Para mellorar os materiais da biblioteca o alumnado de 3.º ESO, na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, creou láminas para o kamishibai do colexio para que os pequenos podan entreterse nas visitas da biblioteca. O kamishibai é un teatro de papel para poder contar contos coma os creados polos alumnos e alumnas. O proxecto consistiu en 5 fases:
Fase 1: presentación do proxecto ao alumnado contando unha historia co kamishibai.
Fase 2: invención de historias, primeiros bocetos e láminas sen pintar.
Fase 3: dixitalización e pintado das láminas.
Fase 4: impresión e recorte das láminas para adecualas ao tamaño do kamishibai.
Fase 5: presentación das historias aos compañeiros.