Páxina principal
Alumnado e familias
Visto e prace da Comisión de convivencia: xx/xx/20xx (acta)
Aprobado por Consello escolar: xx/xx/20xx (acta)
Dar cumprimento á normativa de educación no que se refire á elaboración das normas de organización, funcionamento e convivencia do centro.
Lei 4/2011 de convivencia e participación:
Artigo 10. Plan de convivencia e normas de convivencia.
2. As normas de organización e funcionamento de cada centro docente incluirán as normas de convivencia que garantan o cumprimento do plan de convivencia. Estas normas serán públicas e os centros docentes facilitarán o seu coñecemento por parte de todos os membros da comunidade educativa.
3. En particular, as normas de convivencia de cada centro concretarán os dereitos e os deberes do alumnado e establecerán as condutas contrarias á convivencia e as correccións que correspondan ao seu incumprimento, no marco do disposto por este título e das disposicións regulamentarias que o desenvolvan.
4. Así mesmo, as normas de convivencia poderán conter previsións sobre a vestimenta ou o xeito de presentarse do alumnado, orientadas a garantir que este non atente contra a súa dignidade, non supoña unha discriminación por razón de sexo ou un risco para a súa saúde e integridade persoal e a dos demais membros da comunidade educativa ou non impida ou dificulte a normal participación do alumnado nas actividades docentes.
Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
Artigo 11. Obxecto, fins e principios do plan de convivencia.
5. A elaboración do plan de convivencia suporá a análise e valoración sobre os principais documentos organizativos e curriculares do centro e, de ser o caso, a súa actualización conforme o establecido neste decreto. Estes documentos son:
a) O proxecto educativo do centro.
b) A concreción curricular, respecto do desenvolvemento das competencias básicas e da metodoloxía empregada.
c) O plan xeral de atención á diversidade e o plan de acción titorial.
d) As normas de organización e funcionamento do centro, sobre todo aquelas que garantan o cumprimento do plan de convivencia e as que recollan respostas educativas que o centro proporciona aos diferentes intereses e motivacións do alumnado.
Artigo 18. Normas de organizazión e funcionamento.
1. As normas de organización e funcionamento de cada centro docente incluirán as normas de convivencia que garantan o cumprimento do plan de convivencia. Estas normas serán públicas e os centros docentes facilitarán o seu coñecemento por parte de todos os membros da comunidade educativa.
2. Recollerán, ademais, a organización dos espazos e dos tempos, así como a distribución dos recursos, para favorecer unha convivencia positiva no centro educativo.
3. Establecerán os procedementos de comunicación ás familias das faltas de asistencia do alumnado ás clases e as correspondentes autorizacións ou xustificacións para os casos de ausencia cando estes ou estas sexan menores de idade non emancipados/as.
Artigo 19. Normas de convivencia
1. As normas de convivencia, que serán elaboradas polos centros docentes, terán como obxectivo fundamental desenvolver unhas relacións positivas entre os diferentes membros da comunidade educativa para lograr un clima escolar axeitado que facilite o logro dos obxectivos educativos e o éxito escolar.
2. En particular, as normas de convivencia de cada centro docente concretarán os dereitos e deberes do alumnado, establecerán as condutas contrarias á convivencia e as correccións que lle correspondan polo seu incumprimento, de acordo co previsto na Lei 4/2011 e neste decreto.
3. Poderán incluír previsións sobre a vestimenta do alumnado no centro docente ou a maneira de presentarse neste, orientadas a garantir que non atenten contra a súa dignidade, non supoñan unha discriminación por razón de sexo ou un risco para a súa saúde ou integridade persoal, e a dos demais membros da comunidade educativa, ou non impidan ou dificulten a normal participación do alumnado nas actividades educativas.
4. Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica.
Artigo 20. Aplicación, difusión e seguimento das normas de organización e funcionamento e das normas de convivencia
1. As normas de convivencia do centro, logo da súa aprobación, serán de obrigado cumprimento para toda a comunidade educativa e estarán recollidas no plan de convivencia do centro.
2. O equipo directivo do centro, o claustro e o consello escolar, a través da comisión de convivencia, velarán polo cumprimento das normas establecidas.
3. Correspóndelle ao equipo directivo do centro levar a cabo as actuacións necesarias para a difusión das normas de organización e funcionamento e das normas de convivencia entre a comunidade educativa.
Todos/as os integrantes da comunidade educativa.
Todas as definicións asociadas ás NOFC atópanse na normativa educativa que as regulan e que se relacionan no apartado "Obxecto".
Dereitos
A ser respectados e recibir un trato adecuado polo resto da comunidade educativa.
A estar informados sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas, para o que se lles facilitará o acceso ao profesorado e aos membros dos equipos directivos dos centros docentes.
A recibir información sobre as normas que regulamentan a convivencia nos centros docentes.
A ser oídos, nos termos previstos por esta lei, nos procedementos disciplinarios para a imposición de medidas correctoras de condutas contrarias á convivencia dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas.
A participar no proceso educativo a través de consultas e outros procedementos de participación directa que estableza a administración educativa.
Recibir información sobre os medios de comunición telemáticos que o centro empregará e sobre o uso da aula virtual para poder apoiar os seus fillos/as en caso de ser necesario o ensino a distancia.
Acceder á información relacionada co funcionamento do centro e ó proceso de ensinanza-aprendizaxe no cal participa o seu fillo/a.
Poder comunicarse de xeito telemático co titor e co equipo docente do seu fillo/a
Deberes
Coñecer, participar e apoiar a evolución do proceso educativo dos seus fillos/as ou pupilos/as, en colaboración co profesorado e cos centros docentes.
Coñecer as normas establecidas polos centros docentes, respectalas e facelas respectar, así como respectar e facer respectar a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado no exercicio das súas competencias.
Fomentar o respecto polos restantes compoñentes da comunidade educativa.
Colaborar cos centros docentes na prevención e corrección das condutas contrarias ás normas de convivencia dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas.
Colaborar para que o seu fillo/a siga o ensino virtual na casa, nas horas indicadas, e coas normas establecidas.
Comunicar as incidencias que xurdan ou as carencias que impidan desenvolver as actividades lectivas.
