención e resolución pacífica dos conflitos en todos os ámbitos da vida.
Actuacións reeducadoras
Programa de HHS, elaborado pola orientadora, específicamente diseñado para situacións como esta.
Implementación da mediación para a resolución de conflitos. Cando se opta por esta conciliación suspéndese calquera procedemento disciplinario de corrección da conduta, que se retomará no caso de que a conciliación sexa infrutuosa.
Creación e implantación no centro do servizo de mediación.
Programa para o desenvolvemento da capacidade de empatía.
Programas de modificación de conduta, axuda personalizada, desenvolvemento persoal, comportamentos prosociais, estratexias de resolución de conflitos con solucións alternativas á agresión,...
Solicitude de colaboración familiar para a vixilancia e control dos seus fillos.
Derivación, cando poceda, a servizos especializados externos para abordar tratamentos específicos (saúde mental, servizos sociais,...)
Coas familias:
Recoñecer a necesidade de contribuír ao crecemento persoal dos seus fillos a través do diálogo e da educación en valores, desenvolvendo unhas axeitadas normas de convivencia no contorno familiar.
Desenvolver a súa potencialidade como educadores dos seus fillas.
Recoñecer o seu papel como axentes educativos, xunto co profesorado, actuando como portadores de aspectos significativos para o desenvolvemento harmónico da súa personalidade.
Ensinanza de HHSS, aprendizaxe cooperativo, ocio de calidade, resolución de conflitos sen violencia, eficacia da disciplina e ensinanza de límites, prevención do sexismo, evitar a influencia negativa do uso inadecuado da televisión e doutras tecnoloxías,...
Fortalecer a implicación da familia na vida escolar e a responsabilidade na toma de decisións educativas conxuntas sobre os seus fillos (establecer compromisos).
Co profesorado:
Formación para saber como detectar e intervir na aula ante condutas disruptivas.
Formación específica do profesorado a través da difusión deste plan.
Creación dun código común de actuación docente ante problemas de convivencia coa finalidade de unificar criterios e garantir a coherencia nas nosas actuacións.
Apoiar e facilitar o labor do titor, así como a da persoa responsable da tramitación do protocolo de actuación ante un caso de acoso escolar ou ciberacoso; e da persoa responsable de apoio e atención á vítima, no desenvolvemento das funcións para as que foron nomeados.
Utilizar titorías e xuntas de avaliación para detectar posibles situacións de acoso e/ou ciberacoso, analizando tamén os casos de absentismo escolar.
Aproveitar a titoría de pais para manter contactos periódicos coas familias para compartir información e asegurar unha mutua colaboración.
Seguimento do clima relacional da aula empregando diversos mecanismos, como poden ser os cuestionarios psicométricos.
Promover a implicación do alumnado na xestion de determinados conflitos a través dos alumnos axudantes ou mediadores.
Facilitar unha verdadeira prevención promovendo a toma de conciencia do maior número de membros da comunidade escolar respecto de dous aspectos:
Comprensión o máis obxectiva posible do fenómenos do acoso escolar, empregando regularmente elementos de mediación que permitan previr posibles situacións.
Creación dunha conciencia colectiva das normas mínimas de convivencia que todos/as temos que cumprir.
Recursos humáns
Tódolos membros da comunidade educativa (pais, nais, profesorado, alumnado, persoal non docente, departamento de orientación, CCP, Comisión de convivencia), Servizos socias do concello de Monforte, Unidade de prevención de drogodependencias do concello, Equipo específico de Orientación de Lugo, Psicóloga infantil de Monforte, Psicóloga do Centro de Información a Muller do concello, responsable do Plan Director da Mellora da Convivencia ( funcionario do corpo de Policia Nacional da comisaría de Monforte), ...
Recursos materiais
NOFC (Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia) do centro.
PXA (Programación Xeral Anual).
Plan de Orientación Educativa e Plan de Acción Titorial.
Materiais elaborados polo D.O. para as titorias:
Programa de HHSS para FP básica e tódala E.S.O.
Programa de resolución pacífica de conflitos
Dinámicas grupais para fomentar a resolución pacífica de conflitos.
Actividades para previr a violencia de xénero.
Actividades organizadas para conmemorar o Día Escolar da Paz, da Muller e o día contra a Violencia de Xénero,...)
Material bibliográfico dispoñible no D.O.
Garaigordobil, M. (2014). Screening de acoso entre iguales. Tea ediciones, Madrid.
