Procedimentar as actividades de aula de xeito que o colectivo do profesorado manteña un criterio común na súa aplicación e contribúa á mellora progresiva da súa calidade, as referencias legais para este proceso son as existentes na Lexislación vixente.
O procedemento incumbe a todas as clases e niveis de ensino do centro, e polo tanto a todo o alumnado e profesorado do mesmo.
Non hai definicións.
Xefe de estudos
Ao longo do curso
Supervisar o correcto desenvolvemento das actividades de aula.
Valorar a apliación das medidas de perda de dereito a avaliación continua ou baixa de oficio, xunto cos profesores e titores, nos casos en que proceda.
Recursos:
OC85AUL01 Criterios de aplicación de apercibimiento e comunicación de perda do dereito a avalición continua.
Asumir en primeira instancia e tratar de resolver os conflictos derivados da convivencia diaria do alumnado entre si e entre estes e o profesorado, e transmitir eses problemas á Dirección cando sexan de carácter grave.
En cada avaliación
Recollida dos formularios MD85AUL06 - Recollida de datos para a xunta de avaliación do profesorado non conforme en porcentaxe de programación impartida.
OC85AUL02-Criterios de conformidade no control dos cursos.
Recollida dos formularios RX75010601 - Acta da xunta de avaliación dos distintos grupos, procesamento dos datos derivados dos mesmos e rexistro (e peche, se procede) das eventuais non conformidades aparecidas neste proceso.
Xefes de departamento
Ao longo do curso
Coordinar ao profesorado do seu departamento para arquivar nas carpetas asignadas ao departamento na nube as actividades desenvolvidas ao finalizar o curso, e liberar das carpetas os devanditos documentos correspondentes a cursos anteriores.
Coordinar a marcha da impartición da programación no ámbito do seu departamento didáctico a través das reunións periódicas de departamento.
Recursos:
Actas de Departamento - Modelo RX550102.
Convocar e dirixir as reunións de departamento nas que se deben tratar as non conformidades xurdidas do MD85AUL06 - Recollida de datos para a xunta de avaliación.
Titores
Ao longo do curso
Procesar e enviar aos pais/titores as faltas de asistencia do alumnado do grupo titorado, quedando constancia no Rexistro de Saída da Secretaría.
Recursos:
XADE.
Enviar apercibimento de perda de avaliación continua ou baixa de oficio, cando un profesor lle comunique que un alumno acadou a porcentaxe de faltas establecidas legalmente, quedando constancia no Rexistro de Saída da Secretaría.
Recursos:
MD85AUL02 - Apercibimento de perda de avaliación continua.
OC85AUL01 Criterios de aplicación de apercibimiento e comunicación de perda do dereito a avalición continua.
Xunto co profesor e o Xefe de estudos, valorar e enviar, se procede, a comunicación aos pais/titores a perda de avaliación continua ou baixa de oficio, cando un profesor lle comunique que un alumno acadou a porcentaxe de faltas establecido, quedando constancia no Rexistro de Saída da Secretaría.
Recursos:
MD85AUL03 - Comunicación de perda do dereito de avaliación continua.
OC85AUL01 Criterios de aplicación de apercibimiento e comunicación de perda do dereito a avalición continua.
Mediar en primeira instancia nos problemas suscitados entre o alumnado e o profesorado do grupo. En caso de constituirse nun problema grave, informa do mesmo á Dirección do centro.
En cada avaliación
Preparar, de cara á Xunta de avaliación, o estado do grupo en canto a programación impartida, alumnos con partes de incidencia e resultados académicos.
Recursos:
RX75010601 - Acta de control dos grupos.
Coordinar a Xunta de avaliación, analizando as circunstancias particulares de cada alumno, as do grupo en xeral, as causas das mesmas e as solucións propostas.
Recursos:
XADE.
RX75010601 - Acta de control dos grupos.
Coordinadores de ciclo
Ao longo do curso
Coordinar a marcha da impartición da programación no ámbito do seu ciclo a través das reunións periódicas de ciclo.
Convocar e dirixir as reunións de ciclo nas que se deben tratar as non conformidades xurdidas do MD85AUL06 - Recollida de datos para a xunta de avaliación.
Profesorado
Ao longo do curso
Controlar a asistencia á clase.
Recursos:
XADE.
Rexistrar as posibles incidencias disciplinarias producidas na aula.
Informar ao titor cando un alumno acade a porcentaxe de faltas de apercibimento de perda de avaliación continua ou baixa de oficio, para que envíe apercibimento aos pais/titores.