Responsabilizarse, se é o caso, dos materiais que se lle cedan por parte do centro co fin de que o seu fillo/a poida realizar con normalidade as tarefas encomendadas e vixiar que se empreguen para uso educativo (será necesario cubrir o formulario de solicitude correspondente). Ese material deberá ser devolto ó rematar cada ano escolar).
Dereitos
A recibir unha formación integral e coeducativa que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade nun ambiente educativo de convivencia, liberdade e respecto mutuo.
A que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais.
Á protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as situacións de acoso escolar.
A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola administración educativa, nos termos previstos no título IV da Lei 4/2011.
A participar na confección das normas de convivencia e na resolución pacífica de conflitos e, en xeral, a participar na toma de decisións do centro en materia de convivencia.
Con carácter xeral, e salvo circunstancias xustificadas que o impidan, a revisar todas e cada unha das probas, exames, traballos e calquera outra actividade que se teña en conta para a súa avaliación, sexa esta final ou parcial. Este dereito supoñerá a obriga correlativa do profesorado, que deberá expor os criterios de avaliación (recollidos na programación) que se seguiron na corrección da actividade de avaliación de que se trate. No caso de alumnado maior de idade, este dereito poderá ser única e exclusivamente exercido por eles mesmos. No caso de alumnado menor de idade non emancipado, este poderá solicitar cita para a revisión das probas e actividades acompañado de seus pais ou titores co profesor correspondente na sesión dedicada no seu horario á atención a pais/nais de alumnos.
Cando o alumnado non poida realizar un exame por unha causa xustificada, ademais de xustificar a ausencia ao titor/a deberá xustificar esa ausencia ao profesor/a da materia da que non realizou o exame. Nesta situación, terá dereito a marcar co profesor/a unha nova data de exame no prazo máis breve posible sempre e cando os prazos legais o permitan e tendo en conta as causas que levaron á ausencia do alumno/a, e incluso nun tramo horario distinto do habitual nesa materia sempre e cando sexa compatible coa xornada laboral do profesor/profesora.
A participación en asembleas e reunións de estudantes en horario lectivo debidamente convocadas conforme ao establecido no apartado Asembleas do alumnado destas normas.
Deberes
Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros ou compañeiras á educación.
Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro.
Facer entrega ao profesor que así o requira de calquera obxecto, substancia ou produto que porte e que estea expresamente prohibido polas normas do centro, resulte perigoso para a súa saúde ou integridade persoal ou a dos demais membros da comunidade educativa ou poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares.
Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade educativa.
Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro docente.
Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro.
Intervir, a través das canles regulamentarias, en todo aquilo que afecte á convivencia dos seus respectivos centros docentes.
Seguir as directrices do profesorado respecto da súa educación e aprendizaxe.
Asistir a clases co material necesario para a realización das tarefas encomendadas. Os Equipos de Protección Individual (EPI) serán adquiridos polos alumnos. Ao comezo de curso todo o alumnado que precise deste equipamento asinará un documento onde figure a obrigatoriedade do uso deste material. En caso de ser menor de idade, este documento será asinado polos pais ou titores legais en presenza do alumno.
Manter unha actitude correcta na aula e nos corredores respectando as normas de urbanidade e cívicas básicas.
Asistir ó centro educativo coa vestimenta adecuada para este contexto. Neste sentido, o alumnado non poderá dentro do centro cubrir a cabeza ou o rostro con ningunha peza (gorro, gorra, veo...), salvo casos xustificados por motivos culturais ou médicos sempre que a peza usada non impida identificar perfectamente a cara do alumno/a e que na realización de probas de avaliación deixe á vista as orellas. Se se dese algunha situación como as nomeadas anteriormente, o alumno/a implicado deberá comunicalo ó equipo directivo que lle requirirá a xustificación pertinente antes de autorizar o uso de calquera peza.
Respectar o lugar asignado nos diferentes espazos do centro que non poderá ser abandonado sen permiso dun profesor. Polo tanto, á saída ó baño só se permitirá en casos de extrema necesidade, sendo o profesor o que valore esa condición. En caso de cambio de clase, o alumnado farao de xeito ordenado.
Non manipular ningún aparello da aula (ordenador, teclado, canón) que sexa de uso exclusivo do profesorado.
Evitar as aglomeracións tanto nas saídas como nas entradas ó centro.
Respectar as normas de funcionamento establecidas para uso da aula virtual e do recurso da videoconferencia.
Coidar o material que se lle proporcione desde o centro ou desde a consellería co fin de que poida seguir con normalidade a ensinanza a distancia en caso de ser necesario ou co fin de cubrir as necesidades tecnolóxicas das familias.
Regulamento do dereito á reclamación do trato co profesorado, persoal non docente e con outro alumnado
O alumnado que teña algún problema no desenvolvemento da actividade lectiva, de trato con calquera profesor, ou con outro compañeiro do centro, ou con persoal non docente, en primeiro lugar comunicará as súas queixas ou reclamacións á persoa coa que ten o desencontro.
De non acadar unha resolución satisfactoria ou non ser posible ese diálogo, deberao poñer en coñecemento do titor/a que obrigatoriamente llo comunicará ao persoal implicado. No caso de que esta situación persista, logo de ter falado co titor/a, poderao poñer en coñecemento do equipo directivo presentando un escrito no que se recolla a súa versión do problema.
Diante deste escrito, o equipo directivo deberá convocar unha reunión na que se atopen presentes as partes implicadas no problema. Se desa reunión non saíra un acordo sobre como resolver a situación, o alumnado poderá presentar un escrito por rexistro de entrada solicitando que se dea traslado deste á Inspección Educativa.
Representación do alumnado
A representación do alumnado regularase conforme ao establecido no Protocolo de representación do alumnado.
Dereitos
A ser respectado, recibir un trato adecuado e ser valorado polo resto da comunidade educativa e pola sociedade en xeral no exercicio das súas funcións.
A desenvolver a súa función docente nun ambiente educativo adecuado no que se preserve en todo caso a súa integridade física e moral.
A participar e recibir a colaboración necesaria para a mellora da convivencia escolar e da educación integral do alumnado.
A que se lle recoñezan as facultades precisas para manter un adecuado ambiente de convivencia durante as clases e as actividades e os servizos complementarios e extraescolares.
Á protección xurídica adecuada ás súas funcións docentes.
A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola administración educativa.