Save The Children (2014): Acoso Escolar y ciberacoso. Propuestas para la acción.
Luengo Latorre, J.A. (2014): Ciberbullying. Prevenir y actuar. Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid.
Pérez Pérez, C. (2009): Valores y normas para la convivencia en el aula. Programas de Intervención Educativa. Editorial Eos, Madrid.
Calvo Rodríguez, A. R. (2003): Problemas de convivencia en los centros educativos. Análisis e intervención. Editorial Eos, Madrid.
Calvo Rodríguez, A.R. e Ballester Fernández, F. (2007): Acoso escolar. Procedimentos de intervención. Editorial Eos, Madrid.
Torrego, J.C. (2007): Modelo integrado de mejora de la convivencia. Estrategias de mediación y tratamiento de conflictos. Editorial Graò, Barcelona.
Torrego, J.C. (2008): El Plan de Convivencia. Fundamentos y recursos par su elaboración y desarrollo. Alianza Editorial, Madrid.
Monjas Casares, Mª I. (2011): Cómo promover la convivencia. Programa de Asertividad y Habilidades Sociales. Editorial CEPE, Madrid.
Páxinas web:
Portal de convivencia do MEC: http://www.convivencia.mec.es/
Seminario Galego de Educación para a paz: http://www.sgep.org/
Educación en valores: convivencia. Http://www.educacionenvalores.org/
Programa de cine e saúde do goberno de Aragón: http://portal.aragon.es/portal/page/portal/SALUDPUBLICA/CATALOGO/Programa%20Cine%20y%20Salud
Convivencia escolar noutros centros: http://orientacionandujar.wordpress.com/2009/01/17/dia-de-la-paz-actividades-para-clase/
Interculturalidade: http://www.aulaintercultural.org/
Premios nobel para obter información sobre as persoas coas que se traballarán na elaboración das cartulinas que adornarán o centro durante a Semana da Paz.
Youtube para traballar con dous curtos sobre interculturalidade: “Proverbio Chino”, “Hiyab”.
O IES Daviña Rey entende que os valores que a continuación se expoñen serán o eixe fundamental en torno ao cal xirará toda a acción educativa.
Tenderase ao desenvolvemento integral das capacidades dos nosos alumnos.
Igualdade real entre homes e mulleres.
A educación para o exercicio da verdadeira liberdade, que terá que atender os seguintes aspectos de tipo individual e de tipo social.
Aspectos individuais:
Honradez: fidelidade aos propios principios.
Liberdade: entendéndoa como aquilo que un quere pero tendo en conta que nunca se pode interferir nin atentar contra a liberdade dos demais.
Responsabilidade: capacidade para decidir o modo de actuar dentro das normas establecidas e responsabilizándose dos propios actos.
Aspectos sociais:
Respeto aos demais como persoas coas súas ideas, crenzas...
Diálogo.
Sentido da xustiza, xenerosidade, amizade, lealdade, fidelidade e solidariedade.
Colaboración e traballo en equipo.
Conciencia de que as accións individuais repercuten sempre positiva ou negativamente no grupo.
Respecto e cumprimento das normas de convivencia.
Tendo en conta os principios desenvolvidos neste Plan de Convivencia, estableceranse os dereitos e deberes dos diferentes membros da comunidade educativa nas NOFC (Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia) do centro.
O artigo 6.1 do Decreto 8/2015 sobre a comisión de convivencia, di que esta “constituirase no seo do seu Consello escolar. Terá carácter consultivo e desempeñará as súas funcións por delegación do Consello escolar, para facilitar o cumprimento das competencias que este ten asignadas en materia de convivencia escolar e velará pola correcta aplicación do disposto neste decreto, no plan de convivencia e nas normas de convivencia da cada centro”.
O artigo 8 deste mesmo decreto fai referencia ás función do equipo directivo respecto do plan de convivencia e a comisión de convivencia.
“Ao equipo directivo do centro correspóndenlle as seguintes funcións: a) Elaborar, de ser o caso, o plan de convivencia do centro e as demais actuacións derivadas do desenvolvemento, seguimento, avaliación e revisión deste, así como as demais competencias da comisión de convivencia, mentres esta non estea constituída…
En todo caso, as medidas e os acordos do número anterior serán recollidos pola Comisión de Coordinación Pedagóxica e polo resto dos órganos de coordinación docente para incluílos nos documentos institucionais do centro, concretamente nas concrecións curriculares de etapa, para asegurar a coherencia destes co proxecto educativo do centro e a programación xeral anual.
