Xustificación e obxectivos.
O alumnado de 4º de Primaria vimos de traballar nun proxecto de polos creativos xunto co resto do colexio. A temática sobre a que xirou o noso traballo foron os símbolos e arquitectura do patrimonio galego, centrándonos o noso curso nos castros.
Entre os obxectivos a conseguir co desenvolvemento deste proxecto, cabe destacar:
Fomentar a creatividade entre o alumnado.
Promover a colaboración e o traballo en equipo.
Desenrolar e mellorar habilidades artísticas.
Incorporar tecnoloxía e medios dixitais na educación.
Conectar coa comunidade.
Organizar eventos, exposicións ou presentacións para mostrar e compartir os resultados do proxecto, permitindo que a comunidade aprecie e se involucre coas creacións e contribucións dos participantes.
Desenrolar competencias transversais.
Fomentar a curiosidade e a investigación.
Recordando os nosos antepasados (información dos castros)
O castro é un poboado normalmente fortificado e polo xeral prerromano, inda que hai exemplos posteriores que perduraron ata a Idade Media e propios de finais da Idade do Bronce e a Idade do Ferro. Atopámolos na Península Ibérica, particularmente no noroeste coa cultura castrexa e nas mesetas coa cultura das cogotas.
A palabra castro provén do latín "castrum", coa acepción de "fortificación militar".
Comezaronse a habitar dende o siglo VI a. C., e estaban carentes de rúas e cheos de construccións de planta case sempre circular. As máis antigas estaban fabricadas de palla e barro e as máis recentes de mampostería. Os teitos tamén nun principio de ramaxe e barro, e posteriormente de varas longas.
Os castros eran estancias únicas situadas en lugares protexidos naturalmente, como podían ser as alturas ou pequenas penínsulas. Ademáis, estaban protexidos por un ou máis fosos, parapetos e murallas que bordeaban o recinto habitado, puidendo ter nos seus accesos un torreón que controlaba a entrada ao mesmo ou noutro lugar estratéxico.
En tempo de conflictos, as xentes que vivían no campo aberto trasladábanse a estas construccións para garantir a súa seguridade.
Entre os castros, podemos diferenciar:
Os castros de interior. Son os máis frecuentes e situados en outeiros ou pequenas elevacións. Teñen planta circular ou ovoada e contan cunha ou varias murallas.
Os castros de montaña. Situadas en zonas montañosas altas e con forma de ovo, con fosos artificiais polo lado superior e murallas e terrapléns hacia a zona do val. Datan da época romana e estan relacionados coas explotacións mineiras.
Os castros costeiros. Son de planta variada, inda que soen ser redondos ou ovoados, adaptándose ao terreo. Ás defensas naturais do lado do mar vense complementadas con murallas e fosos cara ao interior.
Volta ao pasado (Creación de cómics).
Elisa, Silvana, Leo, Gael Mallo, Daniel e Nerea
Álvaro, Gael Aira, Carla, Rodrigo e Aday
Naiara, Xiana, Diego, Nadia e Isco.
Iría, Sira, Sergio Moreno, Sergio Peña e Rafa
Recitando sobre os castros (Obradoiro de poesía).
A nosa maqueta.