O gobernador Juan María Bonelli desembarca en Bata ©HernándezSanjuán
Esta exposición describe un caso de colonialismo por cada lingua que se estuda nesta EOI. Con ela, tentamos que ti, que estás a ver estes casos de masacre, reflexiones sobre como este tipo de dominación deixa unha pegada profunda nas sociedades que sometidas ao dominio de potencias estranxeiras. Non se trata só de territorios ou recursos, senón de culturas, linguas e formas de vida que son transformadas ou mesmo reprimidas. As poboacións colonizadas ven afectada a súa identidade, as súas tradicións e a súa maneira de se comunicar. Alén disto, coñecer mellor a historia pode axudarnos a comprender as desigualdades e as interaccións culturais que aínda hoxe permanecen.
Se segues esta exposición, poderás ver unha introdución ao tema, redactada polo historiador Carlos Velasco, un panel cun caso concreto de colonialismo por cada lingua que se estuda nesta escola (alemán, español, francés, galego, inglés, italiano e portugués) e un último panel en que se expón o caso concreto da Palestina. En cada unha das partes da exposición verás catro citacións a favor da dominación e un caso concreto de colonialismo, así como unha imaxe e un mapa.
Os paneis xerais están redactados en galego e, o resto, están redactados na lingua de cada departamento.
ALEMÁN
ESPAÑOL
FRANCÉS
GALEGO
INGLÉS
ITALIANO
PORTUGUÉS