Únete a esta marabillosa viaxe connosco, é mantente informado do que xa estamos a facer.
🌦️Metereoloxía e emocións. ☝️Premede no vídeo.
Nas clases de Educación Plástica e Visual desenvolvéronse actividades sobre o clima: unha centrada en representar as nubes e outra dedicada a interpretar o sol a partir de distintas frases.
Os alumnos de 3ºESO PDC encárganse de ir todos os días á estación meteorolóxica do centro e anotar nun caderno: as temperaturas máxima e mínima que rexistra o termómetro e a medida de precipitacións do pluviómetro.
O alumnado de Educación Dixital-3ºESO analizou os aparellos de medición que podemos atopar nunha estación meteorolóxica.
Este curso as caras das moedas e billetes dos mate-puntos serán as caras de mulleres meteorólogas da historia. Para elixir as 5 meteorólogas votamos man da historia da meteoroloxía e do azar e a probabilidade.