Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria fixemos este proxecto sobre Os muiños dos río Tripes en Tui. Dentro do Parque Natural do Monte Aloia discorre o río Tripes que nace no alto de San Xiao e pasa por as aldeas de Muíños, Circos e Os Eirados ante de chegar a Tui e desembocar no río Miño.
A historia dos Muíños e bastante longa xa que había muíños no século XI. Hoxe temos entorno os 40 muíños dos cales 26 están situados na ruta dos muíños do Tripes. Actualmente o muiño máis vello ten sobre uns 700 ou 800 anos, aínda que o promedio dos muíños está entorno os 200-300 anos. Os máis novos ten entorno os 100 anos. Se construíron con pedra que se collían do monte e madeira. Todos os muíños teñen un nome que adoptan da zona onde están, do seu propietario ou incluso das árbores que teñen preto. Este son algúns exemplos:
Muíño San Benito
2. Muíño Dorna de Abaixo
3. Muíño Dorna de Arriba
4. Muíño Silvosa
5. Muíño da Pousa
6. Muíño da Viña
7. Muíño de Fora
8. Muíño Folón de Abaixo
9. Muíño Dormitán
10. Muíño do Branco
11. Muíño Folón de Arriba
12. Muíño da Ponte
13. Muíño Salgueiriños
14. Muíño de Angelita
15. Muíño Devesa de Arriba
16. Muíño Devesa de Abaixo
17. Muíño de Benito Pr.
18. Muíño da Pascuala
19. Muíño de Benito F.
20. Muíño do Conde
Tamén dentro desta ruta temos algunha casa-muiño. Na actualidade temos entorno a 6 ou 7 que están moi preto da cidade. Actualmente hai 4 muíños en funcionamento. Todos o muíños son de auga de regato, para o seu funcionamento desviase un pouco de auga para que faga mover o rodicio que fai que se mova todo o engranaxe o que provoca que xire unha gran pedra sobre outra para poder triturar o millo para facer fariña.
A maioría dos muíños teñen unha roda para moer, pero hai algúns que ten ata tres ou catro rodas para moer distintos cereais. Para o funcionamento dos muíños só é necesario unha persoa, non obstante , cando teñen que reparalos se necesitan máis persoas porque as pezas pesan moito.
A ruta dos muíños ten sobre 2,5 km é curta pero contén 26 muíños. No que se refire a vexetación que nos podemos atopar durante esta ruta son especies que necesitan moita auga e humidade como salgueiros, loureiros, fentos etc.. Os animais que se poden atopar son peixes, anfibios como píntegas, tritóns, ras e numerosas aves como o merlo acuático, garza e un longo etc.
Para conservación destes muíños se formou a Asociación Muiñeiros do RíoTripes que se formou no ano 2007 que ten como obxectivo manter e recuperar o entorno e divulgar a cultura dos muíños para que non se perda a tradición dos nosos antepasados. Actualmente contan con máis de 330 socios. Aínda que o grupo de traballo está formado por 12 membros que son os que organizan todo o referente os muíños como a festa dos muíños que xa está pola XXI edición e que soe celebrarse o 1 de maio.
Para rematar podemos contar algunha lenda curiosa sobre os muíños do Tripes. Ricardo nos contou unha lenda dun neno de 9 anos que ía a moer eu só nunha noite de treboada. Cando se acercaba o muíño escoitaba ouvear os cans, os sons dos mouchos e cando xa estaba preto nun cruce atopouse ca Santa compaña. O neno lembrouse do que lle dixera o seu avó e fixo un círculo no chan e meteuse dentro e púxose a rezar. A santa compaña pasou de largo e ao neno no lle aconteceu nada. No que se refire os desperfectos máis importantes que sufriron os muíños, nos contan que hai algunha nota de prensa do ano 1920 máis ou menos que falan de derrumbes dos muros debido as grandes crecidas do río.