A acceder á formación necesaria na atención á diversidade e na conflitividade escolar e recibir os estímulos máis axeitados para promover a implicación do profesorado en actividades e experiencias pedagóxicas de innovación educativa relacionadas coa convivencia e a mediación.
A requirir ao alumnado, dentro do recinto escolar e tamén durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, a entrega de calquera obxecto, substancia ou produto que porte e que estea expresamente prohibido polas normas do centro, resulte perigoso para a súa saúde ou integridade persoal ou a dos demais membros da comunidade educativa ou poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares.
Recibir formación relacionada con distintas ferramentas de ensino a distancia.
Contar coa axuda do Coordinador TIC, do Centro de Formación e Recursos e de Amtega para o emprego de ferramentas para o ensino telemático.
Deberes
Respectar e facer respectar as normas de convivencia escolar e a identidade, integridade e dignidade persoais de todos os membros da comunidade educativa.
Asistir a clase e ás gardas con puntualidade. No caso de non poder asistir ou non poder chegar a tempo, avisarase ao centro o antes posible. Cando o atraso dun profesor fose superior a 10 minutos, anotarase por parte do profesor de garda como falta de asistencia no libro de gardas.
Adoptar as decisións oportunas e necesarias para manter un adecuado ambiente de convivencia durante as clases e as actividades e os servizos complementarios e extraescolares, corrixindo, cando lle corresponda a competencia, as condutas contrarias á convivencia do alumnado ou, no caso contrario, poñéndoas en coñecemento dos membros do equipo directivo do centro.
Colaborar activamente na prevención, detección e erradicación das condutas contrarias á convivencia e, en particular, das situacións de acoso escolar.
Dar a coñecer todas e cada unha das probas, exames, traballos e calquera outra actividade que se teña en conta para a súa avaliación, sexa esta final ou parcial. O profesorado deberá expor os criterios de avaliación (recollidos na programación) que se seguiron na corrección da actividade de avaliación de que se trate. No caso de alumnado maior de idade, este dereito poderá ser única e exclusivamente exercido por eles mesmos. No caso de alumnado menor de idade non emancipado, este poderá solicitar cita para a revisión da proba acompañado de seus responsables co profesor/a correspondente na sesión dedicada no seu horario á atención a responsables de alumnos/as.
Informar aos responsables dos alumnos/as sobre o seu progreso de aprendizaxe e integración socioeducativa, cumprindo as obrigas de dispoñibilidade dentro do horario establecido no centro para a atención a aqueles que lle impoña a normativa aplicable.
Informar aos responsables do centro docente e, de ser o caso, á administración educativa das alteracións da convivencia, gardando reserva e sixilo profesional sobre a información e as circunstancias persoais e familiares do alumnado, sempre tendo en conta a lei de protección de datos e a exclusividade na información que require o alumnado maior de idade (agás que dea os permisos necesarios).
Contar coa formación necesaria para o desenvolvemento da ensinanza on line e para a comunicación telemática co alumnado e os seus responsables en caso de que sexa necesario.
Experimentar cos seus alumnos/as cos distintos medios de comunicación telemática e coa aula virtual que se van empregar en caso de ensino on line por se fose preciso usalos.
Condición de autoridade pública do profesorado
Tal e como establece a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.
No exercicio das funcións directivas e organizativas, docentes e de corrección disciplinaria, o profesorado ten a condición de autoridade pública e goza da protección recoñecida a tal condición polo ordenamento xurídico.
No exercicio das funcións de corrección disciplinaria, os feitos constatados polo profesorado e que se formalicen por escrito en documento que conte cos requisitos establecidos regulamentariamente teñen presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa poida sinalar ou achegar o alumnado ou os seus representantes legais cando sexa menor de idade non emancipado.
O profesorado está facultado para requirir ao alumnado, dentro do recinto escolar e tamén durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, a entrega de calquera obxecto, substancia ou produto que porte e que estea expresamente prohibido polas normas do centro, resulte perigoso para a súa saúde ou integridade persoal ou a dos demais membros da comunidade educativa ou poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares.
O requirimento previsto neste punto obriga ao alumno/a requirido á inmediata entrega do obxecto, que será depositado polo profesorado na dirección do centro coas debidas garantías, e que quedará á disposición da nai ou pai ou da titora ou titor, se a alumna ou alumno que o porta for menor de idade non emancipada/o, ou da propia alumna ou alumno, se for maior de 18 anos, unha vez terminada a xornada escolar ou a actividade complementaria ou extraescolar. Todo iso sen prexuízo das correccións disciplinarias que poidan corresponder.
Procedemento de selección de representantes do centro
Para efectuar a selección de representantes en probas selectivas ou doutra índole nas que teña que participar o centro teranse en conta os seguintes criterios:
Con carácter xeral, non poderá ser unha persoa con destino provisional no centro salvo que sexa docente do grupo de alumnado que participe nesa convocatoria.
Elixirase, preferentemente, entre persoas que teñan algunha relación coa representación que vaian ostentar (PAU, probas de acceso a ciclos, probas libres de ESA, etc.), sendo esta elección por orde alfabética da listaxe do claustro, comezando pola letra que teña saído no sorteo anual a efectos varios.
Unha vez se teña actuado como representante non se volverá a repetir como tal no presente curso académico nin nos tres seguintes, salvo que xa tiveran participado todos os compoñentes do claustro de profesores e houbera necesidade de comezar de novo coa rotación.
Dereitos
A ser respectados/as por todos os membros da comunidade educativa.
A que o seu horario se axuste á normativa vixente.
A acudir á dirección para tratar calquera problema que atinxa o seu labor profesional e expresar libremente a súa opinión aos órganos colexiados do centro sobre a marcha do mesmo.
A participar, no exercicio das súas funcións, na mellora da convivencia escolar.
Á protección xurídica adecuada ás súas funcións.
A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola administración educativa.
Deberes
Cumprir as tarefas que teñan encomendadas en función do nivel do cargo que ocupen.
Poñer en coñecemento dalgún membro do Equipo Directivo calquera incidencia ocorrida no desempeño das súas funcións
Informar aos responsables do centro docente e, de ser o caso, á administración educativa das alteracións da convivencia, gardando reserva e sixilo profesional sobre a información e as circunstancias persoais e familiares do alumnado.
Gardar sixilo e confidencialidade respecto das actuacións relacionadas co ámbito educativo das que teña coñecemento, sempre tendo en conta a lei de protección de datos e a exclusividade na información que require o alumnado maior de idade (agás que dea os permisos necesarios).
