Desde o Departamento de Lingua Galega e Literatura tamén estamos desexando seguir a expedición das tres aventureiras atravesando o lago Baikal para traballar co noso alumnado de 1º da ESO.
Nós decidimos facer un glosario de termos relacionados co alpinismo, a aventura, a travesía, as expedicións árticas e o cambio climático para fornecer ao noso alumnado de léxico e vocabulario para narrar axeitadamente na nosa lingua calquera información relacionada coa expedición.
Pero non imos facer un glosario común e vulgar. Imos facer un glosario artegráfico. É dicir, ilustraremos cara palabra cun debuxo para facilitar a súa comprensión e a súa memorización.
Estades desexando velo, verdade?
Con esta actividade traballaremos os seguintes estándares de aprendizaxe incluídos dentro do currículo oficial da materia Lingua Galega e Literatura para 1º da ESO.
LGB2.1.4 Procura o léxico descoñecido en dicionarios, analiza a forma da palabra ou deduce o significado polo contexto.
LGB2.4.2 Segue instrucións para realizar tarefas de aprendizaxe guiadas, con progresiva autonomía.
LGB2.8.5 Revisa o texto con respecto ás normas morfolóxicas, ortográficas e tipográficas.
LGB3.1.1 Utiliza un vocabulario amplo e preciso para expresarse con claridade nun rexistro axeitado á situación.
LGB3.4.1 Aplica correctamente as normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega.
LGB3.5.1 Analiza e usa correctamente a puntuación de acordo coa cohesión textual.
LGB3.12.1 Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.