A comisión de convivencia elaborará, ao rematar cada curso escolar, a correspondente memoria do Plan de Convivencia do centro, de acordo cos datos e coas conclusións extraídos do proceso de seguimento e avaliación e coas propostas de mellora que se consideren necesarias. O consello escolar, en pleno, por proposta da súa Comisión de Convivencia, aprobará a memoria do Plan de Convivencia elaborada por esta. Esta memoria formará parte da Memoria Anual do centro.”
A comisión de convivencia exercerá por delegación do Consello escolar as seguintes funcións:
Elaborar o Plan de Convivencia do centro e dinamizar todos os sectores da comunidade educativa, incorporando as súas iniciativas e achegas no procedemento de elaboración, desenvolvemento e seguimento do citado plan.
Adoptar as medidas preventivas necesarias para garantir os dereitos de todos os membros da comunidade educativa e o cumprimento das normas de convivencia do centro.
Impulsar accións dirixidas á promoción da convivencia, especialmente o fomento de actitudes para garantir a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de trato de todos os membros da comunidade educativa e a resolución pacífica de conflitos.
Propor ao Consello escolar as medidas que considere oportunas para mellorar a convivencia, así como dar conta a este, cando menos dúas veces ao longo do curso, das actuacións desenvolvidas e das correccións e medidas disciplinarias impostas.
Propor, de ser o caso, á persoa titular da dirección do centro persoas que poidan formar parte do equipo de mediación.
Coñecer o cumprimento efectivo das correccións e medidas correctoras nos termos en que fosen impostas e informar ao consello escolar sobre o grao de cumprimento da normativa vixente.
Realizar o seguimento dos compromisos de convivencia subscritos no centro.
Elaborar unha memoria anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no centro, na cal se reflictan as iniciativas no ámbito do centro sobre a materia. Este informe será trasladado ao consello escolar do centro e ao correspondente servizo territorial de Inspección Educativa.
Aqueloutras que lle sexan encomendadas polo consello escolar do centro docente ou polo órgano da administración educativa con competencias na materia.
Atendendo a estas funcións concrétanse as seguintes normas de funcionamento para a Comisión de Convivencia:
O plan de convivencia:
Deseñar, implementar, facer seguimento e avaliación do Plan de Convivencia.
Destinatarios:
Os membros de toda a comundiade educativa.
Medidas preventivas :
Incluír no Plan de Convivencia medidas preventivas e de sensibilización.
Destinatarios:
Toda a comunidade educativa.
Actuacións específicas sobre igualdade e resolución pacífica de conflitos:
Incluír no Plan de Convivencia as actuacións xerais e específicas sobre igualdade e resolución conflitos.
Destinatarios:
Toda a comunidade educativa.
O equipo de mediación:
Incluír no Plan de Convivencia a preparación, a formación e o seguimento do equipo de mediación.
Destinatarios:
Entre iguais, priorizando as actuacións no alumnado.
Medidas de mellora da convivencia:
Incluír no Plan de Convivencia propostas de mellora, establecendo indicadores e tendo en conta os obxectivos específicos.
Destinatarios:
A concretar pola Comisión de Convivencia a partir do seguimento e avaliación do Plan de Convivencia.
Cando a comisión de convivencia o considere oportuno poderá solicitar o asesoramento dos profesionais do departamento de Orientación que interveñen no centro, do profesorado titor relacionado co tema que se analice, do educador social do Concello ou doutros profesionais segundo a problemática de que se trate, así como das asociacións do sector que poidan colaborar na mellora da convivencia.
O Consello escolar do centro educativo, ademais das funcións que lle atribúe o artigo 127 da Lei orgánica 2/2006 e o artigo 57 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito a educación, terá entre elas a de “elixir as persoas representantes da comisión de convivencia, de acordo co establecido no artigo 6.2 do Decreto 8/2015”.
Este artigo 6.2 di que “a Comisión de Convivencia, na súa composición, integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes de todos os sectores da comunidade educativa. Estará composta polas persoas representantes do alumnado, do profesorado, das familias e do persoal de administración e servizos e, no caso dos centros concertados, tamén por unha persoa representante da titularidade do centro, todas elas na mesma proporción en que se encontran representadas no consello escolar do centro ou órgano equivalente. Será presidida pola persoa titular da dirección do centro e unha das persoas integrantes actuará como secretaria ou secretario, quen levantará a acta das súas reunións. O nomeamento das persoas integrantes da comisión de convivencia nos centros educativos corresponde ao director por proposta dos colectivos representados. Os seus membros poden coincidir cos do consello escolar, pero non teñen que ser os mesmos necesariamente”.