Funcións dos conserxes
As súas funcións están reguladas na Resolución do 10 de decembro de 1987, publicada no BOE nº 302, o 18 de decembro de 1987. Establécense como funcións propias:
Custodiar o mobiliario, máquinas, instalacións e locais.
Controlar a entrada das persoas alleas ao servizo, recibir as súas peticións relacionadas co mesmo e indicarlles a unidade ou a oficina á que deben dirixirse.
Atender o teléfono e derivar as chamadas ou localizar os membros da comunidade educativa aos que van dirixidas tales chamadas ou coller recado para llelo dar cando sexa posible.
A apertura e peche do centro.
Custodiar as chaves dos despachos e oficinas.
Recibir, conservar e distribuír os documentos, obxectos e correspondencia que a tales efectos lles sexan encomendados.
Realizar, dentro das dependencias, os traslados de material, mobiliario e aparellos que fosen necesarios.
Realizar os encargos relacionados co servizo que se lles encomende, dentro ou fóra do edificio.
Manexar máquinas reprodutoras, multicopistas, fotocopiadoras, encadernadoras e outras análogas, cando sexan autorizados para iso pola Dirección do centro, oficina ou dependencia, así como realizar fotocopias ao persoal docente e ao alumnado.
Prestar, no seu caso, servizos adecuados á natureza das súas función en arquivos, biblioteca, almacéns, ascensores, etc.
Atención e coidado do alumnado no centro.
En xeral, outras tarefas de carácter similar que por razón do servizo se lles encomende.
Despois de tocar o timbre, e durante os primeiros minutos, os conserxes percorrerán exteriores, corredores e lugares de uso común para manter un ambiente de traballo e estudo, e colaborarán co profesorado nas accións de control docente que se lles encomenden.
Os e as conserxes teñen o deber de corrixir, se fose preciso, actitudes ou comportamentos penalizados por estas Normas e de comunicalo á dirección para que se tomen as medidas pertinentes.
Avisar dos desperfectos detectados.
Comunicar ao secretario/a as necesidades de material funxible.
Realizar pequenas reparacións de mantemento do centro e os seus equipamentos.
Funcións do persoal de limpeza
As súas funcións están reguladas na Resolución do 10 de decembro de 1987, publicada no BOE nº 302, o 18 de decembro de 1987. Establécense como funcións propias:
Realización da limpeza nas aulas, despachos, talleres, servizos e demais dependencias do centro, movendo pequeno mobiliario e enseres necesarios da correspondente dependencia.
Ordenación de enseres.
Manipulación, no seu caso, de maquinaria de limpeza.
Comunicar ao secretario/a as necesidades de material funxible.
En xeral, calquera outras tarefas afíns á categoría do posto e semellantes ás anteriormente descritas, que lle sexan encomendadas polo secretario/a ou director/a e resulten necesarias por razóns do servizo.
Comunicar os desperfectos detectados.
Desenvolver tarefas de limpeza a fondo dos espazos do Centro durante os períodos vacacionais do alumnado.
A limpeza xeral realizarase en horario establecido pola Secretaría conforme ao establecido legalmente.
Funcións do persoal administrativo
As súas funcións están reguladas na Resolución do 10 de decembro de 1987, publicada no BOE nº 302, o 18 de decembro de 1987. Establécense como funcións propias:
O horario de atención ao público será de 8.30 a 14.30 horas.
A Dirección poderá alterar a xornada laboral cando as necesidades do Centro así o esixan (avaliacións, período de matrículas,...), respectando as horas totais semanais.
Realizar todos aqueles trámites e xestións propios da administración do centro educativo (matrículas, expedientes...) xunto coas fotocopias que para iso sexan necesarias.
Atender as consultas que poidan chegar ao centro, tanto presencialmente como por teléfono ou mail, acerca de matrículas e calquera outro trámite administrativo que se desenvolva no noso centro educativo.
Levar o rexistro de entrada e saída do centro, así como a compulsa, de documentación que se achegue nos distintos procedementos administrativos.
Custodiar selos e documentación administrativa do centro, manténdoos baixo chave e non cedéndoos agás aos membros do Equipo Directivo ou outros docentes conforme permiso expreso previo dalgún membro do Equipo.
As portas de acceso ó centro abriranse con 15 minutos de antelación ó comezo das clases e pecharanse 10 minutos despois de tocar o segundo timbre. No caso de que un alumno chegue máis tarde deses 10 minutos, deberá xustificar a falta de puntualidade para poder acceder. Ó alumnado da ESO sempre se lle permitirá o acceso.
Entre hora e hora a porta da entrada será aberta durante o tempo suficiente para que se poida producir o acceso durante o cambio de clase. A falta de puntualidade deberá ser xustificada para poder acceder ó centro. Ó alumnado da ESO sempre se lle permitirá o acceso.
Despois do recreo a porta da entrada pecharase ós 5 minutos de tocar o segundo timbre. A falta de puntualidade deberá ser xustificada para poder acceder ó centro. Ó alumnado da ESO sempre se lle permitirá o acceso.
Unha vez comezada a actividade lectiva, os alumnos/as de ESO non poderán abandonar sen causa xustificada o recinto do centro.
En caso de que un alumno/a de ESO deba abandonar o centro xustificadamente, o seu responsable deberá de recollelo persoalmente e cubrir o rexistro da saída que se atopa en Conserxaría.
No momento en que o alumnado entre no instituto, deberá dirixirse directamente á aula de referencia e non poderá permanecer na entrada nin nos corredores do centro.
As aulas abriranse antes da chegada do alumnado ó centro para que cando este se dirixa á aula correspondente poida ocupar o lugar que lle foi asignado, de xeito que non se produzan aglomeración na porta da aula nin nos corredores.
O profesorado de primeira hora da mañá acudirá cinco minutos antes do comezo da clase para atender o alumnado que chegue antes de tempo. Polo mesmo motivo, o profesorado de garda de acollemento comezará a garda ás 8:30 co fin de atender o alumnado transportado.
O alumnado maior de idade terá dereito a saír do centro educativo con normalidade, aínda que se lle poderá requirir algún tipo de documento que acredite a súa idade en caso de que xurdan dúbidas sobre ela.