Recursos:
OC85AUL01- Criterios de aplicación de apercibimiento e comunicación de perda do dereito a avalición continua.
MD85AUL02 - Apercibimento de perda de avaliación continua.
Informar ao titor cando un alumno acade a porcentaxe de faltas de perda de avaliación continua ou baixa de oficio. Xunto co titor e o Xefe de estudos, valorará a aplicación da medida para que, se procede, o titor envíe comunicación aos pais/titores.
Recursos:
OC85AUL01 - Criterios de aplicación de apercibimiento e comunicación de perda do dereito a avalición continua.
MD85AUL03 - Comunicación da perda do dereito á avalación continua/baixa de oficio.
Rexistrar semalmente as actividades de aula levadas a cabo.
Aplicar a programación de xeito coordinado cos demais membros do departamento.
Recursos:
Actas de reunión de Departamento - Modelo RX550102.
Analizar o grao de cumprimento da programación na reunión periódica de departamento. Se a porcentaxe de programación non é conforme, comunicarase na xunta de avaliación.
Analizar o alumnado con un número significativo de partes de incidencias. Se a porcentaxe de alumnos non é conforme, comunicarase na xunta de avaliación.
OC85AUL02-Criterios de conformidade no control dos cursos.
En cada avaliación
Avaliar ao alumnado.
Recursos:
Criterios de cualificación (Programacións).
XADE.
Setembro
Informar por escrito da programación ao alumnado na primeira semana do curso.
Recursos:
RX75010404 - Presentación da asignatura/módulo (contidos definidos pola Inspección Educativa).
Modelos asociados
Cando o número de faltas inxustificadas dun alumno acade unha determinada cifra, pode producirse á perda do seu dereito á avaliación continua no Bacharelato, FPB e Ciclos Formativos.
Previamente a esta situación, informarase aos pais ou titores legais mediante un apercibimento, de que tal situación pode chegar a producirse en caso de aumentar o número de faltas inxustificadas.
Os criterios para proceder ao apercibimento ou á perda do dereito á avaliación continua/baixa, detállanse na táboa seguinte:
Bacharelato:
Apercibimento: 50% (4 x Número de horas semanais da materia).
Perda: 4 x Número de horas semanais da materia.
Ciclos/FPB:
Apercibimento: 6% do número horas anuais do módulo.
Perda: 10% do número horas anuais do módulo.
ESO: Non se permiten faltas inxustificadas. De darse o caso, deberase aplicar o Protocolo de absentismo escolar.
Cando un alumno acade a cifra de faltas de apercibimento, o profesor informará ó titor de tal situación para que envíe apercibimento ós pais/titores.
Cando a un titor se lle informe da situación de apercibimento dun alumno, enviará apercibimento de tal situación ós pais/titores, por correo certificado e acuse de recibo, segundo modelo MD85AUL02 (Apercibimento de perda de avaliación continua/baixa), quedando constancia no rexistro da secretaría.
Cando a un titor se lle informe da situación de perda de dereito a avaliación continua/baixa dun alumno, valorará xunto co profesor e o Xefe de estudos a aplicación de tal medida para, se procede, enviar comunicación ós pais/titores segundo modelo MD85AUL03 (Comunicación de perda do dereito de avaliación continua/baixa de oficio), quedando constancia no rexistro da secretaría.
Os titores de grupo informarán das faltas de asistencia aos responsables do alumnado de acordo coa seguinte temporalización:
ESO
Envío por correo ordinario/e-mail: cada 15 días
Informe XADE AL037.
Comunicación por teléfono/SMS/Whatsapp/etc.: diario para casos excepcionais, se procede.
Bacharelato
Envío por correo ordinario/e-mail: cada 15 días
Informe XADE AL037.
Comunicación por teléfono/SMS/Whatsapp/etc.: diario para casos excepcionais, se procede.
FP Básica
Envío por correo ordinario/e-mail: mensual.
Informe XADE AL037.
Comunicación por teléfono/SMS/Whatsapp/etc.: diario para casos excepcionais, se procede.
CIclos
Envío por correo ordinario/e-mail: mensual.
Informe XADE AL037.
Comunicación por teléfono/SMS/Whatsapp/etc.: diario para casos excepcionais, se procede.
O alumnado deberá de entregar os xustificantes de faltas de asistencia ao titor nun prazo de 3 días dende a súa reincorporación ás clases.