De acordo co marcado pola normativa, a Comisión de Convivencia axustarase á seguinte composición:
Presidente: Director do centro.
Secretario: calquera dos integrantes da Comisión de Convivencia.
Alumnado: 1 representante.
Profesorado: 2 representantes.
Orientación: 1 representante.
Familias: 1 representante.
PAS: 1 representante.
Os anteriores representantes escolleranse preferentemente entre os membros do Consello Escolar.
O artigo 6.3. do Decreto 8/2015, fai referencia a que “o réxime de funcionamento, composición e o desenvolvemento das funcións da Comisión de Convivencia de cada centro docente concretarase no Plan de Convivencia, de conformidade co establecido para os órganos colexiados na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e, en todo caso, manterán tres reunións anuais de carácter ordinario, unha por trimestre, e con carácter extraordinario cantas veces sexa convocada pola súa presidencia, por iniciativa propia ou por proposta de, polo menos, unha terceira parte dos seus membros”.
De acordo co marcado pola normativa, este Plan de Convivencia establece a seguinte periodicidade nas reunións da Comisión de Convivencia:
Tres reunións anuais de carácter ordinario, unha por trimestre.
Con carácter extraordinario, cantas veces sexa convocada por a súa presidencia, por iniciativa propia ou por proposta de, polo menos, unha terceira parte dos seus membros”.
Entre os distintos membros do centro é necesaria unha coordinación e colaboración permanente, sobre todo para a resolución de conflitos buscando un ambiente positivo no centro e de tolerancia cero ante calquera acto de violencia.
O equipo directivo debe favorecer un bo clima no centro, facendo prevención, pero tamén intervindo e resolvendo aquelas problemáticas que poden condicionar a convivencia, que poden vir dende os distintos sectores da poboación (profesorado, alumnado, familias, persoal de administración en servizos). Os mecanismos de coordinación estableceranse dende os procedementos habituais: Comisión de Coordinación Pedagóxica, claustro de profesorado e Consello escolar. Ademais de aquelas reunións que sexa preciso levar a cabo partido da iniciativa propia da dirección do centro ou por demanda dos membros da comunidade educativa. Cada membro do equipo directivo debe favorecer a convivencia no centro educativo, a dirección, a vicedirección, a xefatura de estudos e a secretaría, cada un dentro do seu ámbito de competencias, sendo sempre a última responsable a dirección.
Os distintos departamentos didácticos, baixo a coordinación dun xefe de departamento, tamén manterán espazos e tempos para a coordinación e a colaboración, deixando reflectido nas súas programacións didácticas un apartado relativo á convivencia ou á forma de integrar contidos de xeito transversal. Dende as CCP, os xefes de departamento establecerán as liñas de actuación a seguir no plan de convivencia.
O departamento de Orientación debe asesorar en todo momento e favorecer os procesos de coordinación e colaboración, participando activamente en materia de convivencia.
O claustro do profesorado estará implicado e participará en todas aquelas actividades de convivencia que se consideren oportunas, a nivel complementario e extraescolar, buscando un ambiente de colaboración que influirá positivamente, sobre todo, no alumnado e nas familias.
O centro establecerá mecanismos de coordinación formais coas familias na representación do Consello escolar.
Por outro lado, implicarase á Asociación de nais e pais de alumnado (ANPA) para que colabore no bo clima do centro. O centro ten que levar a cabo actuacións de formación coas familias dende esta asociación para tratar aqueles temas que poden ser de preocupación para as familias, como no caso do acoso escolar ou ciberacoso. Para isto contamos coa colaboración de axentes externos como, por exemplo, o responsable do Plan Director no concello (un funcionario do corpo da Policia Nacional).
Dende o comenzo de cada curso, estableceranse reunións coas familias dos alumnos e alumnas, en especial do alumnado novo, sobre todo na ESO, para informar sobre a organización e funcionamento do centro. Ademais destas reunións, comunicaránselles as vías de coordinación e colaboración do centro, valoradas sempre como moi necesarias, coas horas de atención ás familias do profesorado, un espazo de atención ás familias e a posibilidade de derivar calquera actuación cara ao departamento de Orientación coa coordinación dos titores.
