DIARIO DE TRABALLO
Recompilación de información.
Visita ao Museo do Mar.
A nosa primeira toma de contacto cos castros foi a nosa visita ao Museo do Mar. Alí amosáronnos un antigo asentamento castrense ao lado da costa. Ademáis de explicarnos moitas cousas sobre estas construcións, tamén nos propuxeron varios obradoiros de traballo como se fósemos verdadeiros arqueólogos e arqueólogas.
Unha vez feita á visita ao Museo do Mar, quisemos saber máis cousas sobre os castros e os nosos antepasados. Para elo nos axudaron @s compañeir@s da ESO, inda que primeiro fixemos unha posta en común para decidir qué lles íamos preguntar, para posteriormente entrevistarnos con eles. Aparte de aprender moito, o pasamos moi ben grabándonos na radio. Aquí vos deixamos boa mostra delo.
Visita guiada monte Santa Trega.
Por último, e para rematar a recollida de información, o mestre realizou unha visita ao monte Trega na Guarda onde se atopa quizais o maior poboado de castros celtas de toda a nosa comunidade. Alí grabou un vídeo deste gran asentamento. O noso traballo consistiu en porlle voz explicando o que se ve e proporcionando diferente información ao respecto. O resultado podedes observalo na outra páxina desta web.
Obradoiro de lengua.
Unha vez que xa sabíamos moito sobre os castros, a mestra Ana propúsonos para traballar a expresión escrita na súa materia de lengua a elaboración duns cómics ambientados nesa época a modo de viaxe ao pasado. Foi unha actividade que nos gustou moito xa que nos levou a reflexionar sobre cómo vivían os nosos antepasados.
Obradoiro de lingua.
En lingua para traballar tanto a expresión escrita como oral, propuxémenos facer unha homenaxe aos nosos antepasados e aos castros coa elaboración por grupos cooperativos dun obradoiro de poesía. Así fomos quen cada grupo de facer seu poema para posteriormente recitalo.
Construcción do noso castro.
Por último e tanto para traballar nocións matemáticas como para desenvolver as nosas habilidades artísticas, levamos a cabo a construción da nosa maqueta.
Primeiro, en matemáticas, vimos que corpos xeométricos se correspondían co que tiñamos que construir para darlle forma o noso castro. Unha vez que tiñamos claro que precisábamos elaborar un cilindro para o seu corpo e un cono para o seu teito, puxémonos mans a obra.
Tamén tiñamos claro que para respectar e seguir co noso plan proxecta que levamos a cabo este ano no colexio, o nosa maqueta sería construida con material de refugallo como foron os bricks para o corpo ou o cartón e a palla para o teito.