Os alumnos de ciclos e Bacharelato menores de idade a partir dos 16 anos e autorizados poderán saír do centro durante o recreo. Así mesmo, estes mesmos alumnos/as poderán regresar para a súas casas ás últimas horas da xornada lectiva ou non asistir ó centro ás primeiras horas en ausencia do profesor correspondente (Doc. Organización das ausencias do centro en horario lectivo).
A asistencia con puntualidade á clase dentro dos horarios é obriga para profesorado e alumnado. O seu incumprimento terá consideración especial cando as faltas ou atraso se produzan reiteradamente.
Deberá poñerse especial coidado coa puntualidade no comezo das clases, tanto por parte dos profesores/as como dos alumnos/as. As clases inícianse ao toque do segundo timbre, momento que cada alumno deberá estar ocupando o seu lugar na aula e os profesores incorporaranse de inmediato.
No caso de desprazamentos de aula entre clases, estes faranse con prontitude e evitando todo aquilo que poida molestar a atención dos compañeiros das aulas contiguas.
Os atrasos non xustificados e reiterados dos alumnos serán comunicados polo profesor ao titor correspondente. O profesor pode, se o considera oportuno, negarlle a entrada na clase ós alumnos de ciclos e Bacharelato.
Os alumnos que cheguen despois de 5 minutos de iniciadas as clases dirixiranse á súa aula, xustificando ante o profesor correspondente o seu atraso; o profesor da aula decidirá sobre a súa admisión (agás na ESO) e, en caso negativo, deberán dirixirse ó profesor de garda que lles indicará o lugar no que deben esperar ata o comezo da seguinte clase.
Calquera variación do horario de clase e calquera substitución de profesor ha de contar coa aprobación previa do xefe de estudos, que o fará saber ós profesores de garda.
A intervención dunha persoa allea ó Claustro de profesores nas clases ha de ser aprobada previamente polo director.
Os profesores/as non permitirán, agás causa xustificada, a saída de ningún alumno/a da aula antes do remate da hora de clase sinalada no horario.
Se un alumno/a interrompe de xeito grave o normal desenvolvemento dunha clase, o profesor poderá optar por indicarlle que abandone a aula e se presente de inmediato ó profesor de garda, que llo notificará á Xefatura de Estudos. O profesor mandaralle ó alumno/a un traballo personalizado, que permita continuar illadamente o desenvolvemento da materia e deberá cubrir un parte de incidencias para o titor, que quedará con copia e o entregará á Xefatura de Estudos. O profesor/a preferiblemente informará da amoestación ós pais ou titores do alumno/a.
O consumo de tabaco está prohibido en todas as dependencias do centro.
Prohíbese todo uso de terminais de telefonía móbil e demais dispositivos de gravación e reprodución, durante o desenvolvemento das actividades lectivas. Tamén durante os períodos de comedor, recreo de comedor e actividades complementarias e extraescolares. En caso de que o uso dos dispositivos mencionados sexa necesario para a realización dunha actividade, os pais, nais ou titores/as legais deberán asinar unha autorización.
As actividades lectivas desenvolveranse nas dependencias sinaladas no horario. Noutro caso, solicitarase, previamente, o correspondente permiso á Xefatura de Estudos ou cargo directivo de garda.
As clases a distancia terán a mesma consideración que as presenciais, polo tanto, ante calquera incidente, aplicarase o procedemento contemplado nas NOFC do centro para o ensino presencial, tanto no que se refire á actuación do profesorado como do alumnado.
Os instrumentos para a docencia on line serán preferiblemente as ferramentas de comunicación telemática corporativas e as aulas virtuais.
Para o desenvolvemento das clases respectarase o horario espello elaborado pola dirección en colaboración co profesorado, de maneira que calquera modificación dese horario debe ser comunicada á Xefatura de Estudos.
O proceso de ensino a distancia supón unha interacción entre alumno-profesor, profesor-alumno; xa que logo a participación dun terceiro deberá contar coa aprobación do profesor correspondente e do equipo directivo.
O ensino on line poderá desenvolverse na variante síncrona ou asíncrona.
Durante as sesións a distancia respectaranse as seguintes indicacións:
a) O alumnado deberá identificarse debidamente ó comezo da sesión. A suplantación de identidade é constitutivo de delito, polo que se debe concienciar o alumnado das consecuencias que diso se poden derivar.
b) O nome de usuario, ás ligazóns ás videoconferencias e as claves de acceso á aula virtual son de uso persoal; non deben compartirse con terceiros. O emprego destas por parte do alumnado queda baixo a súa responsabilidade.
c) Para a realización de exames a través da aula virtual ou de videoconferencia, o profesorado poderá pedirlle ó alumnado que antes das proba e/ou durante demostre a súa identidade tendo acesa a cámara. Ademais, durante o tempo que dure a proba, o alumnado deberá manterse en silencio e formulará as preguntas ó profesor/a a través do chat. Tamén procurará estar nunha estancia só, sen que ningún terceiro acceda ó lugar.
d) Nas sesións síncronas non poden realizarse capturas nin gravacións de imaxes, aínda que si sería posible facer gravacións de sons por parte do profesorado no caso de probas de tipo oral. Ese material sería responsabilidade do profesorado e non podería ser difundido. O non cumprimento deste punto por parte do alumnado supón unha falta gravemente prexudicial para a convivencia escolar (véx. o apdo correspondente destas NOFC).
e) As clases on line teñen a mesma oficialidade que as presenciais, polo que son de asistencia obrigada. En caso de que un alumno/a ou profesor/a teña que faltar, deberá de xustificalo do mesmo xeito que se ten establecido para o ensino presencial. Así mesmo, o profesorado realizará un seguimento da asistencia do alumnado do mesmo xeito e coas mesmas ferramentas que se estaban para empregar presencialmente
f) Se se dese o caso de que algún alumno/a, non se comportase conforme ás normas de convivencia recollidas nas NOFC, o profesorado poderá expulsalo da reunión. Así mesmo, deberá cubrir un parte de incidencias que se lle fará chegar á xefatura de estudos e tamén deberá informar do sucedido ós responsables do alumno/a.
As gardas desenvolveranse conforme ao establecido no Protocolo de gardas.
As actividades extraescolares e complementarias desenvolveranse conforme ao establecido no Protocolo de actividades extraescolares e complementarias.