Tamén contamos coa Nube para difundir folletos informativos con carácter preventivo así como os protocolos de actuación ante as diversas situacións disruptivas máis frecuentes.
Durante todo o curso escolar haberá coordinación e colaboración cos centros adscritos. Destácase a acollida do alumnado ao comenzo do curso, coa invitación das familias, asignación dos grupos e titorías. Pero será sobre todo durante o terceiro trimestre onde se farán varias actuacións cos centros adscritos, sobre todo co alumnado que vén novo ao instituto:
Charlas informativas ao alumnado e familia no cambio de etapa.
Reunión co equipo docente, especialistas en apoio e orientación de primaria co departamento de Orientación do instituto.
Xornadas de portas abertas, con charla sobre a organización e funcionamento do centro, e visita das instalacións.
Parte destas actuacións faranse extensibles a outros centros de Educación Infantil e Primaria non adscritos da zona que teñan interese en coñecer o funcionamento do instituto.
Na zona de Monforte e con respecto a este centro hai coordinación con distintos organismos e asociacións que directa ou indirectamente favorecen a convivencia no centro educativo, desenvolvendo programas específicos ou intervindo en casos individuais segundo as necesidades que se presentan:
Servizos Socias do Concello de Monforte.
Servizos de Saúde Mental.
Responsable de Participación ciudadana e do Plan Director da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Monforte.
Centro de prevención de drogodependencias de Monforte.
Asociación ALBORES atención a persoas con enfermidade mental.
Centro de Menores Residencia Cristo Rey e o Centro de día Madre Teresa.
Casa de Familia, asociación ARELA.
Centro de apoio social de Cáritas.
Sen ser na zona, por necesidades do centro, cóntase con outros servizos a destacar:
Equipo de Orientación Específico, da administración educativa, de Lugo.
O Decreto 8/2015 establece, no artigo 17, a necesidade de difusión do Plan de Convivencia. Será o equipo directivo quen leve a cabo as actuacións para que o Plan de Convivencia sexa coñecido, aplicado e valorado por todos os sectores da comunidade educativa. Así mesmo, levará a cabo as actuacións para difundir as normas de convivencia na comunidade educativa.
E dende a administracion educativa facilitarase a difusión, por diferentes medios, das boas prácticas educativas en materia de convivencia escolar.
O contido íntegro do plan será dado a coñecer a todos os membros da comunidade educativa a través da Nube, sendo esta publicación a súa versión oficial.
Todos os membros do centro recibirán unha ligazón ao documento mediante correo electrónico ou calquera outro medio de mensaxería dixital que se considere axeitado para que o Plan de Convivencia poida ser consultado en calquera momento.
Dende a acción titorial traballaranse aqueles contidos do Plan de Convivencia que teñan unha relación máis directa co alumnado.
Centrarase no coñecemento das normas de convivencia e as formas de afrontar os conflitos de maneira pacífica. En todo momento traballarase a autoestima, a adquisición de habilidades sociais e a resolución de conflitos, a educación en valores e a participación do alumnado.
Dende as distintas materias traballaranse contidos transversais relacionados coa convivencia, no relativo ás normas básicas de convivencia nas distintas clases, o respecto á igualdade e non discriminación. Haberá materias nas que se traballarán contidos específicos relacionados coa paz, a convivencia, a igualdade de xénero, a non discriminación, pero será necesario ter en conta todos estes contidos de xeito interdisciplinar.
As familias serán informadas por escrito da aprobación e relevancia do plan e o documento estará debidamente accesible dende o apartado da Nube adicado ás familias.
As familias estarán informadas de todo o relativo á convivencia, buscando en todo momento puntos de encontro e colaboración co centro, para mellorar a convivencia entre todos.
Terán acceso ao Plan de Convivencia do centro, terán especial coñecemento dos seus dereitos e deberes e das normas de organización e funcionamento en materia de convivencia.
Recibirán información sobre os seus fillos cando sexa necesario facer prevención ou intervir aspectos concretos relacionados coa convivencia.
“Aprender a convivir” estase convertendo nun obxetivo fundamental que ten como finalidade a formación en valores baseados no respeto, a tolerancia, o compromiso, a solidaridade, a liberdade, a democracia, a igualdade.
A educación en valores cobra cada vez máis relevancia e precisa dun maior impulso, a través da análise da situación en cada centro educativo coa correspondente elaboración de obxectivos e protocolos de actuación que se consideren oportunos.
