O son das mans:
as Redeiras
as Redeiras
Nesta actividade imos coñecer un oficio tradicional moi importante na nosa comunidade: o traballo das redeiras.
As redeiras son as persoas encargadas de fabricar, arranxar e coidar as redes de pesca, unha tarefa fundamental para que os pescadores poidan realizar o seu traballo.
A través desta entrevista, queremos descubrir en que consiste o seu día a día, que habilidades se precisan para desempeñar este oficio e por que segue sendo tan importante na actualidade. Tamén nos permitirá valorar o esforzo e o coñecemento que hai detrás de profesións que non sempre son moi visibles, pero que forman parte do noso patrimonio cultural.