Rosalía foi, é e será sempre fonte na que beber. Inspirámonos nos seus versos para expresar o noso amor, os nosos medos e as nosas inquedanzas sobre o coidado e o futuro do noso medio e do noso patrimonio.
Nesta ligazón atoparás máis información acerca dos vagalumes.
No 2020 cumpríronse 25 anos da construción, por parte da veciñanza de Manselle, do Valo de Manselle. Un valo que simboliza a solidariedade e o traballo colectivo, do que sentírmonos ben orgullos*s. Queredes coñecer a súa historia? Podedes facelo no seguinte vídeo.
Unha cidade ecolóxica e sostible? O alumnado de 6º de primaria teno ben clariño. Benvid*s a Sextópolis.
A que non sabes o que é un PAC (Pau Atrapa Cousas)? Moito argallan nos paseos polo monte *s de 3º de Primaria! Nesta ligazón atoparás un vídeo do que é un PAC
O alumnado de 3º ESO sorprendeunos con maquetas elaboradas nas aulas de Tecnoloxía que nos convidan a coñecermos un novo estilo de vivenda na que se conxugan aforro enerxético, uso de materiais reciclables e vangardismo. Unha pasada!
Coplas retranqueiras "made in Dodro" para unha fermosa celebración do Maio. E toda a arte e bo facer do alumnado de 5º de Primaria na súa recollida e interpretación de coplas tradicionais.
Hai futuro!