Todos estes plantexamentos conforman o Plan de Convivencia. Sen embargo, consideramos que ante todo ten que ser un documento aberto e flexible e para que isto sexa así é preciso realizar un seguimento continuado e unha avaliación que garanta a posta en práctica e o compromiso da convivencia educativa en relación ó citado plan.
Este seguimento e avaliación do plan levarase a cabo dende dúas perspectivas: por un lado, con respeto ó documento, que deberá ser revisado cada curso académico e modificado se se considera pertinente, e por outra parte, farase un seguimento continuado da mellora da convivencia no centro.
Antes de sinalar como se realizará esta avaliación e seguimento, compre deixar claro alguns aspectos recollidos na lexislación vixente:
O Decreto 8/2015, establece que:
Corresponderá ao equipo directivo elaborar, de ser o caso, o plan de convivencia do centro e as demais actuacións derivadas do desenvolvemento, seguimento, avaliación e revisión deste, así como as demais competencias da comisión de convivencia, mentres esta non estea constituída.
O consello escolar debe realizar anualmente o seguimento e a avaliación do plan de convivencia e das normas de convivencia do centro. O claustro tamén debe participar na avaliación anual da convivencia no centro, incidindo especialmente no desenvolvemento do plan de convivencia.
En concreto, no artigo 16 faise referencia aos procesos de seguimento, avaliación e mellora do plan de convivencia:
Cada centro educativo establecerá os mecanismos e indicadores para o seguimento e a avaliación do plan de convivencia.
O equipo directivo dos centros docentes garantirá a participación na avaliación do plan de convivencia de todos os sectores da súa comunidade educativa.
A comisión de convivencia elaborará, ao rematar cada curso escolar, a correspondente memoria do plan de convivencia do centro, de acordo cos datos e coas conclusións extraídos do proceso de seguimento e avaliación e coas propostas de mellora que se consideren necesarias. O consello escolar, en pleno, por proposta da súa comisión de convivencia, aprobará a memoria do plan de convivencia elaborada por esta. Esta memoria formará parte da memoria anual do centro.
Aos servizos de Inspección Educativa correspóndelles supervisar a elaboración, o desenvolvemento e a avaliación do plan de convivencia do centro, así como prestar o asesoramento necesario para tales fins.
A consellería con competencias en materia de educación poderá establecer algún procedemento para a recollida de incidencias en materia de convivencia nos centros educativos dela dependentes, a través de medios electrónicos ou telemáticos.
O artigo 31 do decreto 8/2015, fai referencia ao seguimento e avaliación das actuacións referidas á mellora da convivencia nos centros educativos, indicando as seguintes:
A consellería competente en materia de educación promoverá e planificará, con carácter anual, as diferentes accións tendentes ao seguimento e á avaliación da convivencia nos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos servizos territoriais da Inspección Educativa.
Para realizar o seguimento e a avaliación da convivencia escolar teranse en conta, entre outros, os informes anuais que realicen as respectivas comisións de convivencia e as conclusións das memorias anuais dos respectivos plans de convivencia, así como a memoria anual que elabore o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, a consellería competente en materia de educación poderá solicitar información de todos aqueles organismos, institucións e entidades que colaboren na mellora da convivencia escolar.
Neste plan o proceso de seguimento terá carácter trimestral e será a comisión de convivencia a que a levará a cabo en reunións ordinarias e/ou extraordinarias cando sexa preciso. Levantarase acta de cada reunión durante o curso escolar e elaborará a memoria ao final de curso do plan de convivencia, que formará parte da memoria xeral do centro.
Temporalización
Avaliación de diagnóstico:
É unha avaliación previa ou inicial que terá carácter diagnóstico que permita deseñar un plan convivencia realista e adaptado ás necesidades do centro.
Esta avaliación inicial será supervisada ao inicio de cada curso.
Realizarase unha nova avaliación de diagnóstico nos casos seguintes:
Cando se propoña unha revisión profunda do Plan de Convivencia.
Cando a supervisión anual reflicta discrepancias considerables entre a situación actual do centro e a situación no tempo en que se fixo a última avaliación de diagnóstico.
Avaliación de procesos:
Será levada a cabo no seguimento da implementación do Plan de Convivencia.
Especificarase nas concrecións anuais do Plan de Convivencia.
