INFORMACIÓN IMPORTANTE CURSO 2025-2026
Podes consultar no seguinte enlace:
https://www.ciug.gal/PDF/2025/ACCESO/notas_de_corte_2025.pdf
Para consultar a información sobre as ponderacións para o curso 2025-2026 podes consultar nos seguintes enlaces:
www.ciug.gal/PDF/2026/Acceso/ponderacions_2026.pdf
www.ciug.gal/PDF/2025/ACCESO/resolucion_novas_ponderacions_novos_pceos.pdf
Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2025-2026 cursen ensinos postobrigatorios con validez en todo o territorio nacional.
Poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e que vaian a cursar algúns dos seguintes ensinos:
a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
b) Ciclos de Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
c) Ensinos artísticos profesionais.
d) Ensinos deportivos.
e) Estudos relixiosos superiores.
f) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
g) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
h) Ciclos Formativos de Grao Básico.
i) Ensinos artísticos superiores.
j) Ensinos universitarios conducentes a títulos oficiais de grao e de máster.
k) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
l) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de máster e créditos complementarios para a obtención do título de grao.
O prazo para presentar a solicitude de bolsa tanto para estudos universitarios como non universitarios estenderase desde o día 24 de marzo ás 8:00 ata o 14 de maio de 2025, ás 15:00, ambos inclusive.
Importante!: Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.
Máis información no BOE do 20 de marzo de 2025 e en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
DATAS DAS PROBAS:
26 de abril de 2025.
16 de xuño de 2025.
O apto nestas probas mantense ata o curso 2026/2027 e 2027/2028 incluído este.
PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:
Para convocatoria de abril: Do 3 ao 25 de marzo de 2025 ás 14,00h.
Para a convocatoria de xuño: Do 8 ó 28 de maio de 2025 ás 14,00h.
TAXAS DE EXAME:
69,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás dúas convocatorias. En caso de presentarse de novo á 2ª convocatoria haberá que aboar soamente o seguro de accidentes.
LUGAR DE EXAME:
Na Facultade de C.C do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, sita na Avda. Ernesto Che Guevara, 121, Oleiros
INSCRICIÓN E INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS:
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse o formulario online de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición.
DO 24 de Febreiro ao 12 de Marzo podes facer a inscrición para as probas de acceso a FP medio ou superior.
Se precisas máis información pregunta no Departamento de Orientación.
ADMISIÓN FP 2024-2025
Podes consultar as instruccións xerais no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25-instrucions-xerais
https://uniscopio.com/wp-content/uploads/2024/04/guia-acceso-uniscopio-2024.pdf
8 DE MARZO
Premio Clara Campoamor 2024 á Igualdade de Oportunidades polo Concello de Ourense
ENCONTROS VIRTUAIS NA USC
A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
Os días 21, 22, 25 e 26 de marzo de 2024.
En cada grao que che interese está o horario e a ligazón para conectarse por videoconferencia co profesorado do centro.
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
A proba divídese en tres partes:
- Parte sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Parte matemática: matemáticas.
- Parte científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
A proba divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.
- Parte específica:
Opcion A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.
A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:
Para a primeira convocatoria: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
Para a segunda convocatoria: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.
ABAU 2024
CONVOCATORIA ORDINARIA: 4,5,6 DE XUÑO
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: 2,3,4 DE XULLO