En caso de accidentes ou indisposicións seguiranse as indicacións establecidas no Protocolo de accidentes.
As faltas de asistencia do alumnado trataranse conforme ao establecido no procedemento PR85AUL Actividades de aula.
As faltas ás clases a distancia (se fosen necesarias) terán o mesmo tratamento que as presenciais e xustificaranse polos mesmos medios.
a) Perda do dereito de Avaliación continua nos ciclos de formación profesional
O número de faltas que implica a perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo será do 10 % respecto da súa duración total. Para os efectos de determinación da perda do dereito á avaliación continua, o profesorado valorará as circunstancias persoais e laborais do alumno ou a alumna na xustificación desas faltas. Neste sentido, cada departamento establecerá os criterios que rexerán a valoración das circunstancias persoais do alumnado.
A perda do dereito de avaliación continua non será aplicable ó alumnado da FPBásica menor de 16 anos posto que neste caso seguirase o estipulado no protocolo de absentismo.
2. O profesorado poderá non permitir a realización de determinadas actividades aos alumnos e ás alumnas que perdesen o dereito á avaliación continua, sempre que poidan implicar algún tipo de risco para si mesmos, o resto do grupo ou as instalacións.
3. O alumnado que perdese o dereito á avaliación continua co cal, por razóns de inasistencia reiterada, non sexa posible utilizar os instrumentos de avaliación previstos inicialmente para cada módulo profesional, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria de avaliación previa á avaliación final de módulos correspondente.
b) Xustificación das faltas de asistencia na educación secundaria
Remitimos ó establecido no Protocolo de absentismo e na Aclaración da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a xustificación das faltas de asistencia do alumnado por motivo de asistir a consulta médica, enfermidades ou indisposicións.
Teñen dereito á participación en asembleas os alumnos de 3º de ESO e cursos superiores.
Teñen dereito á participación en asembleas os alumnos de 1º e 2º de ESO, con consentimento dos pais ou titores legais.
En calquera caso, o centro informará os pais ou titores legais dos alumnos menores de idade que secunden as convocatorias.
O alumnado ten dereito a adherirse ás convocatorias realizadas por organizacións sindicais legalmente constituídas, ou ben organizar convocatorias de asembleas de ámbito interno no centro.
Cada alumno ten o dereito de asistir normalmente á clase no caso de non secundar individualmente a convocatoria, aínda que fose secundada polo seu grupo, ou polo alumnado do centro no seu conxunto.
Cada alumno ten o dereito de secundar individualmente a convocatoria no caso de que o seu grupo, ou o alumnado do centro no seu conxunto, acordase non secundala.
Os alumnos participantes na convocatoria so poderán utilizar as instalacións do centro para a realización de asembleas, previamente solicitadas e concedidas pola Dirección.
Os alumnos participantes nas convocatorias que permanezan no centro estarán sometidos á disciplina habitual do mesmo. En ningún caso se permitirá que a actuación dos alumnos participantes na convocatoria entorpeza o normal desenvolvemento das actividades do centro.
A inasistencia á clase do alumnado durante a convocatoria considerarase unha falta xustificada a todos os efectos.
Os alumnos que falten a un exame por estaren participando na convocatoria, teñen dereito a que se lles realice o exame outro día.
Non terán consideración de participantes, e polo tanto non estará amparada polo presente regulamento, o abandono colectivo da aula por un grupo de alumnos. Tales condutas serán consideradas como faltas contrarias as normas de convivencia.
Os alumnos teñen os dereitos anteriormente enumerados cando a súa participación na convocatoria se formalice correctamente en tempo e forma, de acordo co procedemento establecido neste regulamento.
Procedemento para a participación en convocatoria de asemblea ou mobilización estudantil
Cando o alcance da convocatoria sexa superior ao propio centro, ha de estar convocada por organizacións sindicais legalmente constituídas.
Cando o alcance da convocatoria sexa exclusivamente o do propio centro, a Xunta de Delegados redactará unha exposición dos motivos que os levan a convocar a convocatoria, na que se incluirá a súa xustificación.
Cando o alcance da convocatoria sexa exclusivamente dun grupo, o Delegado redactará unha exposición dos motivos que os levan a convocar a mobilización, na que se incluirá a súa xustificación.
Dada unha convocatoria, sexa de ámbito interno ou externo, a adhesión dos alumnos á mesma será decidida en asembleas de grupo, convocadas por cada grupo, da que será preciso levantar acta, na que se incluirá unha lista dos participantes na mesma (empregar modelo normalizado).
No caso dos grupos de 1º e 2º de ESO, ademais da acta da asemblea do grupo, será necesaria unha autorización individual asinada polos pais ou titores legais por cada un dos participantes na convocatoria (empregar modelo normalizado).
Cando a convocatoria sexa externa, cada grupo presentará a súa acta da asemblea de grupo máis as autorizacións individuais, se proceden, a un membro do Equipo Directivo ou en Secretaría, con non menos de 24 horas de antelación ao desenvolvemento da mobilización.
Cando a convocatoria sexa interna, a Xunta de Delegados ou Delegado de grupo, segundo corresponda, entregarán a acta de convocatoria, xunto coas actas das asembleas dos grupos e as autorizacións individuais, se proceden, a un membro do Equipo Directivo ou en Secretaría, con non menos de 48 horas de antelación ao desenvolvemento da mobilización.
En caso de que nunha convocatoria se decidise colectivamente non secundala, o alumnado que decida individualmente facelo, deberá presentar un documento de comunicación por escrito, onde consten os seus datos persoais, curso no que está matriculado, o motivo da convocatoria, a duración da mesma e a súa adhesión á mesma. Este documento deberá ser entregado a un membro do Equipo Directivo ou en Secretaría, con non menos de 24 horas de antelación ao desenvolvemento da mobilización. En caso de alumnos de 1º ou 2º de ESO, o documento deberá estar asinado polos pais ou titores legais.
A elección de delegados e as súas funcións regularanse conforme ao establecido no Procedemento de Representación do alumnado.
Os usuarios do transporte escolar terán en conta as seguintes normas:
Deben subir ó autocar pola porta traseira e baixar del pola porta dianteira, en orde e sen precipitación, unha vez que o autocar estea debidamente estacionado.
Respectarán e obedecerán ó persoal da empresa concesionaria.
Non deben asomarse polas ventás dos autocares.