Terá en conta todas as actuacións, medidas e programas a desenvolver, dentro dun modelo de centro que vive a convivencia como algo global e inherente á súa organización e funcionamento.
Avaliación final ou de resultados:
Realizarase na memoria anual do Plan de Convivencia.
Permitirá comprobar se se acadaron os obxectivos e en que grao.
Terase en conta a valoración e implicación dos participantes que inclúe a toda a comunidade educativa e o seu entorno.
Criterios de avaliación
Os criterios de avaliación permiten analizar se se acadaron os obxectivos e en que grao.
Grao de consecución
A valoración do grao de consecución de cada un dos criterios de avaliación establecerase con unha das tres posibilidades seguintes:
Si
Non
Case
Criterios a avaliar
No ámbito do centro:
Revisáronse os documentos oficiais de centro e deixaron constancia dos contidos específicos sobre convivencia.
Adecuouse a normativa educativa e as actualizacións ás necesidades do centro.
Implicouse a toda a comunidade educativa en materia de convivencia.
Informouse e comunicouse de todos os protocolos necesarios para un bo clima de centro e a resolución de conflitos.
Proporcionouse unha formación permanente en temas relativos á convivencia.
No ámbito do alumnado:
Detectáronse necesidades de carácter persoal que poden incidir na conduta para facer prevención u intervencións inmediatas.
Prevíronse e desenvolvéronse actuacións a nivel individual para a resolución pacífica de conflitos.
Realizáronse intervencións a nivel grupal, dende as titorías, para a resolución pacífica de conflitos.
Formouse e preparouse ao alumnado para formar un equipo de mediación e axuda ao alumnado con máis necesidades de control conductual.
No ámbito das familias:
Corresponsabilizouse ás familias no labor para unha boa convivencia.
Colaboraron co centro para axudar aos alumnos con máis necesidades a mellorar e resolver problemas de convivencia.
Informouse e aceptaron as normas de convivencia do noso centro desde as vías de comunicación dispoñibles.
Contaron coas canles de comunicación para tratar problemas de conduta.
No ámbito de outros axentes educativos:
Implicouse á Administración educativa na toma de medidas educativas e correctoras do centro educativo coa formación técnica en temas de convivencia.
Tivéronse en conta aos axentes dos EOE especializado como un nivel externo de orientación educativa, sobre todo co especialista en transtornos de conduta.
Contouse coa colaboración doutras administracións.
Contouse coa colaboración do Concello: servizos sociais.
Valorouse a colaboración doutras asociacións sen ánimo de lucro relacionadas con temas de convivencia.
Instrumentos de avaliación
Teranse en conta diversos tipos de recursos para valorar a convivencia, tanto cualitativos como cuantitativos:
Cuestionarios.
Enquisas.
Rexistros.
Todos aqueles documentos que se consideren de interese para a avaliación do plan.
Para finalizar o plan de convivencia, feito o seu deseño, implementado, e avaliado, ao finalizar cada curso escolar a Comisón de Convivencia redactará unha memoria que permitirá establecer propostas no propio plan e de cara aos novos cursos para a mellora da convivencia.
Centraremos, sobre todo, no nivel de implicación e participación dos distintos membros da comunidade educativa e dos axentes do entorno. Revisaremos e estableceremos novos obxectivos a conseguir deseñando actuacións, medidas e programas que permitan a súa consecución, sempre atendendo ás necesidades que vaian xurdindo no noso centro educativo.
Todo o plan debe estar dentro dun modelo de convivencia integrado e globalizado, que facilite e mellore o desenvolvemento integral dos nosos alumnos nuns principios e valores propiamente democráticos, onde participe toda a comunidade educativa.
Protocolo de absentismo: >>
Protocolo de acoso escolar: >>
NOFC (Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia): >>
Considérase moi recomendable desenvolver os seguintes documentos para incluilos no protocolo:
CUESTIONARIO DE CONVIVENCIA ESCOLAR NO CENTRO EDUCATIVO.
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE UN COMPORTAMENTO DISRUPTIVO
FICHA DE REFLEXIÓN para profundizar na versión do alumno e para facerlle reflexionar sobre o acontecido.
CUESTIONARIO SOCIOMÉTRICO.
DATOS SOBRE OS SUCESOS OCURRIDOS.
MODELO DE FICHA DE REXISTRO DE COMPORTAMENTOS DISRUPTIVOS.
MODELO DE CUESTIONARIO PARA OS ALUMNOS.