Como cada curso, no Divino Maestro Santiago de Compostela dedicaremos un tempo a realizar o Proxecto de Centro coa participación das tres etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria), conseguindo un traballo interdisciplinar e multidisciplinar cos diferentes cursos e materias do noso centro.
Neste curso 2021-2022 a nosa biblioteca estanos dicindo que precisa dun espazo máis amplo e o noso obxectivo será axudala a acadalo. Como o conseguiremos? Pois levando a cabo un Proxecto de Aprendizaxe e Servizo, no que se farán concursos, visitas culturais, actividades lúdicas... e con moito esforzo por parte de todos!
A medida que avance o trimestre, na barra lateral irán aparecendo as distintas actividades que o alumnado levará a cabo para axudar á biblioteca, para conseguir un espazo maior. Non te perdas cada actualización!