Irán sentados durante o percorrido.
Os alumnos maiores deben auxiliar ós compañeiros máis pequenos cando suban ou baixen do autocar.
Non causarán estragos no autocar.
En caso de que os responsables do transporte informen dun incidente durante o traxecto que o alumnado emprega o transporte escolar, será valorada a súa gravidade e poderanse tomar medidas correctoras ó respecto.
Os usuarios de comedor cumprirán as seguintes normas:
Acatarán as normas específicas do regulamento de funcionamento do servizo do comedor escolar do centro.
Os alumnos participarán no bo funcionamento do servizo de comedor.
A biblioteca, sempre que estea aberta, será cun profesor ó seu cargo. Permanecerá aberta o máximo de tempo que os horarios dos profesores o permitan. En todo caso, garantirase un mínimo de tempo suficiente para poder solicitar préstamos de libros.
A xestión dos préstamos axustaranse ó Regulamento da Biblioteca.
A función da biblioteca é a de ser un lugar de estudo e lectura.
A biblioteca poderá usarse para impartir clase das materias que precisen consultar moita bibliografía. Tamén a poderán utilizar os alumnos que, por falta dalgún profesor, non teñan clase a esa hora e así llelo indique o profesor de garda.
As faltas de asistencia do profesorado trataranse conforme ao establecido na normativa:
Orde do 29 de xaneiro de 2016: regulación do réxime de permisos, licenzas e vacacións.
Orde do 24 de febreiro de 2016: ampliación da Orde do 29 de xaneiro.
Establécense como normas de convivencia as recollidas na normativa:
Real Decreto 732/1995 de 5 de maio.
Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.
Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
Os procesos de corrección das condutas do alumnado contrarias á convivencia escolar forman parte do seu proceso educativo, polo que as correccións que se apliquen polo incumprimento das normas de convivencia deben reunir os seguintes requisitos:
Ter carácter educativo e recuperador.
Garantir o respecto dos dereitos de todo o alumnado e procurar a mellora da convivencia no centro.
Contribuír a que o alumno corrixido asuma o cumprimento dos seus deberes e mellore as súas relacións con todos os membros da comunidade escolar e se integre no centro.
Ser proporcionais á gravidade da conduta corrixida.
O diálogo e a conciliación serán as estratexias habituais e preferentes para a resolución de conflitos no ámbito escolar.
Nos casos en que fose necesario, realizarase a oportuna asistencia e orientación psicopedagóxica ás vítimas e ás persoas agresoras.
Garantiráselle ao alumnado vítima de situacións de acoso escolar a protección da súa integridade e dignidade persoais e do seu dereito á educación, e deberá primar sempre o interese da vítima sobre calquera outra consideración no tratamento destas situacións.
Esta protección garantirase mediante medidas cautelares que impidan a ameaza, o control ou o contacto entre vítima e causantes da situación de acoso.
O incumprimento das normas de convivencia será valorado antes da imposición da corrección tendo presente a idade e as circunstancias persoais, familiares ou sociais do alumnado corrixido.
Ningún alumno poderá ser privado do exercicio do seu dereito á educación nin, para o caso da educación obrigatoria, do seu dereito á escolaridade.
Non poderán imporse correccións contrarias á integridade física e á dignidade persoal do alumnado.
Para o caso de alumnado menor de idade non emancipado, as persoas proxenitoras ou representantes legais deste deberán ter puntual información sobre as correccións de condutas que lles afecten nos termos establecidos nestas normas.
Os incumprimentos do establecido por estas NOFC que causen alteracións indesexables e
inxustificadas no funcionamento do centro , cando estas non sexan graves.
O tratamento pouco respectuoso, que non teña o carácter de humillante ou seriamente discriminatorio a outras persoas da comunidade, xa sexa nas súas crenzas, os seus familiares, os seus sentimentos ou en calquera dos aspectos que a constitúen.
A agresión física ou moral, que con carácter leve se produza contra calquera outra persoa do centro.
Os danos leves, causados pola neglixencia e sen intencionalidade, nos locais, material ou documentación do centro ou nos bens de calquera persoa da comunidade.
Calquera acto inxustificado que perturbe levemente o normal desenvolvemento das actividades educativas do centro.
Actuacións levemente prexudiciais para a saúde ou á integridade física doutras persoas.
Faltas de asistencia a clase inxustificadas.
A falta de asistencia colectiva e inxustificada a clase.
A reiteración de faltas de puntualidade.
Ausentarse da aula, antes de que chegue o profesorado de garda.
A reiterada asistencia ao centro sen o material e equipamento precisos para participar activamente no desenvolvemento das clases.
Portar calquera obxecto, substancia ou produto sexa perigoso para a saúde ou integridade persoal do alumnado ou dos demais membros da comunidade educativa, ou que perturbe o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares, cando non constitúa conduta gravemente prexudicial para a convivencia .
Non seguir as directrices do profesorado,do persoal administrativo e de servizos, así como do persoal da cafetería no propio espazo destinado a tal fin.
Tirar ao chan papeis ou desperdicios.
Molestar con ruídos, berros, carreiras, charlas, inadecuado comportamento ou outras manifestacións que perturben o desenvolvemento da actividade docente.
O uso do teléfono móbil durante o transcurso das clases.
O uso de calquera aparato electrónico que perturbe o normal desenvolvemento das clases.
Calquera outra conduta que atente contra comportamentos cívicos.
Medidas correctoras
A sanción dos comportamentos que constitúan condutas contrarias á convivencia non esixirá a instrución de expediente. O Consello Escolar autoriza expresamente ás persoas autorizadas que se mencionan a continuación para que poidan impoñer as seguintes medidas correctivas, sempre cun carácter formativo e respectando os dereitos e deberes do alumnado.
Profesorado en xeral
Amoestación privada ou por escrito.
Comparecencia inmediata ante Dirección ou Xefatura de estudos.
Incautación de terminais de telefonía móbil ou outros dispositivos de gravación ou reproducción durante o desenvolvemento dunha clase.
En calidade de autorizade pública:
O profesorado está facultado para requirir ao alumnado, dentro do recinto escolar e tamén durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, a entrega de calquera obxecto, substancia ou produto que porte e que estea expresamente prohibido polas normas do centro, resulte perigoso para a súa saúde ou integridade persoal ou a dos demais membros da comunidade educativa ou poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares.
