substantivo feminino
Acción e efecto de aclimatar ou aclimatarse.
Un período de aclimatación.
substantivo
Deportista que practica o alpinismo.
Un grupo de alpinistas permaneceu varios días incomunicado.
substantivo masculino
Conxunto de correas que se axustan ao corpo e que se utilizan como suxeición.
Para algúns traballos da construción débese usar o arnés de seguridade.
Fenómeno luminoso consistente en franxas de diversas cores que aparecen na rexión polar Sur (aurora austral) e na Norte (aurora boreal).
substantivo feminino
Suceso extraordinario que lle acontece a alguén.
substantivo masculino
Vara cun puño que se leva na man para apoiarse ao andar.
substantivo feminino
Calzado que cobre o pé e parte da perna.
substantivo masculino
Abertura ou cavidade natural ou artificial de tamaño e profundidade variables, xeralmente arredondada, que pode traspasar unha superficie ou un corpo sólido.
Fixo un burato na parede.
substantivo feminino
Feito de percorrer camiñando unha distancia máis ou menos longa.
substantivo masculino
Aparello consistente nunha superficie circular onde están representados os puntos cardinais, cunha agulla imantada que indica a dirección norte.
Nas excursións de montaña convén levar sempre un compás. O barco perdeuse ao estragárselle o compás.
substantivo feminino
Conxunto de fíos de materiais variados, como esparto, nailon etc., retorcidos uns sobre os outros formando unha única peza longa e estreita.
Levaba as vacas prendidas cunha corda.
Viaxe ou marcha dun grupo de persoas cun fin militar, científico, deportivo etc.
Fixeron unha expedición rápida para sorprender o inimigo. Expedición científica á Antártida.
substantivo feminino
Abertura ou separación alongada e de anchura uniforme na superficie dunha cousa, que non chega a separala totalmente.
substantivo masculino
Masa de xeo que cobre perpetuamente unha superficie máis ou menos grande da superficie terrestre.
Peza metálica con puntas afiadas por unha parte, que se fixa á sola das botas para poder andar sobre o xeo sen esvarar.
substantivo masculino
Masa considerable de auga, de maior ou menor profundidade, rodeada de terra e non comunicada directamente co mar.
substantivo feminino
Peza do vestiario para cubrir a man, xeralmente dedo por dedo.Unhas luvas de la para o inverno.
substantivo feminino
Substancia graxa comestible que se obtén batendo a tona do leite ata que queda consistente.Sempre almorzo pan con manteiga e marmelada.
substantivo feminino
Bolsa que se leva ao lombo, colgada dos ombreiros.Encheu a mochila con todo o necesario para a excursión.
substantivo feminino
Auga conxelada que cae das nubes en forma de folerpas.
Neve que cae na lama por auga chama. O inverno é a estación das neves.
substantivo masculino
Peza de metal, madeira etc., co corpo en forma de rosca que, ao facela xirar sobre si mesma, se introduce nunha porca ou nunha superficie.
Púxolle parafusos á cadeira para afirmala.
substantivo masculino (pl. piolets)
Instrumento dos alpinistas que fai as veces de bastón, aixada e pico.
O piolet pode ter diferentes tamaños, e dependendo disto ten funcións distintas.
substantivo feminino
Conxunto de cousas, especialmente víveres, que se almacenan por considerar que posteriormente serán necesarias ou útiles.
substantivo feminino
Viaxe en que se atravesa unha extensión definida de auga, terra etc.
substantivo masculino
Auga que pasou ao estado sólido pola acción do frío.
O lago estaba cuberto por unha capa de xeo.
substantivo feminino
Carro baixo de catro rodas pequenas usado para transportar pesos grandes.
Cargaron a pedra na zorra entre oito mulleres.