O requirimento previsto neste punto obriga a alumna ou alumno requirido á inmediata entrega do obxecto, que será depositado polo profesorado na dirección do centro coas debidas garantías, quedando á disposición da nai ou pai ou da titora ou titor, se a alumna ou alumno que o porta for menor de idade, ou da propia alumna ou alumno, se for maior de 18 anos, unha vez terminada a xornada escolar ou a actividade complementaria ou extraescolar, todo iso sen prexuízo das correccións disciplinarias que poidan corresponder.
Titor, Xefatura de estudos e Director
Realización de traballos específicos en horario lectivo ou non lectivo.
Realización, en horario non lectivo, de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro.
Incautación de terminais de telefonía móbil ou outros dispositivos de gravación ou reproducción por un prazo máximo dunha semana.
Xefatura de estudos e Director
Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro por un período de ata dúas semanas.
Cambio de grupo por un período de ata unha semana.
Director
Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de ata tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado haberá de realizar os deberes ou os traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.
Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de ata tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.
Procedemento a seguir en caso de uso do móbil por parte do alumnado sen motivo xustificado
Cando un alumno estea a usar o móbil sen un motivo que o xustifique, actuarase do seguinte xeito:
A primeira vez, o alumno recibirá unha amonestación verbal.
A segunda vez, o profesor implicado cubrirá un parte de faltas e informarase ós pais/nais/titores do alumno.
Á terceira vez, procederase a retirar o dispositivo móbil que será entregado na Xefatura de Estudos. O/A xefe de estudos informará ós pais/nais/titores do alumno. Estes terán que vir recoller o aparello. O alumno será sancionado cun día de privación de asistencia ó centro.
Se a actitude do alumno persiste, a sanción estenderase a tres días de privación de asistencia ó centro.
Se a actitude persiste, pode chegarse a abrir un procedemento corrector de coduta.
As condutas contrarias ás normas de convivencia no centro prescriben no prazo dun mes a partir da data da súa comisión. As correccións impostas prescribirán ó remate do curso escolar.
O alumno e os seus pais ou titores poden presentar unha reclamación diante do Delegado Provincial no prazo de corenta e oito horas, contra a suspensión do dereito de asistencia á clase.
Cando un profesor ou titor considere que unha conduta contraria á convivencia pode chegar a ser considerada como gravemente prexudicial someterá o caso á Comisión de Convivencia, que decidirá a cualificación da mesma.
As agresións físicas ou psíquicas, as inxurias e as ofensas graves, as ameazas e as coaccións contra os demais membros da comunidade educativa.
Os actos de discriminación grave contra membros da comunidade educativa por razón de nacemento, raza, sexo, orientación sexual, capacidade económica, nivel social, conviccións políticas, morais ou relixiosas, discapacidades físicas, sensoriais ou psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Os actos individuais ou colectivos de desafío á autoridade do profesorado e ao persoal de administración e de servizos que constitúan unha indisciplina grave.
A gravación, a manipulación e a difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, a dignidade da persoa, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa.
As actuacións que constitúan acoso escolar conforme o establecido no Protocolo de acoso escolar.
A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación, alteración ou subtracción de documentos académicos.
Os danos graves causados de forma intencionada ou por neglixencia grave ás instalacións e aos materiais dos centros docentes, incluídos os equipos informáticos e o software, ou aos bens doutros membros da comunidade educativa ou de terceiros, así como a súa subtracción.
Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro, incluídas as de carácter complementario e extraescolar.
As actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comunidade educativa do centro, ou a incitación a elas.
Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde ou a integridade persoal de calquera membro da comunidade educativa.
Resistencia ou a negativa a entregar os obxectos requiridos polo profesorado en tanto estea no exercicio da súa condición de autoridade pública.
A reiteración, nun mesmo curso escolar, de condutas leves contrarias á convivencia.
O incumprimento das sancións impostas.
Incumprimento dalgunha das indicacións recollidas na alínea relacionada co desenvolvemento do ensino on line: suplantación da identidade dalgún membro da comunidade educativa, difusión de información derivada dalgunha actividade telemática, mal uso das ferramentas a distancia...
Medidas correctoras
As medidas correctoras das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro esixirán a instrución dun expediente e serán aplicadas polo Director:
Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades no centro ou, se procede, dirixidas a reparar o dano causado ás instalacións ou ó material do centro ou ás pertenzas doutras persoas da comunidade educativa.
Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro.
Incautación de terminais de telefonía móbil ou outros dispositivos de gravación ou reproducción por un prazo máximo de 3 semanas.
Prohibición da posesión de terminais de telefonía móbil e doutros dispositivos de gravación ou reproducción no centro durante un período máximo dun mes.
Cambio de grupo.
Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases durante un período superior a tres días e inferior a dúas semanas. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción do proceso formativo.
Suspensión do dereito de asistencia ó centro durante un período superior a tres días e inferior a un mes. Durante o tempo que dure a suspensión o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción do proceso formativo.
Cambio de centro.
Poderán corrixirse os actos contrarios ás normas de convivencia do centro realizados polos alumnos dentro do recinto escolar ou durante a realización de actividades complementarias e extraescolares. Igualmente poderán corrixirse as actuacións do alumno que, realizadas fóra do recinto escolar, estean motivadas ou directamente relacionadas coa vida escolar e afecten ós seus compañeiros e a outros membros da comunidade educativa.
As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia do centro prescribirán nun prazo de catro meses a partir da data da súa comisión e as correccións impostas ó remate do curso.
Non poderán corrixirse as conductas gravemente prexudiciais sen a previa instrución dun expediente realizado por un profesor do centro designado polo Director. Aos pais ou titores do alumno comunicaráselles a apertura deste expediente, que deberá abrirse nun prazo non superior aos dez días desde que se tivera coñecemento dos feitos ou condutas merecedoras de corrección.
Provisionalmente o Director, por decisión propia ou a proposta, no seu caso, do instructor, pode suspender o dereito do alumno de asistir ó centro ata un máximo de tres días, cambialo de grupo ou non deixalo asistir a determinadas clases ou actividades. Estas medidas serán comunicadas ao Consello Escolar, que poderá revocalas en calquera momento.
Procedemento de Actividades de aula.
Documento de permisos, licenzas e vacacións do profesorado.